25 N POLA CONVIVENCIA SEN VIOLENCIA
Un ano máis dende a plataforma PICUS, invítasenos a participar na convocatoria do concurso exposición sobre a non violencia de xénero.
Deixamos aquí a ligazón ao cartel con toda a información. Hai diferentes categorías, dende infantil ata adultos/as.
Animádevos a participar, porque construir unha sociedade igualitaria e sen violencia de xénero é cousa de todos e todas.
A Festa do Magosto
Chegando San Martiño e como é tradición celebramos o magosto no colexio, con algúns cambios debido á omnipresente choiva. Participou todo o alumnado cos fermosos cartóns porta castañas decorados, saboreando este froito que trouxeron eles mesmos e asamos entre o cole e unha empresa externa, debido a choiva. Tamén houbo batidos e música e baile, coa actuación da rapazada de Donaire.
ACHÉGASE O MAGOSTO!
Vaise achegando o tempo do magosto e pouco a pouco, dende o colexio, queremos ir retomando vellos costumes. Este ano, volveremos asar as castañas no centro, polo que pedimos a colaboración de todas as familias. Se premedes na imaxe, accederedes á información.
E se queredes visualizar ou descargar unha unidade didáctica sobre o magosto, só tedes que facer click nesta LIGAZÓN.
CONTACONTOS DE MEDO EN FAMILIA
Moitas grazas familias por compartir todos estes contos con nós para pasalo de medo!
Festa de Samaín
31 de outubro no Barrio do Castrillón de A Coruña, é sinónimo de gran festa no colexio. Grazas a toda a comunidade educativa, que coa súa máxima implicación acadamos cada ano, con gran éxito, o obxectivo de poñer en valor o SAMAÍN como festa tradicional. Ademáis contando coa axuda e colaboración da AAVV IAR e a participación da EEI Carricanta. Grazas a todas e todos por uniros á celebración un curso máis!.
Grazas Begoña!!
Case 40 anos como mestra de infantil, dos que a metade foron no noso colexio, de titora ou de apoio, hoxe termina a súa andaina profesional e laboral, . e queremos no nome de toda a comunidade educativa, o primeiro darlle as grazas e seguidamente desexarlle moita saúde e sorte para desfrutar da nova etapa da súa vida, a partir de agora, seguro que moito máis relaxada.
A propia Begoña elaborou un pequeno e emotivo vídeo que recolle diferentes momentos do seu paso polo colexio e que quere compartir con todos-as. Para velo, premede na foto.
Grazas e ata sempre Begoña!!
SAMAÍN 2023
Un ano máis preparámonos no cole para festexar como se merece o Samaín. Aquí tedes o díptico no que atoparedes información moi interesante sobre como facelo.
SAMAÍN 23-24
XA ESTÁ AQUÍ O NOSO SAMAÍN...PARA 5º DE PRIMARIA O DÍA 27 DE OUTUBRO
PARA 6º DE PRIMARIA O DÍA 31 DE OUTUBRO
UNHA NOITE ESPECIAL...ÚNICA...E CHEA DE SORPRESAS...TERRORÍFICAS...
ENTREGA DE PREMIOS DA REAL ACADEMIA GALEGA
O pasado 17 de outubro acudimos á Fundación Luis Seoane ao acto de entrega de premios do concurso "Contádenos o voso Día das Letras Galegas", convocado pola Real Academia Galega, ao abeiro da Primavera das Letras.
O acto estivo presidido por Víctor Freixanes, director da RAG coa axuda de Fina Casalderrey, membro desa academia.
Dende aquí dámoslles as grazas pola súa acollida e polo cariño demostrado.
Deixamos aquí unha ligazón para acceder a esa información:
ENTREGA DE PREMIOS NA FUNDACIÓN LUIS SEOANE
A NOVA NO XORNAL "LA VOZ DE GALICIA"
RESOLUCIÓN DEFINITIVA BOLSAS COMEDOR
Deixamos aquí a ligazón á información remitida dende o Servizo de Comedores sobre a resolución definitiva das Bolsas de Comedor.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »