Dpto. de Orientación
Funcións do Departamento de Orientación
¿QUÉ É O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN?
É un servicio que forma parte da actividade educativa co fin de asesorar ó alumnado, ás familias e ó profesorado.
¿QUENES O FORMAN?
-A xefa do Departamento (orientadora).
-Profesorado de Pedagoxía Terapéutica.
-Profesorado de Audición e Linguaxe.
-Os/as coordinadores/as de ciclo.
¿QUÉ SERVICIOS PRESTA?
a) Valora-las necesidades educativas do alumnado e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.
b) Elabora-las propostas (según as directrices da Comisión pedagóxica) :
- do Plan de Orientación
- do Plan de acción titorial
Coordina-lo profesorado e dar soporte técnico para o desenrolo destes plans.
c) Participar na elaboración dos proxectos educativo e curricular.
Incidindo :
- Nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención
ó alumnado con necesidades educativas especiais.
- Nos principios de avaliación formativa.
- Nos criterios de promoción.
d) Deseñar accións encamiñadas a :
- atención temperá.
- prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou aprendizaxe do alumnado.
Derivadas de:
- condicións desfavorables
- ou altas capacidades (sobredotación).
e) Participar:
- Na avaliación psicopedagóxica
- Deseño e desenvolvemento de medidas de atención a diversidade.
f) Facilitarlle ó alumnado apoio e asesoramento para enfronta-los momentos
máis decisivos ou de maior dificultade.
- ingreso no centro
- cambio de ciclo ou etapa
- resolución de conflictos de relación interpersonal
g) Impulsa-la participación do profesorado en Programas de:
- investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a:
- hábitos de traballo intelectual
- programas de encinar a pensar
- habilidades sociais
- técnicas de dinámica de grupos...
h) Promove-la cooperación entre o centro e as familias, implicándoas no
proceso educativo dos seus fillos/as:
- estimulación da motivación e intereses.
- Adquisición de hábitos de hixiene e autonomía
- Desenvolvemento motriz e da linguaxe.
- Relacións interpersonais
- Aqueloutros aspectos que favorezan o desenvolvemento evolutivo do alumnado.