Dpto. de Orientación

Sensibilización na semana das persoas con discapacidade

Nesta ocasión, e gracias a COGAMI, o alumnado de 1º, 2º, 5º e 6ºEP disfrutou dunha amena sesión de toma de conciencia das dificultades diarias ás que se enfrontan as persoas con discapacidade.

Sensibilización e voluntariado

Coincidindo co Día Europeo do Voluntariado e a Semana de actividades encamiñadas a sensibilizar a sociedade sobre as dificultades das persoas con discapacidade, realizamos unha actividade co alumnado de 3º e 4º de EP, coa colaboración do Voluntariado Miúdo do colexio, integrado no Plan Proxecta. O alumnado comprobou as dificultades das persoas con discapacidade motórica , podendo valorar o esforzo e as dificultades as que se enfrontan cada día.

 

Semana de sensibilización

Nesta primeira semana de decembro de 2015 realizamos diferentes actividades co alumnado para  achegarlles o día a día das persoas coas que convivimos, e que teñen algunha discapacidade. Nesta ocasión contamos con dúas accións diferenciadas; por unha banda a Fundación Abrente desenvolveu a actividade do Proxecto ENKI que patrocina a Fund. María José Jove relacionada co deporte adaptado, dirixida ao alumnado de 6ºEP. Por outra banda a especialista en linguaxe de signos, Ana Espinosa, realizou actividades de contacontos para infantil, 1º e 2º. Agardecémoslles dende aquí a implicación e o esforzo desinteresado nestas actividades.

Enquisas sobre a convivencia

No marco de mellora da convivencia escolar nos centros educativos galegos realízase unha recollida de datos masiva que ten por obxecto detectar cal é o clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora que foran necesarias para establecer o novo Plan de Convivencia en cada colexio.

Para isto, todos os membros da comunidade educativa(alumnado de 5º e 6º, profesorado, familias e persoal de administración e servizos) terán a oportunidade de participar nesta masiva recollida de datos, a través dos formularios correspondentes e utilizando a clave aleatoria que contén a folla recibida no Colexio. Tedes ata o 30 de novembro e podedes acceder facendo clic na imaxe de abaixo.

Grazas pola participación e colaboración.

Gracias Mercedes

 

Tras 38 anos de traballo como mestra e orientadora, Mercedes acaba de poñer punto e final a súa traxectoria profesional na docencia. Queremos aproveitar para agradecer públicamente o seu traballo neste Colexio, recordando, ademáis, que era a única profesional en activo das que inauguraron o Colexio en 1992. Desexámoslle unha merecida xubilación chea de saúde e felicidade. Moitas gracias COMPAÑEIRA!! e moitos parabéns.

 

Puxémonos no seu lugar

Para conmemorar o Día Mundial das Persoas con Discapacidade, este curso decidimos realizar unha actividade na que o alumnado tivo a oportunidade de experimentar coas sensacións, e sobre todo limitacións das persoas con discapacidade visual, motriz ou da linguaxe. Todos, dende 3 anos a 6º de Primaria   realizaron un circuito axudados polos propios compañeiros. Esta actividade, un curso máis, organizouna o Equipo de Dinamización da Convivencia do Colexio, coa colaboración dos profes de educación física.

Semana da Interculturalidade

 Durante esta semana, derradeira de maio, celebramos a Semana da Interculturalidade. Trátase de facer visible ante o alumnado a existencia de  compañeiros de diferentes nacionalidades e culturas, poñendo en valor as súas tradicións, música, xogos, comida, etc. Actividades que van dende a elaboración dun mural conmemorativo, pasando por contacontos na biblioteca o venres, exposición de libros sobre a diversidade das diferentes culturas no mundo, xogos do mundo o xoves, actuación dun grupo africano o mércores, así como outras actividades a desenvolver nas aulas coa axuda do departamento de Orientación, promotor desta actividade.

Presentación "Paises do Cole"

Bandeiras

Concienciados nas discapacidades

Este curso adicamos a conmemoración anual con motivo do Día Mundial das Persoas con Discapacidade a aquelas que teñen limitada a súa capacidade visual. Todo o alumnado de primaria e algúns de infantil tiveron a oportunidade de realizar un circuito cos ollos vendados, poñendose así, por uns instantes, na pel das persoas con discapacidade visual.

 

UN TEMPO DISTINTO

UN TEMPO DISTINTO

Desde o Departamento de Orientación querémonos sumar á manifestación xeral de preocupación, inquietude, responsabilidade individual, conciencia social e actitude construtiva, que deben ser os principios que nos guíen cara a superación desta situación que tanto nos cambiou, temporalmente, as vidas.

   Por suposto que, a prioridade absoluta son as persoas que están padecendo as consecuencias en primeira persoa; por respecto a todos elas, debemos extremar o coidado no cumprimento de normas e recomendacións que, nesta primeira fase, conlevan o confinamento no domicilio, situación inédita para case todos nós. Diante desta certeza, sen alternativa posible, só caben dúas alternativas: queixarse e agardar a que todo pase ou adaptarse. Esta última é á que nos acollemos a inmensa maioría e implica organizar as nosas axendas segundo outro contexto, outras circunstancias, outro tempo:unha oportunidade para coñecernos mellor a nós mesmos e explorar outras maneiras de actuar, aprender e desfrutar do ocio; de buscar solucións ós obstáculos e inconvenientes que xurden.

   O proceso de aprendizaxe non se detén: estades todos informados desde o centro; o contacto co profesorado mantense, a liñas de comunicación están abertas. O Departamento de Orientación como servizo que é máis eu como orientador seguimos a disposición de toda a comunidade educativa durante o tempo lectivo polas canles previstas, excepto a presencial, por razóns obvias.

   Por último, animamos a levar con paciencia e calma este período; aproveitemos para achegarnos a temas de interese un tanto relegados cando non dispoñemos do máis valioso: o tempo. Cando nos deamos conta teremos recobrada a nosa vida normal e pensaremos que duha adversidade pódese saír reforzado. Ánimo e vémonos axiña!

Luis Seijas. Orientador.

ORIENTACIÓNS A PAIS E NAIS PARA FAVORECER O DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE

No seguintes documento podedes ver unhas pequenas orientacións para estimular a linguaxe nos primeiros anos.


 

Powered by Drupal - Design by artinet