Secretaria

Instruccións sobre o regreso ás aulas

Este xoves día 9 de setembro comezamos a actividade lectiva. Farémolo en horario habitual, e coa mesma dinámica de entradas e saídas do curso anterior. Lembrade a importancia de respectar as franxas horarias nas entradas e saídas; de 8,55h a 9,05h para primaria e de 9,05h a 9,15h para infantil. Importante tamén facer uso exclusivo da porta correspondente, en función do curso. No seguinte documento tedes a posibilidade de consultar detalladamente todo o relacionado coa organización das entradas e saídas.

En canto ao protocolo de adaptación ao COVID, o Equipo Directivo traballa na súa actualización, que publicaremos nos vindeiros días, pero xa podemos anticiparvos que non haberá cambios significativos. O uso da máscara e a hixiene de mans continuarán sendo obrigatorias. En canto á distancia entre o alumnado, e sempre que sexa dentro do grupo estable de convivencia, existirá unha certa relaxación e non será obrigatorio manter unha distancia mínima. Ademais, poderemos compartir materiais con precaución e desinfección. Nos recreos, de momento, continuaremos tendo un espacio delimitado para cada aula.

A partir do xoves poderemos comunicarnos a través de Abalar Móbil; antes foi imposible por cuestións organizativas dos servizos informáticos da Consellería de Educación.

Agardamos a vosa colaboración e apoio, do mesmo xeito que o tivemos en cursos anteriores, e xa o agradecemos por adiantado. BENVIDOS e BENVIDAS!!

Listaxes de material escolar

Facemos recordatorio de que non haberá unha entrega previa. O propio alumnado deberá traer o material nos primeiros días de clase.

Admisión de alumnado 21-22. Listaxes definitivas e instruccións

Finalizado o prazo de presentación de reclamaciones e non tendo que realizar ningunha modificación, informamos de que as listaxes provisionais pasan a ser as definitivas e polo tanto procedemos á publicación das mesmas no taboleiro físico do colexio, situado na entrada principal, para a súa consulta. 

INSTRUCCIÓNS:

PARA OS ADMITIDOS: Tedes que formalizar a matrícula na secretaría do centro entre o 21 e o 30 de xuño. A documentación a presentar será a seguinte:

PARA OS NON ADMITIDOS: A comisión de escolarización asignará praza nalgún dos centros solicitados, se teñen vacantes. No caso contrario asignará un colexio que teña vacantes e que esté o máis cerca posible ao domicilio ou centro de traballo alegado. Deberíades de recibir o aviso da Comisión de Escolarización de A Coruña ou do colexio finalmente asignado, antes do 20 de xuño.

Listaxes provisionais da admisión do alumnado 21-22

Dende o mércores 21 de abril podedes consultar as listaxes de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 21/22. Estas listaxes están pegadas no taboleiro do colexio, na entrada principal, e que podedes consultar presencialmente de luns a venres no seguinte horario:

  • de 9,15h a 11h
  • de 16h a 17h

Ás instruccións da Xefatura Territorial de Educación impiden a publicación das listaxes na web. 

O prazo de reclamacións, debidamente xustificadas, será ata o 28 de abril na secretaría do colexio no horario de 9,15h a 11h.

A publicación das listaxes definitivas será antes do 14 de maio.

Solicitudes presentadas no prazo de admisión

  • 4ºEI: 55 solicitudes +1 fora de prazo
  • 5ºEI: 2 solicitudes
  • 6ºEI: 5 solicitudes
  • 1ºEP: 1 solicitude
  • 2ºEP: 2 solicitudes
  • 4ºEP: 1 solicitude
  • 6ºEP: 1 solicitude

Antes do 25 de abril publicaremos a listaxe provisional de admitidos, e antes do 15 de maio a definitiva.

Admisión de alumnado para o curso 21-22

Entre o 1 e o 22 de marzo podedes solicitar praza para o vindeiro curso. A continuación deixamos diferentes enlaces con toda a información detallada do proceso de admisión. Lembrade que a presentación pode ser presencial ou telemática.

Portas abertas virtuais

A situación actual de restriccións pola pandemia da COVID fai que este ano non fagamos a tradicional xornada de portas abertas. Para que poidades coñecernos un pouco mellor elaboramos un video con imaxes das diferentes dependencias e instalacións do colexio e tamén compartimos un "lip dub" elaborado no 2015 onde podedes ver o colexio dun xeito máís orixinal. Tamén podedes descargar o tríptico de acollida e un documento de preguntas frecuentes. Non obstante quen teña algunha dúbida que non solucionen calquera dos documentos mencionados, pode escribir ao enderezo ceip.fernandez.latorre@edu.xunta.gal, solicitando unha resposta ou aclaración.

 

Convocatoria para reparto de máscaras

No DOG do venres 13 de novembro a Consellería de Educación realizou unha convocatoria para o alumnado de Educación Primaria para obter máscaras gratuitas. Resumimos a continuación a convocatoria:

  • Todo o alumnado beneficiario do vale de material escolar neste curso NON terá que entregar solicitude. Recibirán as máscaras automáticamente.
  • Poden presentar solicitude os que non foron beneficiarios do vale de material, sempre e cando cumpran o requisito de ter unha renda familiar per cápita inferior a 6000 euros (renta 2018), ou se é alumnado de Educación Especial, se está tutelado pola Xunta ou se ten discapacidade recoñecida de máis do 65%.
  • Modelo de solicitude para descargar. (acompañar fotocopia do libro de familia)
  • Prazo e lugar: ata o 27 de novembro na secretaría do colexio (ver horario)
  • O luns 30 de novembro publicaremos a listaxe de beneficiarios das máscaras. (no taboleiro da entrada do colexio)
  • O reparto das máscaras realizarémolo no mes de decembro. Informaremos do procedemento.

 

Powered by Drupal - Design by artinet