Materiais das Xornadas de Formación Biblioteca Creativa 2020
Convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2020-2021
Vén de publicarse no Portal educativo a convocatoria de 29 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no contexto das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, pola que se incentiva o funcionamento de CLUBS DE LECTURA en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que acollen ensinanzas de educación secundaria, bachalerato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial para o curso 2020-2021.
O prazo límite para a presentación de solicitudes remata o 16 de novembro de 2020 (data incluída)
13 de novembro: Día das Librarías
O 13 de novembro celébrase, desde o ano 2011, o Día das Librarías promovido por CEGAL e a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte. En Galicia está incluÍda no Calendario do Libro e a Lectura e conta co apoio da Federación de Librarías de Galicia. Desde CEGAL sinalan que “… queremos mostrar que somos espazos próximos, modernos e en continua evolución para xerar cultura, e crear comunidades en torno ao libro e a lectura”
Pensamos, que este é un bo ano para reivindicar, unha vez máis, as librarías de proximidade, espazos que van máis alá da venda de libros, transformándose en motores culturais da comunidade. Librarías con profesionais que entenden a literatura como algo non supeditado ás modas. Libreiros e libreiras que consiguen o imposible, que nos axudan a conformar unha colección rigorosa nas nosas bibliotecas. Librarías que son espazos de acubillo para alumnado e familias, con múltiples actividades compartidas.
Agora que nos precisan ao seu carón, promovamos actividades, entre a comunidade educativa, para achegarnos ao seu traballo: entrevistas, traballos de investigación, visitas virtuais... É necesario coñecer e preservar a cadea do libro.
Desde a Asesoría iremos visibilizando estas actividades baixo o lema E ti, de que libraría vés sendo?
- CEIP de Caión (A Laracha-A Coruña): Libraría "Encontos"
- CEIP de Carballedo (Cerdedo-Cotobade/Pontevedra): Día das Librarías (Eu merco na libraría)
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Visitas virtuais e entrevista a un libreiro
- CEIP Flavia (Padrón-A Coruña): Día das Librarías
- CEIP Graxal (cambre-A Coruña): Visita á libraría do barrio
- CEIP Rosalía de Castro (Padrón-A Coruña): Día das Librarías
- EEI de San Roque (Viveiro-Lugo): Día das Librarías e Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
- IES Fin do Camiño (Fisterra-A coruña): Día das Librarías 2020
- IES Johan Carballeira (Bueu-Pontevedra): Día das Librarías 2020
- IES Xesús Taboada Chivite (Verín-Ourense): Día das Librarías
II Concurso de Podcasts - Radio na Biblio: Seleccionados nas Modalidades III e IV
IES Punta Candieira (Cedeira-A Coruña)
|
|
IES P. Fontexería (Muros-A Coruña)
|
|
IES Punta Candieira (Cedeira-A Coruña)
|
II Concurso de Podcasts - Radio na Biblio: Seleccionados na Modalidade II
II Concurso de Podcasts - Radio na Biblio: Seleccionados na Modalidade I
Quen dixo medo? #bescolaresgalAbertas
Aos poucos, as bibliotecas escolares galegas van collendo rumbo, amodiño, con paso firme e obxectivos claros. A pesar das restricións e "okupacións" retoman actividades sistematizadas e estables no tempo.
Pode que este sexa un bo curso para facer fronte aos medos que asexan e crean incertidume, para viaxar pola súa xeografía e descubrir que cadaquén ten os seus propios temores e os enfronta como pode.
A lectura e a escritura son, sempre, un bo acubillo para navegar en tempos complexos.
Imaxe do CEIP As Covas-Meaño
Actividades do Samaín nas nosas bibliotecas:
- CEIP P. A Cristina (Carballo-A Coruña): Lenda de Samaín e exposición virtual, Lecturas terroríficas (lecturas compartidas), Contos terroríficos (familias)
- CEIP de Abelendo (Moaña-Pontevedra): Podcast Relatos de Medo do Samaín
- CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela-A Coruña): Lendas de Samaín
- CEIP Arquitecto Casas Novoa (Santiago de Compostela-A Coruña): Recursos, Receitas, Conto I, Conto II
- CEIP As Covas-Meaño (Meaño-Pontevedra): Samaín no monte A Toxa (contos de árbores tenebrosas)
- CEIP de Caión (A Laracha-A Coruña): Samaín na BIBLIOTECaión
- CEIP P. de Carballedo (Cerdedo-Cotobade/Pontevedra): Canto Conto!, Castarecomendacións Samaín, Podcasts Historias de Samaín, Obradoiros
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Contos, Ambientación, Recomendacións lectoras
- CEIP Coirón-Dena (Meaño-Pontevedra): Un Samaín de conto
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume-A Coruña): Samaín (lecturas ás escuras e recursos)
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Samaín 2020
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): Contos de medo polo Samaín (Voluntariado)
- CEIP Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados-Pontevedra): Lendas de medo , Contos no Camiño-Os monstros de Compostela
- CEIP Filomena Dato (Barbadás-Ourense): Actividades para o Samaín
- CEIP Graxal (Cambre-A Coruña): Lecturas no Samaín, Galería virtual do Samaín
- CEIP do Hío (Cangas-Pontevedra): Historias de Samaín, Samaín na casa
- CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña): Recomendacións lectoras, Contacontos de medo en familia
- CEIP da Laxe (Marín-Pontevedra): I Concurso de monstros e contos terroríficos, Educación Infantil
- CEIP Manuel Cordo Boulloso (Pontecaldelas-Pontevedra): Padriños e madriñas lectoras, Teatro,Contos a cachos
- CEIP Manuel Sueiro (Ourense): Samaín 2020
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): XI Semana de Lecturas Terroríficas
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): Indo para o Samaín, Contos para pasalo de medo
- CEIP P. O Pombal (Vigo-Pontevedra): Recursos de medo
- CEIP P. de Oca (A Estrada-Pontevedra): Lecturas Terroríficas, Compartindo postais
- CEIP da Pobra do Brollón (A Pobra de Brollón-Lugo): Celebramos o Samaín en familia
- CEIP P. Profesor Albino Núñez (Ourense): 100 libros de medo e misterio, Concurso de contos de medo, Colaboración coas familias
- CEIP Rosalía de Castro (Padrón-A Coruña): Verbas de Samaín, Contadas dende as casas
- CEIP Santa María do Valadouro (O Valadouro-Lugo): De que cor pintarías o medo?, Espantando o virus
- CEIP Santiago de Oliveira (Ponteareas-Pontevedra): Recomendacións lectoras para Samaín
- CEIP de Seixo (Marín-Pontevedra): Samaín 2020, Merendas terroríficas, Polo Samaín cóntame a mín
- CEIP Sofía Casanova (Culleredo-A Coruña): Samaín 2020
- CEIP Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Neste Samaín temos moito que contARTE!
- CEIP Vicente Otero Valcarcel (Carral-A coruña): Contos de Samaín, Bibliografía de medo
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Polo Samaín... (concurso de relatos, vocabulario, recomendacións de libros e xogos interactivos)
- CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña): Orixe do Samaín, Materiais, Contos e cancións, Conto coa túa emoción: o medo
- CPI A Picota (Mazaricos-A Coruña): Un Samaín... peculiar, III Concurso de relatos "Terror na Picota"
- CPI P. Antonio Orza Couto (Boqueixón-A Coruña): Creacións de Samaín (Calaveritas literarias, poema colaborativo e concurso de historias de terror)
- CPI P. de Castroverde (Castroverde-Lugo): Concurso Samaín
- CPI P. de Fonte-Díaz (Touro-A Coruña): É tempo de Samagosto!
- CPI Virxe do Monte (Cospeito-Lugo): Samaín
- CRA A Picaraña (Ponteareas-Pontevedra): Contada de Samaín
- CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas-Pontevedra): Samaín 2020
- EEI Barrionovo (Arteixo-A Coruña): A lenda do peregrino, Samaín 2020, O libro dos medos
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Analizando contos e curtas
- EEI Vilarrodís (Arteixo-A Coruña): Exposición e obradoiros
- IES Cabo Ortegal (Cariño-A Coruña): Samaín 2020
- IES Fin do Camiño (Fisterra-A Coruña): Concurso de microrrelatos de terror e Lendo... de medo
- IES Johan Carballeira (Bueu-Pontevedra): Recomendacións lectoras para morrer de medo
- IES Maximino Romero Lema (Baio-A Coruña): Calafrío nun chío! (concurso de chíos de terror)
- IES de Meaño (Meaño-Pontevedra): Concurso de relatos de terror
- IES P. Neira Vilas (Oleiros-A Coruña): Pavoroso. II Concurso de Microrrelatos e Vídeorrelatos de Medo
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Concurso "Relatos de Medo"
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo): Cabazas poetas
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Caderno das xeografías literarias dos medos, Polas xeografías poéticas da morte
- IES Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña): Samaín e xeografía de lendas e contos
- IES Xograr Afonso Gómez (Sarria-Lugo): Novembro, Tebro, Noitebro
Resolución do II Concurso de Podcasts - Radio na biblio
O Portal educativo publica a resolución de 29 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, relativa á convocatoria do II Concurso de Podcasts - Radio na biblio en colaboración coa CRTVG (Radio Galega). A convocatoria estaba destinada a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que traballan a radio como ferramenta pedagóxica, integrados ou non no programa Radio na biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao filólogo, mestre e escritor Ricardo Carvalho Calero.
Os podcasts seleccionados serán difundidos pola Radio Galega a través da páxina do Diario Cultural; así mesmo, serán difundidos a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
#bescolaresgalAbertas polas Letras Galegas 2020
- Ricardo Carvalho Calero - Real Academia Galega
- Unha palabra para Don Ricardo - Real Academia Galega
- Primavera das Letras - Real Academia Galega
- Ricardo Carvalho Calero no programa "A Trabe de Ouro" da TVG (1987)
- Sete palabras do teatro de Carvalho - Portal das Palabras
- A poesía de Carvalho Calero en sete palabras - Portal das Palabras
- Seminario Galán
- O Portal da Lingua Galega
- Carvalho Calero 2020 - AGAL
- Rede Lectura: Novidades editoriais sobre Ricardo Carvalho Calero
- Lectura participativa en liña - Cidade da Cultura
- #DesconfinarALingua - Bibliotecas Municipais de A Coruña
- Recordando Carvalho Calero - Gañador Concurso-Exposición Letras Galegas 2020
- Diario Cultural - Radio Galega: Ricardo Carvalho Calero
- Actividades das bibliotecas escolares galegas:
- CEE Miño (Ourense): Letras Galegas 2020
- CEE Saladino Cortizo (Vigo-Pontevedra): Mes da Cultura Galega
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Semana das Letras Galegas, Día das letras Galegas con música, Cadea pola lingua
- CEIP A Paz (Vigo-Pontevedra): Palabras fermosas en galego
- CEIP A Ponte (Lugo): Homenaxe, Carvalho Calero
- CEIP P. A Rabadeira (Oleiros-A Coruña): Actividades interactivas
- CEIP Aleixandre Rodríguez Cadarso (Noia-A Coruña): Palabras galegas
- CEIP A.D.R. Castelao (Vigo-Pontevedra): Proposta, As palabras máis fermosas
- CEIP Anxo da Garda (A Coruña): Feira das Letras Galegas, Recomendacións lectoras, Propostas de actividades
- CEIP Apóstolo Santiago (Compostela-A Coruña): Recursos e materiais
- CEIP de Ardán (Marín-Pontevedra): Recursos e actividades, Reto fotográfico
- CEIP Brea Segade (Rianxo-A Coruña): Letras Galegas 2020, Radio BBS
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Recursos, Actividades, Radio na Biblio especial 17 de maio, Banda Deseñada, Biografía
- CEIP de Cervo (Cervo-Lugo): Maio, o mes das nosas letras
- CEIP de Cespón (Boiro-A Coruña): As nosas palabras, Calendario 2020
- CEIP Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras-Ourense): Trágame Terra e Dinoradio
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume-A Coruña): Letras Galegas na casa!, Sementeira de palabras
- CEIP P. de Covas (Viveiro-Lugo): A viaxe do principiño
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Saúdo, Apadriñamento lector
- CEIP P. de Foz Nº1 (Foz-Lugo): Recursos-Letras Galegas 2020 Homenaxe ás nosas letras
- CEIP do Foxo (A Estrada-Pontevedra): Mares de tenrura. O orgullo de sermos galegos
- CEIP Graxal (Cambre-A Coruña): Audioconto, Crebacabezas, Radio Curuxa, Festival
- CEIP do Hío (Cangas-Pontevedra): Premios Primavera Literaria, Inventamos historias (con efectos especiais)
- CEIP Igrexa Candeán (Vigo-Pontevedra): Unidades para o ensino, As pitas baixo a choiva
- CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña): Homenaxe ás Letras Galegas
- CEIP Juan Rey (Lourenzá-Lugo): Letras Galegas 2020
- CEIP Julio Gurriarán Canalejas (O Barco de Valdeorras-Ourense): Actividades didácticas, Proposta de vídeo colaborativo
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra): Letras Galegas 2020
- CEIP Manuel Cordo Boulloso (Ponte Caldelas-Pontevedra): Vídeo do profesorado, Vídeo do alumnado palabras
- CEIP Melide Nº1 (Melide- A Coruña): Día das Letras Galegas
- CEIP Mestre Martínez Alonso (Mos-Pontevedra): Unha cita en galego
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): Propostas
- CEIP Monforte (Monforte de Lemos-Lugo): Sopa de Letras, Mapa interactivo I, Mapa II
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): A colección de palabras, Programa de radio
- CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás-Ourense): Recursos, Proposta
- CEIP Nº1 de Tui (Tui-Pontevedra): Día das Letras Galegas 2020
- CEIP P. O Mosteirón (Sada-A Coruña): Día das Letras Galegas, Historia de Amendoíña
- CEIP P. O Pombal (Vigo-Pontevedra):Palabras doces
- CEIP O Ruxidoiro (Barbadás-Ourense): Feliz Día das Letras Galegas, Homenaxe a nosa lingua
- CEIP Pedro Antonio Cerviño (Campo Lameiro-Pontevedra):Día das Letras Galegas
- CEIP Pena de Francia (Mos-Pontevedra): Letras Galegas 2020
- CEIP Pobra do Brollón (A Pobra do Brollón-Lugo): Recursos, Letras Galegas e Carvalho Calero
- CEIP P. Profesor Albino Núñez (Ourense): Traballos Letras Galegas 2020, Mes das Letras Galegas
- CEIP Raquel Camacho (A Coruña): Historias con Letras Galegas
- CEIP Ramón de Valenzuela (Bandeira-Pontevedra): Notas de aquí
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): Día das Letras Galegas
- CEIP Ricardo Tobío (Muros-A Coruña): As nosas palabras e expresións
- CEIP Rosalía de Castro (Padrón-A Coruña): Marcapáxinas, Conmemorando as Letras Galegas, Xogo biográfico, Xogo, Conto
- CEIP P. de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra): Sabela presenta... Letras galegas 2020!
- CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense): Actividade compartida,Pitas baixo a choiva, Xogos, As pitas de Don Ricardo, Recursos, Agasallos en galego
- CEIP Salgado Torres (A Coruña): 17 de Maio. Día das Letras Galegas, Recursos
- CEIP San Martiño (Pontevedra):Carvalho Calero
- CEIP Santa María do Valadouro (O Valadouro-Lugo): Celebramos as letras Galegas, Actividades, Xogo
- CEIP P. Santa Rita (Viveiro-Lugo): Reto, A miña profesión
- CEIP Santiago Apóstolo (Mugardos-A Coruña): Xogos, Día das Letras galegas, Biografía
- CEIP de Seixo (Marín-Pontevedra): Feliz Día das Letras Galegas!
- CEIP Sofía Casanova (Culleredo-A Coruña): Cóntame un cadro galego!
- CEIP Torre Cela (Bueu-Pontevedra): Letras Galegas 2020, Traballos Letras Galegas
- CEIP P. Víctor López Seoane (A Coruña): Reto1 Eu falo galego, Reto2-Ábrese o pano!
- CEIP Vistahermosa (Ourense): #LetrasGalegasNaCasa
- CEIP Xesús Golmar (Lalín-Pontevedra): Letras Galegas 2020
- CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña): Semana das Letras Galegas 2020
- CPI As Revoltas (Cabana-A Coruña): Letras Galegas 2020
- CPI Antonio Orza Couto (Boqueixón-A Coruña): Marcapáxinas e carteis das Letras Galegas
- CPI da Cañiza (A Cañiza-Pontevedra): Día das Letras Galegas, 2020
- CPI Poeta Uxío Novoneyra (Folgoso do Courel-Lugo): Sabores da lingua
- CPI de Ponte Carreira (Frades-A Coruña): Letras Galegas 2020
- CPI de San Sadurniño (San Sadurniño-A Coruña): Letras Galegas 2020-Ricardo Carvalho Calero
- CRA A Picaraña (Ponteareas-Pontevedra): Semana das letras e a cultura galega
- CRA de Culleredo (Culleredo-A Coruña): Letras Galegas 2020
- EEI de Barrionovo (Arteixo-A Coruña): #Quedanacasa Letras Galegas 2020
- EEI Monte da Guía (Vigo-Pontevedra): Letras Galegas 2020
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Galego en familia, As pitas baixo a choiva
- EEI de Verducedo (Moaña-Pontevedra): 17 de Maio Día das Letras Galegas
- EEI Vilarrodís (Arteixo-A Coruña): Letras Galegas 2020, Desconfina
- IES A Xunqueira I (Pontevedra): Día das Letras Galegas
- IES Celanova (Celanova-Ourense): Feliz Día das Letras!; Con/En nome propio
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Día das Letras Galegas
- IES Fin do Camiño (Fisterra-A Coruña): Día das Letras Galegas, Día das Letras Galegas II
- IES Illa de Arousa (A Illa de Arousa-Pontevedra): A Arousa Le, Recitando Música
- IES Johan Carballeira (Bueu-Pontevedra): Carballeira ao ritmo das letras
- IES de Meaño (Dena-Pontevedra): Ricardo Carvalho Calero, Letras 2020
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Letras Galegas 2020
- IES Pedra da Aguia (Camariñas-A Coruña): Cantamos no mundo! Unha viaxe sonora pola Lusofonía.
- IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz-Lugo): Cuestións metafísicas con Carballo Calero
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo): Poesía, Música,Pasatempos
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Alfabeto Carvalhés, Desescalándonos con Carvalho Calero
- IES Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña): #DesconfinarALingua
- IES Xograr Afonso Gómez (Sarria-Lugo): Semana das Letras Galegas,Radio Xograr
- CEE Miño (Ourense): Actividades Semana das Letras
- CEIP P. Manuel Murgía (A Coruña): Día das Letras Galegas
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): Rememoramos Letras Galegas 2020
- CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás-Ourense): Podcast "As pitas baixo a choiva" , Podcast "Carvalho Calero"
- CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña): Vídeo "As pitas baixo a choiva"
- CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas-Pontevedra): Letras Galegas 2020
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Homenaxe a Carvalho Calero (os carballos na nosa poesía)
- IES Lamas de Castelo (Carnota-A Coruña): Letras Galegas 2020
Resolución da convocatoria do programa Radio na biblio para o curso 2020/2021
24 a 31 de outubro: Semana Mundial da Alfabetización en Medios e Información (AMI) a proposta da UNESCO
A UNESCO propón a celebración da semana AMI baixo o lema: Resistir a Desinfodemia: Alfabetización mediática e informacional para todos e por todos. Destácase a necesidade de recoñecer o noso interese común por mellorara as competencias de todos para actuar criticamente coa información, os medios de comunicación e a tecnoloxía, mentras participan do desenvolvemento social.
A desinformación xa existía antes da COVID-19, mais esta pandemia incrementou a difusión de noticias falsas e estafas cibernéticas que se nutren do medo e da desesperación da poboación, polo que a UNESCO acuñou un novo termo para este fenómeno: desinfodemia. Ademais, a desinformación na área científica resulta especialmente dañina polas súas consecuencias na poboación.
As bibliotecas escolares deben , máis que nunca, reforzar o traballo cos medios de comunicación e identificación das noticias falsas e as competencias ALFIN e AMI.
Actividades nas bibliotecas escolares galegas:
- CEIP da Igrexa-Candeán (Vigo-Pontevedra): Semana AMI: comezamos o noso taller de radio!
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): AMI: Rutinas de pensamento
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Fagamos un uso seguro e responsable da tecnoloxía
- IES Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña): Semana da Alfabetización Mediática e Informacional (Montando un programa de televisión)
24 de outubro, Día das Bibliotecas, de todas as bibliotecas.
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2020. "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR , quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construciónn da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa, que a ten sempre ao seu carón. Este lema é aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración.
Actividades nas bibliotecas escolares galegas:
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Día das Bibliotecas Escolares con Xeografías Lectoras
- CEIP de Abelendo (Moaña-Pontevedra): Inauguración e presentación do proxecto EnMARañados
- CEIP de Ardán (Marín-Pontevedra): Día das Bibliotecas na Illa de Borli
- CEIP de Caión (A Laracha-A Coruña): Día da Biblioteca (apertura)
- CEIP Canosa-Rus (Coristanco-A Coruña): En tempos covid, a biblioteca segue aberta
- CEIP P. de Carballedo (Cerdedo-Cotobade/Pontevedra): VII concurso de ambientación de portas
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Feliz Día da Biblioteca Escolar
- CEIP de Cespón (Boiro-A Coruña): Día das Bibliotecas Escolares
- CEIP P. de Chancelas (Poio-Pontevedra): Día das Bibliotecas, Un paseo por Chancelas
- CEIP P. de Covas (Viveiro-Lugo): Día da Biblioteca
- CEIP Cruz-Budiño (O Porriño-Pontevedra): Día das Bibliotecas
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): Propostas Día das Bibliotecas, Creacións
- CEIP Flavia (Padrón-A Coruña): Día das Bibliotecas
- CEIP do Foxo (Foxo-Pontevedra): Ler é percorrer o mundo cando ti queres
- CEIP do Hío (Cangas-Pontevedra): Día das Bibliotecas Escolares (Kahoot de lingua de signos)
- CEIP Igrexa-Candeán (Vigo-Pontevedra): Día da Biblioteca, Resumo do Día da Biblioteca
- CEIP Illas Cíes (Vigo-Pontevedra): Mapas de mundos fantásticos
- CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña): Día das Bibliotecas
- CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela-A Coruña): Premios Concurso Bookface. Día da Biblioteca
- CEIP de Laredo (Redondela-Pontevedra): Inauguración da biblioteca
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra): Formación de usuarios e mochilas viaxeiras
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (Pobra de Trives-Ourense): Día das Bibliotecas
- CEIP Manuel Cordo Boullosa (Pontecaldelas-Pontevedra): Curicuxa achega a Biblioteca aos fogares!
- CEIP Manuel Sueiro (Ourense): Día das Bibliotecas
- CEIP P Mosteiro de Caaveiro (A Capela-A Coruña): Día das Bibliotecas 2020
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): Inauguración do novo espazo de cociña
- CEIP P. Nº 1 de Foz (Foz-Lugo): Día das Bibliotecas
- CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás-Ourense): 24 de outubro-Día das Bibliotecas Escolares
- CEIP P. O Mosteirón (Sada-A Coruña): Catálogo biblioteca Online, A lareira do camiño
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): Poesía visual Día das Bibliotecas, Novo espazo de cociña
- CEIP O Ruxidoiro (Barbadás-Ourense): Día das Bibliotecas
- CEIP P. de Oca (A Estrada-Pontevedra): 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares
- CEIP P. Pena de Francia (Mos-Pontevedra): Contos na radio
- CEIP da Pobra do Brollón (A Pobra do Brollón-Lugo): Día da Biblioteca Escolar
- CEIP P. Profesor Albino Núñez (Ourense): Día das Bibliotecas con Mafalda
- CEIP Ramón de Artaza (Muros-A Coruña). Día da Biblioteca
- CEIP Ramón de Valenzuela (Silleda-Pontevedra): Abre a Biblioteca!!!
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): Día das Bibliotecas_Proxecto "Unha volta polo mundo"
- CEIP Rosalía de Castro (Padrón-A Coruña): Visita virtual por bibliotecas incribles, Libros de biblioteca
- CEIP P. de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra): Día das Bibliotecas Escolares
- CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense): As mulleres contan moito, Xeografías Lectoras: Atlas de Lugares Imaxinarios
- CEIP Salgado Torres (A Coruña): Día das Bibliotecas
- CEIP San Miguel de Reinante (Barreiros-Lugo): Apertura e presentación do proxecto
- CEIP San Pedro de Visma (A Coruña): Celebración do Día das Bibliotecas-Semana de Tradición Oral en galego
- CEIP Santa Baia (Boiro-A Coruña): 24 de outubro, Día das Bibliotecas-Formación de usuarios
- CEIP Santa María A Real (Entrimo-Ourense): Lecturas espalladas por Entrimo
- CEIP P. Sobreira-Valadares (Vigo-Pontevedra): Día das Bibliotecas Escolares 2020- Presentación normas e PDI
- CEIP Sofía Casanova (Culleredo-A Coruña): Día das bibliotecas-Mochilas viaxeiras
- CEIP Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Día das Bibliotecas Escolares
- CEIP Vicente Otero Valcarcel (Carral-A Coruña): Propostas Día das Bibliotecas, Agasallos ás máis lectoras
- CEIP P. Víctor López Seoane (A Coruña): Mochilas viaxeiras
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Día das Bibliotecas
- CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña): Reapertura da Biblioteca
- CPI Antonio Orza Couto (Boqueixón-A Coruña): Biblioteca virtual
- CPI P. de Castroverde (Castroverde-Lugo): Que é a biblioteca para min?
- CPI P. de Fonte-Díaz (Touro-A Coruña): Día das Bibliotecas I, II
- CRA A Picaraña (Ponteareas-Pontevedra): Creación de logo e comezo do préstamo
- CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas-Pontevedra): Semana das Bibliotecas Escolares
- EEI Barrionovo (Arteixo-A Coruña): Día das bibliotecas 2020
- EEI Fina Casalderrey (Pontevedra): Inauguramos
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Celebrando o Día das Bibliotecas (mochilas viaxeiras)
- EEI Vilarrodís (Arteixo-A Coruña): Día da Biblioteca
- EOI Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra): Xeografías literarias
- IES A Basella (Vilanova de Arousa-Pontevedra): Día das Bibliotecas
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Libros nas rúas
- IES Fernando Esquío (Neda-A Coruña): No día das Bibliotecas falamos de... , Semana das Bibliotecas, Rad Braybury
- IES Fin do Camiño (Fisterra-A Coruña): Formación de usuarios, Homenaxe á Biblioteca Municipal
- IES Johan Carballeira (Bueu-Pontevedra): Día das Bibliotecas, recomendacións lectoras
- IES Maximino Romero Lema (Baio-A Coruña): Concurso de fotografías: Imaxes para ler, ler para imaxinar, Formación de usuarios
- IES Monelos (A Coruña): Xeografías lectoras: Rutas da imaxinación
- IES Monte das Moas (A Coruña): Formación de usuarios no Día das Bibliotecas
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Día da Biblioteca 2020. 24 de outubro
- IES de Quiroga (Quiroga-lugo): Exposición de obras literarias
- IES Rafael Dieste (A Coruña): As biblios en tempos de pandemia
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Día das Bibliotecas Escolares, Citas de Biblioteca
- IES Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña): Día das Bibliotecas: Xeografías Lectoras
- IES de Vilalonga (Sanxenxo-Pontevedra): A voltas coa tecnoloxía
- IES Xesús Taboada Chivite (Verín-Ourense): Día das Bibliotecas
- IES Xograr Afonso Gómez (Sarria-Lugo): Concurso Día das Bibliotecas
Día das Escritoras 2020
O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020 o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
Animamos a toda acomunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras
"Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos invisbles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente poque non se ve. Así facemos nosoutras."
Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais)
- CEIP A Carballeira (Pontevedra): Día das Escritoras (galegas) 2020
- CEIP P. A Pedra (Bueu-Pontevedra): Día das Escritoras
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Día das Escritoras
- CEIP de Cespón (Boiro-A Coruña): Vídeo "Día das Escritoras"
- CEIP Coirón-Dena (Meaño-Pontevedra): 19 de outubro. Día das Escritoras
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Invitación, Actividades Día das Escritoras
- CEIP Emilia Parzo Bazán (A Coruña): Comezo do PDI, Microrrelatos do Día das Escritoras
- CEIP P. Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados-Pontevedra): Celebramos o Día das Escritoras
- CEIP Filomena Dato (Barbadás-Ourense): Día das Escritoras
- CEIP Flavia (Padrón-A Coruña): Día das Escritoras
- CEIP de Fontes-Baíña (Baiona-Pontevedra): Día das Escritoras
- CEIP Graxal (Cambre-A Coruña): Día das Escritoras Galegas, Podcast Día das Escritoras
- CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela-A Coruña): Día das Escritoras (maletas e vídeoxogo de escritoras galegas)
- CEIP P. Montemogos (Bueu-Pontevedra): Día das Escritoras 2020-Miriam Ferradáns
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): Día das escritoras, Poesía ambiental-Fusa Guillén
- CEIP P. O Ruxidoiro (Barbadás-Ourense): Día das Escritoras
- CEIP P. de Oca (A Estrada-Pontevedra): Día das Escritoras 202
- CEIP da Pobra do Brollón (A Pobra do Brollón-Lugo): Podcasts Día das Escritoras
- CEIP Salgado Torres (A Coruña): Día das Escritoras
- CEIP Santa María A Real (Entrimo-Ourense): Día das Escritoras
- CEIP Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Celebramos o día das escritoras galegas
- CEIP Virxe do Carme (Sober-Lugo): Día das Escritoras 2020: Yolanda Castaño
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños-A Coruña): Escritoras e compositoras galegas
- CPI Virxe da Saleta (Cea-Ourense): Día das Escritoras 2020
- EEI de Barrionovo (Arteixo-A Coruña): Encontros BN na rede: Día das Escritoras
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Día das Escritoras
- IES Johan Carballeira (Bueu-Pontevedra): A forza das mulleres
- IES Lamas de Castelo (Carnota-A Coruña): Día das Escritoras 2020
- IES de Quiroga (Quiroga-lugo): Concurso A túa escritora favorita, Mulleres escritoras
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Xeografías de Escritoras , As xeografías líricas dunha Nobel
- IES P. Terra de Turonio (Gondomar-Pontevedra): Exposición Día das Escritoras
- IES Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña): Día das Escritoras, Axúdanos a completar a listaxe de mulleres galegas escritoras
- IES de Vilalonga (Sanxenxo-Pontevedra): Día das Escritoras
Resolución BIBLIOTECA CREATIVA 2020/21
O Portal Educativo publica a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 14 de outubro de 2020, pola que se resolve a convocatoria do programa BIBLIOTECA CREATIVA correspondente ao curso 2020/21. Incorpóranse 25 novos centros e publícanse as asignacións que recibirán os 77 centros que presentaron a súa solicitude de continuidade neste proxecto. En total, son 102 centros PLAMBE os que participan nesta iniciativa destinada a apoiar a cultura da experimentación, a creación e a investigación en espazos creativos e cooperativos no seo da biblioteca escolar.
Os espazos creativos ou espazos maker creados nestas bibliotecas son bos exemplos da evolución que pode vivir unha biblioteca escolar que acolle os multialfabetismos e atende as necesidades da comunidade escolar, ofertando oportunidades para as aprendizaxes a modo de laboratorio de creación e experimentación.
Profesorado integrante dos equipos de biblioteca destes centros participarán nunhas xornadas mixtas (modo presencial/telemático) que se celebrarán os vindeiros 26 e 27 de outubro na Cidade da Cultura e do que xa se pode adiantar un programa.
#bescolaresgalabertas: Radio na biblio emite... dende a casa
A experiencia dun bo número de bibliotecas vinculadas ao programa "Radio na biblio" durante o período de cese da actividade presencial nos centros durante a primavera de 2020, por mor da COVID-19, puxo de manifesto as posibilidades desta ferramenta para desenvolver actividades educativas a distancia, con capacidade para vincular ao alumnado ao ámbito educativo e para conectar á comunidade escolar arredor dunha proposta temática. A radio foi unha ferramenta pedagóxica de gran alcance capaz de xerar unha importante dinámica de comunicación, de apoio aos proxectos, de difusión de produtos culturais e das investigacións elaboradas polo alumnado. A situación vivida facilitou, a través do programa, a educación para a competencia en información e medios tanto para o alumnado como para as súas familias.
A Radio na biblio transformouse no espazo de encontro da comunidade educativa, o lugar no que escoitarse, no que poñer en común o traballo feito na casa, no que falar ...
De entre todas as marabillosas experiencias deste periodo, seleccionamos oito que ofrecen unha variedade de recursos e propostas do que se pode facer en tempos complexos, mesmo poñer en marcha a emisora.
Actualización #bescolaresgalAbertas - Carta de navegación curso 2020/21
Actualización do documento de xuño de 2020 a partir das Instrucións do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e RR. HH. en relación coa organización e funcionamento das bibliotecas escolares e o Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de ensino non universitario da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
- ACTUALIZACIÓN CARTA DE NAVEGACIÓN CURSO 2020/21
- CARTA DE NAVEGACIÓN CURSO 2020/21
- INSTRUCIÓNS DE 1 DE SETEMBRO DE 2020
- PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19
- IFLA COVID-19
- NA BIBLIOTECA ESCOLAR PÓDESE?
- A REGRA DOS 3M E MEDIO
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Protocolo covid-19
- CEIP A Paz (Vigo-A Coruña): Protocolo de uso da biblioteca Meiga Tintureira
- CEIP A Ponte (Lugo): Protocolo covid-19 biblioteca escolar
- CEIP P. Albino Núñez (Ourense): Protocolo de adaptación
- CEIP P. As Covas-Meaño (Meaño-Pontevedra): Protocolo COVID-19
- CEIP P. As Solanas (A Guarda-Pontevedra): Normas Biblioteca, Guía Usuarios 20-21
- CEIP de Baíñas (Vimianzo-A Coruña): Protocolo Covid 19 para a Biblioteca Escolar
- CEIP de Caión (A Laracha-A Coruña): Normas Covid, Protocolo covid recreos
- CEIP Canosa-Rus (Coristanco-A Coruña): Protocolo Biblioteca
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Protocolo da biblioteca escolar curso 20-21
- CEIP Centieiras (Fene-A Coruña): Estamos en marcha!
- CEIP de Cespón (Boiro-A Coruña): Normas de uso da nosa biblioteca
- CEIP de Coirón-Dena (Meaño-Pontevedra): Protocolo Covid-19 Biblioteca Raticonto
- CEIP Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras-Ourense): Guía para unha biblioteca segura
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume-A Coruña): Protocolo de acceso á biblioteca
- CEIP P. de Covas (Viveiro-Lugo): Normas Biblioteca Covid
- CEIP da Cruz-Budiño (O Porriño-Pontevedra): Comeza unha nova aventura!
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Vídeo do alumnado de 6º co protocolo
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): A biblioteca en tempos de pandemia
- CEIP P Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados-Pontevedra): Protocolo covid Biblioteca Estrela, Estrela abre as portas curso 2020-2021
- CEIP Filomena Dato (Barbadás-Ourense): Protocolo uso da biblioteca alumnado, Protocolo da biblioteca
- CEIP Flavia (Padrón-A Coruña): Protocolo de actuación da biblioteca
- CEIP de Fontes-Baíña (Baiona-pontevedra): Protocolo acceso á biblioteca
- CEIP P. de Foz Nº1 (Foz-Lugo): Protocolo para o uso da biblioteca
- CEIP Graxal (Cambre-A Coruña): Protocolo Covid. Creando espazos creativos, inclusivos e seguros.
- CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela-A Coruña): Cartel Protocolo, Formación de usuarios
- CEIP de Laredo (Redondela-Pontevedra): Protocolos de uso
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra): Abrimos!
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (Pobra de Trives-Ourense): Protocolo na Biblioteca
- CEIP P. Manuel Murguía (A Coruña): Plan de adaptación da biblioteca á situación Covid-19
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): Plan Lector Anual 2020-21 (inclúe Protocolo covid-19 e Normas de uso e disfrute da BE)
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): Protocolo biblioteca escolar "Carlos Labraña", Formación de usuarios, Visita guíada
- CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás-Ourense): Vés á biblioteca?
- CEIP Número 1 de Tui (Tui-Pontevedra): Novas normas da biblioteca
- CEIP P. O Mosteirón (Sada-A Coruña): Camiño con sentidiño na biblioteca
- CEIP O Salvador (A Pastoriza-Lugo): Protocolo Biblioteca covid-19
- CEIP P. de Oca (A Estrada-Pontevedra): Xa estamos en marcha!
- CEIP P. Pena de Francia (Mos-Pontevedra): Protocolo de seguridade da biblioteca fronte á covid-19
- CEIP P. da Rabadeira (Oleiros-A Coruña): Protocolo de uso
- CEIP Ramón de Artaza (Muros-A Coruña): Protocolo de uso da biblioteca
- CEIP Ramón Otero Pedrayo (A Laracha-A Coruña): Uso da biblioteca, Protocolo de acceso e uso da biblioteca
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): Normas de Biblioteca-Protocolo covid-19
- CEIP P. Ría de Vigo (Vigo-Pontevedra): Novas normas na BiblioRía, Vídeo formación de usuarios
- CEIP P. da Ribeira (O Porriño-Pontevedra): Plan de uso da biblioteca escolar, Cartel
- CEIP Rosalía de castro (Padrón-A Coruña): Protocolo covid
- CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense): Protocolo covid-19 Biblioteca escolar
- CEIP Salgado Torres (A Coruña): Protocolo covid-19, Abrimos a Biblioteca!
- CEIP Santa Baia (Boiro-A Coruña): Protocolo covid de biblioteca
- CEIP P. Santa María do Valadouro (O Valadouro-Lugo): Estamos de volta, Novo protocolo
- CEIP Santiago Apóstolo (Mugardos-A Coruña): O coronavirus non vai á biblioteca
- CEIP de Santiago de Oliveira (Ponteareas-Pontevedra): Normas de uso da biblioteca, Normas con pictogramas, Protocolo de uso da biblioteca escolar, Como buscar un libro, Empréstito e devolución (vídeos do alumnado voluntario)
- CEIP de Sárdoma-Moledo (Vigo-Pontevedra): Protocolo COVID Biblioteca Escolar, Carteis, Normas para o alumnado, Formación de usuarios
- CEIP P. da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Protocolo de uso da biblioteca
- CEIP Vicente Otero Valcarcel (Carral-A Coruña): Protocolo covid da biblioteca
- CEIP P. Vista Alegre (Burela-Lugo): Protocolo Covid-19 Biblioteca Escolar
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Protocolo da biblioteca
- CEIP Xesús Golmar (Lalín-Pontevedra): Plan de adptación da biblioteca á situación covid-19
- CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña): Protocolo de acceso a BiblioSanLuís
- CEP Brea Segade (Rianxo-A Coruña): Protocolo uso da biblioteca, Estamos de volta!
- CPI A Picota (Mazaricos-A Coruña): Protocolo de acceso e uso da biblioteca para o curso 2020-2021
- CPI P. Antonio Orza Couto (Boqueixón-A Coruña): Novo curso, Novo protocolo
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños- A Coruña): Protocolo covid-19 para o uso da biblioteca
- CPI da Cañiza (A Cañiza-Pontevedra): Por unha biblioteca segura, Para os pais
- CPI P. de Castroverde (Castroverde-Lugo): Normas da nosa biblioteca
- CPI P. Fonte-Díaz (Touro-A Coruña): Protocolo de uso da biblioteca
- CPI de Zas (Zas-A Coruña): Protocolo biblio 2020-2021
- CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas-Pontevedra): Protocolo de adaptación á covid 19
- EEI San Roque (Viveiro-lugo): Protocolo na biblioteca de Librín, O conto de Librín
- EOI de Ferrol (Ferrol-A Coruña): Protocolo sanitario para o persoal, Protocolo sanitario para os usuarios
- Escola Superior de Conservación e Restauración (Pontevedra): Protocolo de adpatción da biblioteca, Carteis informativos
- IES A Basella (Vilanova de Arousa-Pontevedra): Xa estamos de volta!
- IES P. Adormideras (A Coruña): Protocolo Covid, Unha biblioteca diferente
- IES As Lagoas (Ourense): Protocolo covid-19 para o uso da biblioteca
- IES de Brión (Brión-A Coruña): Comezamos un novo curso con novas normas; Novo curso, novo espazo, novos lectores e lectoras
- IES Cabo Ortegal (Cariño-A Coruña): Normas de uso da biblioteca, Formación de novos usuarios
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Por unha biblioteca máis segura, Formación de usarios
- IES Fernando Esquío (Neda-A Coruña): Normas de funcionamento Curso 2020-21
- IES de Foz (Foz-Lugo): Arrancamos o novo curso!
- IES Illa de Sarón (Xove-Lugo): Prorocolo Bibliosarón
- IES Johan Carballeira (Bueu-Pontevedra): Protocolo covid-19 para o uso da biblioteca
- IES Lamas de Castelo (Carnota-A Coruña): Protocolo de apertura e uso da Biblioteca escolar
- IES Maximino Romero Lema (Zas-A Coruña): Protocolo covid-19 para o uso da biblioteca
- IES de Meaño (Meaño-Pontevedra): Protocolos de biblioteca
- IES Miraflores (Oleiros-A Coruña): Plan de adpatción da biblioteca á situación covid-19, Servizo de préstamo
- IES Monte das Moas (A Coruña): Protocolo Covid Bibliomoas, Versión reducida, Protocolo de préstamos e devolucións, Formación de usuarios
- IES Pedra da Aguia (Camariñas-A Coruña): En marcha para este novo curso pandémico!
- IES Poeta Añón (Serra de Outes-A Coruña): Normas de uso da biblioteca
- IES Punta Candieira (Cedeira-A Coruña): Normas de funcionamento da Biblioteca Escolar
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo): Protocolo de BiblioQuiroga
- IES Rafael Dieste (A Coruña): Normas para un espazo libre de covid
- IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín-Pontevedra): Normas de uso da Biblioteca para o curso 2020-2021
- IES Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña): Horario, aforo e reserva ; Protocolo de acceso e uso da biblioteca
- IES Valadares (Vigo-Pontevedra): Normas de uso da biblioteca, Novas rutinas, Quendas de entrada, Novo aforo
- IES Xesús Taboada Chivite (Verín-Ourense): Protocolo Covid-19 na biblioteca
- IES Xograr Afonso Gómez (Sarria-Lugo): Protocolo de actuación COVID 19
- IES P. Xosé Neira Vilas (Oleiros-A Coruña): Plan de adpatción da biblioteca á situación covid-19, Normas de uso da biblioteca ante a covid-19
.
Convocatoria do programa Radio na biblio para o curso 2020/21
O prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de outubro de 2020.
Así o fixo... Bea Lema
Con esta entrada comeza unha iniciativa que quere poñer en valor do traballo dos ilustradores e ilustradoras galegos ao longo de trece anos de colaboración e creación na edición dos carteis anuais para as bibliotecas escolare sgalegas e celebrarmos estas fermosas imaxes a prol da lectura que fomos quen, entre todos, de poñer nos muros dos centros. En diferentes formatos, contarán o proceso de creación, a partir do lema proposto pola Asesoría. Unha iniciativa que permitirá achegar ao noso alumnado ao proceso de transformación dunha idea nunha imaxe.
Comezamos con Bea Lema ilustradora do lema deste curso "Xeografías lectoras na biblioteca escolar". Un vídeo no que nos fala do seu interese polas imaxes que transmiten unha idea de forma sintética, os ilustradores que a inspiran, o proceso de documentación, as probas, a técnica ...
Xeografías lectoras na biblioteca escolar.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021. O lema elixido, XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa.
Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a importancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance. A ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.
En tempos confusos como os que estamos a vivir cómpre volver ás orixes, ao fundamental: a lectura e toda a súa potencialidade, sen esquecer outras oportunidades da biblioteca escolar para unha formación integral do alumnado. Atravesar o mapa da lectura pode facerse desde distintas ópticas, comezar a viaxe desde distintos portos:
- Pescudar nas lecturas que convidan a viaxar, a explorar, a investigar. Lecturas que nos permiten chegar lonxe sen movernos da escola (ou da casa). Lecturas que axudan a incentivar o inconformismo, a necesidade de coñecer outros mundos, de ampliar a nosa visión, de "ler o mundo".
- Configurar o itinerario lector como punto de partida da nosa xeografía lectora.
- Debuxar o mapa das nosas curiosidades, exploracións e descubrimentos a través das lecturas. Descubrir as relacións entre identidade e lectura.
- Observar o modo en que cambiou a nosa xeografía lectora durante o período de confinamento (os nosos hábitos, as nosas lecturas...).
- Saber que somos os nosos propios cartógrafos, os que organizamos o noso espazo lector (e o noso "liberespazo", o sistema de lecturas que imos creando ao longo da vida).
- Observar o noso corpo como un mapa de coñecemento, achegarnos á práctica da lectura a través do propio corpo. Descubir a capacidade reparadora da lectura.
- Deixarse levar polas relacións entre cartografía e literatura, que convidan á aventura (debuxar espazos peritextuais, con mapas e planos que crean expectativas e acompañan na aventura lectora, debuxar mapas que representan mundos coñecidos e mundos imaxinarios, relacionar as nosas lecturas a través de "constelacións literarias", en función da temática, os personaxes...).
XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros...
II Concurso de podcasts "Radio na biblio"- AMPLIACIÓN DO PRAZO
Con data 13 de febreiro de 2020, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a través da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, facía pública a convocatoria do II Concurso de Podcasts-Radio na biblio, en colaboración coa CRTVG (a través da Dirección da Radio Galega), co gallo da dedicación do Día das Letras Galegas de 2020 ao filólogo e escritor Ricardo Carvalho Calero, destinado aos centros públicos integrados no programa Radio na Biblio con extensión a outros centros de titularidade da consellería que traballan xa coa radio como ferramenta pedagóxica, co fin de estimular, por unha banda, a valoración da lingua galega e, por outra, reforzar a lectura de dous xéneros literarios aos que Carvalho Calero dedicou parte da súa obra: a poesía e o teatro. O prazo de presentación de traballos remataba o 25 de abril.
Aínda que moitas emisoras vinculadas a "Radio na biblio" estiveron activas nesta primavera estraña de 2020 (tempos de pandemia, confinamento e aprendizaxe non presencial), tamén outras moitas viron paralizadas as súas posibilidades de intervención co alumnado.
Por outra banda, e nesta situación provocada pola COVID-19, a Real Academia da Lingua Galega comunicou o traslado ao día 31 de outubro de 2020 do Pleno do día das Letras Galegas adicado ao citado autor, e tamén pospuxo diferentes actos presenciais á volta do verán, prolongando, deste xeito, a celebración do ano Carvalho Calero ao longo do último cuadrimestre do 2020.
Co fin de facilitar a posibilidade de participación no II concurso de podcasts "Radio na biblio", convocado en colaboración coa CRTVG (Radio Galega), con temática vinculada á celebración das Letras Galegas 2020 en honra de Ricardo Carvalho Calero, amplíase o prazo para a presentación de traballos ao II Concurso de podcasts "Radio na biblio" ao vindeiro 10 de outubro.
Convocatoria do proxecto BIBLIOTECA CREATIVA. Curso 2020/2021
O Portal Educativo publica a convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 2 de setembro de 2020, do proxecto BIBLIOTECA CREATIVA, para apoiar a cultura da experimentación, a creación e a investigación, en espazos creativos e cooperativos no seo das bibliotecas escolares dos centros que matriculan alumnado de educación infantil e primaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2020/2021.
Poderán participar os centros integrados en anteriores convocatorias do proxecto BIBLIOTECA CREATIVA e seleccionaranse 25 centros de nova incorporación.
Non poderán participar os centros que se incorporan ao PLAMBE no curso 2020/2021, curso no que cómpre centrar a súa actividade na consolidación do modelo de biblioteca escolar segundo os obxectivos presentados no seu proxecto.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 23 de setembro de 2020.
Instrucións sobre organización e funcionamento da biblioteca escolar. Curso 2020/2021
O Portal Educativo publica as Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 1 de setembro de 2020, en relación coa organización e funcionamento da biblioteca escolar, destinadas aos centros públicos de niveis non universitarios, de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Estas instrucións inclúen unha cláusula específica relativa á situación xerada pola COVID-19, e actuacións que se consideran necesarias na biblioteca escolar, coordinadas e supeditadas ás instrucións xerais das autoridades sanitarias e educativas para os centros no seu conxunto.
Resolución definitiva do Plan de mellora de bibliotecas escolares - centros públicos. curso 2020/21
A biblioteca escolar, unha oportunidade para o sistema educativo
E que non sexa por dicilo unha vez máis ...
Reflexións de Cristina Novoa no monográfico Notas para a biblioteca escolar do Programa biblioteca escolar "puntedu" do Departament d´Educació da Generalitat de Catalunya.
"A biblioteca escolar é unha oportunidade para un sitema educativo en busca de respostas a necesidades antigas e emerxentes, que demostrou a súa capacidade de resiliencia e a súa contribución á mellora das aprendizaxes e das prácticas pedagóxicas nos centros."
"Para que unha biblioteca escolar poida exercer de axente transformador no centro ten que cumprir unha serie de requisitos:
- Atención ao espazo como facilitador de experiencias.
- Renovación dos equipos de acceso e tratamento da información.
- Actualización constante da colección.
- Biblioteca física e biblioteca virtual.
- É imprescindible un equipo de apoio, interdisciplinar.
- Ha de contar cun orzamento propio.
- Toda a súa actuación ha de estar vinculada á adquisición dos contidos e competencias curriculares.
- A alfabetización informacional e mediática ha de ser un dos seu sprincipais obxectivos."
"Unha biblioteca escolar viva, activada, é un organismo resiliente que é capaz de adaptarse ás situacións máis confusas, repensar e saír adiante. Así o estamos vendo neste ano 2020, en múltiples experiencias de bibliotecas escolares galegas..."
- La biblioteca escolar y el cuento del hombre que tenía mala suerte. Cristina Novoa Fernández.
- BE 21. Apunts per a la biblioteca escolar. Programa biblioteca escolar "puntedu".
Bibliotecas Escolares Solidarias 2019/2020
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución de 16 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolven dúas das iniciativas integradas no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias"do curso 2019/2020.
Concédense os Selos "Biblioteca Escolar Solidaria" aos 10 centros educativos que se detallan, unha vez valoradas as candidaturas presentadas.
Así mesmo, selecciónanse 10 experiencias de un total de 88 memorias presentadas polos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de lectura-A", destinada ao alumnado de 5º e 6º de primaria, no curso 2019/2020.