Dpto. de Orientación

INSTRUCIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN (2-4-20)

   

Instrucións do Departamento de Orientación para o período de confinamento

    Como xa se indicou nunha nota anterior nesta mesma páxina o servizo de orientación do centro continúa plenamente operativo coas limitacións lóxicas das actuacións presenciais. Segundo se vaian producindo novidades  en canto a instrucións de orde superior se adecuaría o que resultase necesario.

   Con esta nota, xúntase un documento anexo no que se explican con máis detalle as actuacións e a relación do departamento de orientación cos diferentes sectores da  comunidade educativa durante este período non presencial: alumnado, profesorado, familias e axentes externos.

   En calquera caso, o profesorado de apoio está dispoñible para adecuar a súa atención e axuda en función de cada caso, cada necesidade, tendo en conta as demandas da persoa titora, coa coordinación, se é preciso, do xefe do departamento de orientación.     

   En relación ás familias, sen posibilidade de citas presenciais, é posible facelo a través do correo electrónico do centro ou do teléfono (se está operativo); mesmo a través do profesorado titor, se é o caso. Desde aí será derivada a demanda ó orientador, que se poñería en contacto con esa persoa ou persoas para atender a petición na medida en que sexa pertinente e posible.

     Independentemente da atención directa de casos e consultas, durante este tempo, procurarase  deixar nesta páxina ou no blog persoal, algunha recomendación, reflexións ou enlace a asuntos de interese relacionados co ámbito da educación e o desenvolvemento.

    Polo tanto, a atención, o seguimento e a actividade continúan no marco das instrucións xerais e dos medios de que dispoñamos.

    Ánimo e un saúdo á toda a comunidade educativa do noso centro!

 

                                                                                                     A Coruña, 2 de abril de 2020

                                                                                         Luis Seijas Penas

                                                                                                                      Xefe do Departamento de Orientación

APRENDEMOS A MULTIPLICACIÓN. A PARTIR DE 2º ED.PRIMARIA.

AGORA COMPLÍCASE UN POUCO MÁIS!!! ESTADES PREPARADOS?  

 

A MULTIPLICACIÓN QUE É A PROPIEDADE CONMUTATIVA?
MULTIPLICACIÓN DE UN DÍXITO MULTIPLICACIÓN CON DOUS OU MÁIS DÍXITOS

APRENDEMOS A SUMAR E RESTAR LEVANDO. A PARTIR DE 2º ED.PRIMARIA.

XA ELEXICHEDES O NOME DO PROFESOR???  SEGURO QUE É UN NOME MOI GUAY! 

 

ESTA VEZ VAINOS ENSINAR A SUMAR E RESTAR LEVANDO!! ESTADE MOI ATENTAS/OS!!!!!!!!!!!

 

SUMAS LEVANDO RESTAS LEVANDO

APRENDEMOS A SUMAR E RESTAR LEVANDO. A PARTIR DE 2º ED.PRIMARIA.

XA ELEXICHEDES O NOME DO PROFESOR???  SEGURO QUE É UN NOME MOI GUAY! 

 

ESTA VEZ VAINOS ENSINAR A SUMAR E RESTAR LEVANDO!! ESTADE MOI ATENTAS/OS!!!!!!!!!!!

 

SUMAS LEVANDO

RESTAS LEVANDO

APRENDEMOS A SUMAR E RESTAR LEVANDO. A PARTIR DE 2º ED.PRIMARIA.

XA ELEXICHEDES O NOME DO PROFESOR???  SEGURO QUE É UN NOME MOI GUAY! 

 

ESTA VEZ VAINOS ENSINAR A SUMAR E RESTAR LEVANDO!! ESTADE MOI ATENTAS/OS!!!!!!!!!!!

 

SUMAS LEVANDO

RESTAS LEVANDO

APRENDEMOS A SUMAR E RESTAR SEN LEVAR CO NOVO PROFESOR. PARA 1º ED.PRIMARIA E REPASO PARA 2º ED.PRIMARIA

Ola familia!! Presentovos a un NOVO PROFESOR  do cole ensinar a SUMAR E RESTAR SEN LEVAR!!!

  

 Como vedes! O PROFESOR non ten NOME....Propóñovos unha actividade: ELEXIR UN NOME? COMO ?

 

Por exemplo, cada membro da familia escribe un nome nun papeliño e gardao ben na man. Entón, no orden que acordáchedes, empeza a preguntar mediante cálculo mental de sumas, restas, multiplicacións ou divisións ( 2+3=, 3-3= ) e terá que responder correctamente. Si falla , o nome que teña na súa man xa non será o elexido. Gañará o que quede co papeliño na súa man, eso quere decir que acertou a respostas.

Esto só é un exemplo, podedes facer un SORTEO, o mesmo pero  preguntando sobre outro temas , a PEDRA/PAPEL/TESOIRAS,etc.

 

ADEMÁIS UNHA VEZ ELEXIDO PODEDES FACER UN DEBUXO DO PROFESOR CO SEU NOME.

SUMA UN DÍXITO
SUMA DOUS DÍXITOS


RESTA DUN DÍXITO

RESTA DE DOUS DÍXITOS

APRENDEMOS MATEMÁTICAS

Boas familias, esperemos que todo estea moi ben polos vosos fogares! Mentres, deixámosvos aquí XOGOS para que os vosos fillas/os cheguen a ser grandes MATEMÁTICOS (cálculo mental, sumas, restas, multiplicacións, contar, comparar, etc)….. Para iso podemos convertirnos no gato Pedro, a chegar a ser o Rei das Matemátias, xogar co coello Lucas e Ruby, co Oso Panda Kiki, etc.

 Comecemos:

 

  • ESCRIBIR, RECOÑECER, CONTAR, COMPARAR….

  • FIGURAS XEOMÉTRICAS, TAMAÑOS, CORES, XOGOS DE ATENCIÓN (PUZZLES, SILUETAS...)

 

Un contido dirixido sobre todo para alumnado de Educación Infantil así como o alumnado con NEAE de 1º e 2º de Educación de Primaria.

 

Agora preséntovos a oso panda, KIKI! Animádesvos a xogar con él?

 

 

     Aprendemos os números ata o 10

 

    Aventuras con KIKI ( contar, sumar, escribir,lóxica…)

  

  • SUMAS E RESTA CON PANDI    

Dirixido sobre todo para alumnado de Educación Infantil así como o alumnado con NEAE de 1º e 2º de Educación de Primaria.

 

  • Outro dos amigos que vos presento é a Lucas e Ruby , QUERÉDES APRENDER CON ELES OS NÚMEROS, CONTAR SUMAR OU RESTAR? Ademáis tedes a ventaxa de aprendelos en INGLÉS !!!!!

 

                   APRENDEMOS HASTA EL Nº 20                                SUMAMOS E RESTAMOS

                                                                                        

 Dirixido sobre todo para alumnado de Educación Infantil así como o alumnado con NEAE de 1º e 2º de Educación de Primaria.

  • Axudamos a PEDRO liberaraos seus amigos que quedaron atrapados na Cidade de Halloween, para iso vai necesitar da vosa axuda coas matemáticas, antes de que se convirtan en espantallos !!!!!!. VAMOS ALÁ…!!!

Podemos conseguilo facendo sumas, restas, multiplicacións e divis       

Atención familias ! Para iso temos que ir a OPCIÓNS E marcar os sognos de operacións e o nivel de dificultade que queremos.

 

Dirixido a todo o alumnado de 1º , 2º e 3º de Primaria , así como o alumnado con NEAE de 1º , 2º e 3º de Ed.Primaria.

 

Queredes ser uns grandes matemáticos? Pos con estos xogos RÉTOVOS ( sumas de varios díxitos, múltiplicación por varios díxitos , divisións por varios díxitos, operacións decimais… :

 

                     

 

 

Para os que lles ENCANTAN as matemáticas propoño estas apps de cálculo mental.... ERES MOI RÁPIDO CALCULANDO? PRACTIQUEMOS:

 

       HORAS E CONCEPTOS BÁSICOS                  ERES TAN RÁPIDO COMO UN LINCE?              OERACIÓNS COMBINADAS

                                                                     

Dirixido ao alumnado a partir de 2º E.P , así como o alumnado con NEAE a partir de 2º EP.

 

 

QUE É O CORONAVIRUS?

Que mellor maneira de SABELO que LEENDO.

 

Aquí vos deixamos o conto de “ROSA contra el virus”do Colexio de

Psicoloxia de Madrid.

 

 

O final do conto propóñense unhas actividades súper divertidas,

ANIMÁDESVOS A FACELAS ?

 

 

UNIDOS PODEMOS!!!!

 

ESTIMADAS FAMILIAS:

 

Xa fai dúas semanas que non vamos o cole, a xogar cos amigos

e aprender un montón de cousas que os nosos profesores e

compañeiros ensinan os vosos fillos. A que se debe? Como ben

todos sabemos o país proclamouse en Estado de Alarma; o

que conleva que esteamos confinados nos nosos fogares.

 

E nos ,os especialistas que formamos o DO queremos mandar todo o ÁNIMO e TODA A FORZA a cada unha das familias do noso Centro , ante esta situación.Sigamos facendoo así de ben, porque XUNTOS PODEMOS!

 

Ademáis gustaríanos aportar o noso graniño de area ,

propoñendo unha serie de actividades para que os vosos

fillos APRENDAN XOGANDO, e REFORZANDO

os contido que titoras /es lles ensinan. Sen olvidarnos dos

nosos grandes e pequenos SUPERHEROES.

 

Subliñar que as propostas a serán a GRAN maioría

APLICACIÓNS ( APPS) para móbiles e tablets, de forma

gratuita.

 

 

TODO VAI SAÍR BEN!!!!!!!!!!!!

 

Un forte abrazo virtual

 

 

 

 

 

 

 

UN TEMPO DISTINTO

UN TEMPO DISTINTO

   Desde o Departamento de Orientación querémonos sumar á manifestación xeral de preocupación, inquietude, responsabilidade individual, conciencia social e actitude construtiva, que deben ser os principios que nos guíen cara a superación desta situación que tanto nos cambiou, temporalmente, as vidas.

   Por suposto que, a prioridade absoluta son as persoas que están padecendo as consecuencias en primeira persoa; por respecto a todas elas, debemos extremar o coidado no cumprimento de normas e recomendacións que, nesta primeira fase, conlevan o confinamento no domicilio, situación inédita para case todos nós. Diante desta certeza, sen alternativa posible, só caben dúas opcións: queixarse e agardar a que todo pase ou adaptarse. Esta última é á que nos acollemos a inmensa maioría e implica organizar as nosas axendas segundo outro contexto, outras circunstancias, outro tempo: unha oportunidade para coñecernos mellor a nós mesmos e explorar outras maneiras de actuar, aprender e desfrutar do ocio; de buscar solucións ós obstáculos e inconvenientes que xurden.

   O proceso de aprendizaxe non se detén: estades todos informados desde o centro; o contacto co profesorado mantense, a liñas de comunicación están abertas. O Departamento de Orientación como servizo que é e, eu mesmo como orientador, seguimos a disposición de toda a comunidade educativa durante o tempo lectivo polas canles previstas, excepto a presencial, por razóns obvias.

   Por último, animamos a levar con paciencia e calma este período; aproveitemos para achegarnos a temas de interese un tanto relegados cando non dispoñemos do máis valioso: o tempo (despois da saúde). Cando nos deamos conta teremos recobrada parte da nosa vida normal e pensaremos que dunha adversidade pódese saír reforzado. Ánimo e vémonos axiña!

Powered by Drupal - Design by artinet