2º Ciclo

CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ

Ademais doutras iniciativas que celebraremos para conmemorar o día da Paz (30 de xaneiro), faremos unha actividade colectiva cantando todo o cole esta canción. Deixámosvola para que a podades escoitar e practicar as veces que queirades.  

CANCIÓN FESTIVAL DE NADAL 3ºE.P.

Ola familias!

Deixámosvos unha ligazón coa canción para o festival de Nadal deste ano. Así, podedes practicar na casa a letra e baile que faremos. 

Party Minion-style GIF - Minion Party Holidays - Discover & Share GIFs

 

 

MAGOSTO 3º E.P

Bo día, 

Esta semana celebramos o magosto no cole. Deixámosvos un vídeo con algúns momentos do día. Esperamos que vos guste. 

Quidditch en 4ºEP

Aproveitando sinerxias, invitamos aos integrantes do equipo dos DEMENTORES de Coruña, campións de España de quiddicht, a que intentasen ensinarnos como xogar a este deporte que ten as súas raices nas películas de Harry Potter. E vaia que aprendemos! e gustou ao alumnado de cuarto, e seguro que tamén o practicaremos con outros alumnos-as doutros cursos. Deixamos unha pequena mostra no seguinte vídeo e agradecemos aos DEMENTORES a súa labor de divulgación deste deporte e dun xeito desinteresado.

Torneo de Datchball

Un novo deporte, inventado por un mestre de Aragón, e que está entrando con forza nos coles de toda España pola súa boa acollida por mestres e alumnado. Por primeira vez implementado nas aulas do Fdez Latorre, e polo éxito acadado, seguro que chegou para quedarse. O alumnado de 4ºEP, disfrutou ao máximo na xornada final do torneo celebrado o venres 25 de novembro. Aquí queda constancia nas seguintes imaxes.

 

Powered by Drupal - Design by artinet