CAMPAÑA NATACIÓN ESCOLAR 22/23

CAMPAÑA NATACIÓN ESCOLAR

         CURSO 22-223

XOVES 8, COMEZAMOS!!!

 

Ola alumnado e familias. Xa temos todo preparado para recibiros este xoves 8 de setembro. Se facedes clic na imaxe teredes a posibilidade de consultar unha circular informativa sobre o novo procedemento para as entradas e saídas. Volvemos cunha situación prácticamente similar a que tiñamos antes da pandemia. As familias podedes acceder con normalidade ao recinto para acompañar ao alumnado ata a porta de entrada correspondente, e nas saídas tamén podedes entrar un pouquiño antes para recollelos-as diante da porta ou no patio. 

A única medida, dos protocolos COVID, que deberemos manter será a obrigatoriedade de utilizar mascarilla no transporte escolar, ou sexa, cando teñamos algunha saída. O resto de medidas que tanto amolaron: uso de xel, mascarilla, grupos burbulla, confinamentos, zonas acotadas, limitacións de aforos e acceso, etc, etc, deixan de estar en vigor. Agardamos poder levar a cabo un curso similar aos anteriores á pandemia e sabemos que contamos co voso apoio e xa pedimos a vosa colaboración e comprensión, especialmente para estes primeiros días que están sempre cheos de intensidade emocional, de moita información, algún desaxuste,..., pero entre todos e todas sacarémolo adiante. 

MOITAS GRAZAS E QUE TEÑAMOS UN FANTÁSTICO E MÁXICO CURSO!!! Guiño

 

Listaxes de material

A continuación podedes acceder ás diferentes listaxes de material solicitadas polo profesorado de nivel, pinchando na liña correspondente;

NON HABERÁ ENTREGA PREVIA DO MATERIAL. O ALUMNADO DEBERÁ TRAELO O PRIMEIRO DÍA DE CLASE.

Inicio do curso 22-23

Dende hoxe 1 de setembro o colexio está aberto no seu horario habitual de 9 a 14h. Lembrade que o vindeiro xoves 8 de setembro iniciamos as clases, pero antes estamos a preparar e planificar este novo arranque do curso. 

Dende hoxe o profesorado está asignado a súa titoría ou especialidade.

A partir do venres 2 publicaremos as listaxes de material escolar para os cursos de primaria.

Pedimos as novas familias de 4º de Infantil que cando veñan á reunión o luns 5 ás 12h, o fagades co material do alumno-a correspondente para entregalos á titora ao finalizar a reunión.

Estade atentos estes días á páxina web e abalar móbil, xa que a información para este inicio de curso estará actualizada a través destes medios. 

COMEDOR ESCOLAR 22-23

 

Recordamos que o día 10 de agosto comeza o prazo de inscrición para comedor e madrugadores. O proceso poderá realizarse ata o 30 de agosto. (https://jardanaycomedores.es/juan-fernandez-latorre)

 

 IMPORTANTE: Os beneficiarios da beca de comedor deben facer a inscrición en Jardanay. 

 

Máis información no seguinte enlace.

LISTAXES DEFINITIVAS BOLSAS COMEDOR

Veñen de publicar esta información sobre as bolsas comedor do alumnado para o curso 22-23. 

Para coñecela picade en LISTAS DEFINITIVAS BOLSAS COMEDOR.

Graduacións

O pasado luns 20 de xuño foi a quenda dos peques de 5 anos, que acompañados polas familias e as súas mestras disfrutaros dun bonito acto a súa despedida de infantil. E xa o mércores 22 pola tarde foi o acto de graduación do alumnado de 6ºEP, que despois de nove anos deixan o cole. Foron momentos moi especiais con videos moi emotivos do seu paso polo cole ata a súa excursión de final de curso, e como guinda un flashmob sorpresa co que deixaron abraiados ás súas familias. Desexámoslles moita sorte no seu camiño pola secundaria a esta promoción 2013-2022, a máis numerosa dos 30 anos de historia do cole. Moita sorte!!

Curso 21-22; punto final

Así acabamos o curso, cunha tradicional actividade, a festa de xogos, recuperada tras dous anos interrumpida pola pandemia. Todos e todas xogando xuntos. Compartimos as imaxes e desexámosvos unhas boas e merecidas vacacións.

 

Powered by Drupal - Design by artinet