3º Ciclo
Viaje de sexto a Madrid
Este viaje ha sido sin duda el mejor de todo el curso, hemos reído, llorado, ilusionado, asustado... es una pena que se termine tan rápido , porque aún que no pudiéramos ir todos ,nos lo pasamos genial. Estamos seguros de que cuando recordemos este viaje diremos "Os acordáis cuando en fin de curso..." Y reiremos a carcajadas.( Irene Rodríguez 6 C)
Zona "maker"
Durante este segundo trimestre o alumnado de 6ºEP tivo a oportunidade de familiarizarse coa impresora 3D. Utilizando a web de Thinkercad e os recursos de Thinkiverse, elaboramos chaveiros co nome de cada un-unha alumno-a de sexto. Unha experiencia que gustou bastante a unha parte do alumnado e que repetiremos co alumnado de 5ºEP no 3º trimestre. Esta actividade está enmarcada no desenvolvemento da estratexia do Plan Dixital do colexio.
PODCAST; "Cóntame unha historia"
Aquí tedes un gran traballo do alumnado de 5ºEP, feito en colaboración coas titoras e sobre todo co apoio da doutora en historia, María Vázquez. Concretamente trátase dun podcast sobre a Idade Media. Agardamos que o disfrutedes e aprendades moito.
Unha graduación diferente
Con toda a excepcionalidade do momento que estamos a vivir e as medidas de seguridade necesarias, poidemos despedir ao noso alumnado de 6ºEP da promoción 2011-2020. Foron dous actos, un para cada grupo, cheos de lembranzas , emocións e algunha bágoa. Pero finalmente tivemos a oportunidade de vernos e despedirnos xuntos. Parabéns, e que teñades moita sorte e saúde!!
Curtametraxe X-Aula
Parabéns as alumnas e alumno de 6ºEP e 5ºEP que participaron no Obradoiro municipal de curtametraxes en galego. O resultado final chega hoxe en primicia á nosa web gracias á labor do grupo e do profesor da actividade, Omar. Disfrutade da estrea!!
Finalizou o Proxecto Semente...con premio
Este venres 31 de maio as dúas cooperativas de 6ºEP participaron no mercado final deste proxecto de cooperativismo e emprendemento promovido polo Concello. Queremos agradecer o traballo realizado polo alumnado e os seus titores Juan e Carlota, e tamén pola colaboración incondicional de nais e pais. Ademáis a coperativa de 6º B foi premiada con diferentes agasallos!!. Parabéns e moitas gracias un ano máis.