Actividades
LETRAS GALEGAS 2024- LUISA VILLALTA
RECURSOS
Este ano a Real Academia Galega dedícalle a Luisa Villalta o Día das Letras Galegas.
Deixámosvos diferentes páxinas con recursos educativos para traballar a súa figura (vida e obra).
- Blogue da biblioteca: Genially con recursos e calendario.
- Seminario Galán: recursos en papel, xogos interactivos, escolma de textos, paneis de robótica...
- Primavera das Letras: Nesta web a Academia ofrece Violino, Inglesa e o libro xigante. Pequena biografía de Luísa Villalta, unha historia de Xoán Babarro e Ana María Fernández ilustrada por Óscar Villán, así como actividades interactivas ou fichas para colorear.
- O Portal da Lingua Galega
- Real Academia Galega: Podedes encontrar unha sección dedicada á protagonista do Día das Letras Galegas 2024, na que reúne distintos contidos divulgativos sobre a súa vida e a súa obra. Entre eles destacan a serie documental web Luísa Villalta, a rebelión da palabra, seis episodios nos que máis dunha vintena de voces trazan un retrato coral sobre a poeta, narradora, ensaísta e articulista coruñesa á que a institución lle dedica o vindeiro 17 de maio; e a biografía da homenaxeada.
- Fiestras abertas ("Papagaio")
- Cruel filosofía ("As palabras ingrávidas")
- Guía didáctica proporcionada polo concello de Sada: Inclúe actividades e roteiros pola Coruña e Sada traballando a súa figura.
- Canción: Nas ás dun poema- Uxía
XIV CONTOS COMPARTIDOS
CONTOS COMPARTIDOS 2024 de Raquel Martínez
CINTAS DE CORES CON MENSAXES
LETRAS GALEGAS 2024 de Raquel Martínez
REVISTA AQUELARRE
DÍA DAS ARTES GALEGAS: 1 DE ABRIL
Achéganse uns recursos elaborados en colaboración con outros centros para a conmemoración do Día das Artes Galegas, este ano adicado a Francisco Asorey, por se vos poden interesar para traballar na aula.
- Actividades interactivas en formato Genially
- Actividades para descargar en formato pdf.
ACTIVIDADES DÍA DE ROSALÍA
DIA DE ROSALÍA de Raquel Martínez
Achéganse tamén uns recursos elaborados en conxunto con outros centros para a celebración do Día de Rosalía, por se vos poden interesar.
- Cartel en tamaño A4 e recursos para infantil e primaria do Día de Rosalía 2024 en formato PDF.
- Ligazón con recursos para infantil e primaria do Día de Rosalía 2024, formato Calameo.
UNIDADE DIDÁCTICA DO MAGOSTO
Achégase o Magosto e poñemos a vosa disposición unha unidade didáctica sobre esta celebración.
Podedes visualizala coma se fose un libro ou descargala nesta ligazón.
CONTACONTOS DE MEDO EN FAMILIA
Moitas grazas familias por compartir todos estes contos con nós para pasalo de medo!
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Este ano para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro) organizamos a terceira edición das caixas literarias sorpresa. Animádeos a adiviñar os contos que se esconden en cada unha delas, a xogar!
SAMAÍN 2023
Un ano máis preparámonos no cole para festexar como se merece o Samaín. Aquí tedes o díptico no que atoparedes información moi interesante sobre como facelo.