FP-DUAL CURSO 2023-2024

O vindeiro curso 2023/24, o IES Politécnico de Vigo terá nova oferta en proxecto de FPDual. 
  • Un novo Curso de Especialización en Robótica Colaborativa con formación complementaria do módulo profesional de Sistemas mecánicos do Ciclo superior de Mecatrónica industrial, coa empresa Stellantis España S.L.
  • Un Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial, con formación complementaria do módulo profesional de Sistemas programables avanzados do Ciclo superior de Automatización e robótica industrial, coas empresas Stellantis España S.L. e Pescanova España S.L.
  • Un Ciclo Medio de Mantemento Electromecánico, coas empresas Industrial Delta Vigo S.L., Pescanova España S.L., Nueva Pescanova Biomarine Center S.L., Insuiña S.L., Productos Congelados S.A. e Centro Tecnológico de Grupo Copo S.L.U.
Nestes proxectos consigues un título oficial, ademais de estar dado de alta na Seguridade Social, e obter unha remuneración, ben mediante bolsa ou contrato de formación para a alternancia.
 
Podes consultar toda a información do proceso de admisión e solicitar a participación nestes proxectos dende o 23 de xuño ata o 5 de xullo ás 13:00 no portal da Consellería de educación, no seguinte enderezo:
 
Se che quedan dúbidas, podes pasar polo IES Politécnico de Vigo para informarte, ou consultar as dúbidas a través do formulario no seguinte enderezo:
 
  
 
 
 
 
 
 
 
 Dende 2020, o IES Politécnico de Vigo imparte o Curso de Especialización en Fabricación Inteligente (Acceso GS)
 
 
VEN E INFÓRMATE!!
 
Rúa Conde de Torrecedeira 88, 36208 – Vigo
Tlfno: 986213025
e-mail: ies.politecnico.vigo@edu.xunta.gal