3º Ciclo

Unha xornada no Camiño

E xa van seis edicións. Os de 5º un ano máis disfrutaron das esencias dun tramo do Camiño de Santiago, entre Furelos e Ribadiso. Toda unha experiencia onde o esforzo vese compensado pola propia vivencia en compañía de compañeiros e profesores.  


VER FOTOS

Cuestionario de competencia dixital

No seguinte enlace https://www.surveymonkey.com/s/5ZJK2JT atoparedes un cuestionario de respostas rápidas e de varias páxinas. O cuestionario forma parte do traballo de colaboración que o noso colexio está a realizar co CEIP O Cruce de Cerceda no marco dun proxecto europeo, marca Comenius Regio. Agradecemos de antemán a vosa colaboración.


Exclusivamente para cubrir alumnado de 6º e 5º de primaria.

Colaboramos co Albergue Padre Rubinos

Dende aquí queremos transmitir ao agradecemento das responsables do Albergue de Padre Rubinos pola vosa colaboración con esta institución benéfica. No vídeo podedes ver imaxes da entrega do recollido por parte de alumnado de sexto de primaria. Grazas a todos pola vosa colaboración.

 

Segunda parte: http://www.youtube.com/watch?v=TR1AZqXTgXg

LISTA DE MATERIAL 5º

  • Bolígrafos: negro (ou azul) e vermello.
  • Rotulador “Pilot” (ou similar) negro.
  • Lapis, goma e afía.
  • 1 caixa de ceras duras (Plastidecor).
  • 1 caixa de ceras brandas (Manley).
  • 1 caixa de retuladores.
  • Pegamento de barra (40 gramos).
  • Tesoiras.
  • Regra, escuadra, cartabón e transportador.
  • 1 arquivador de dous aneis, tamaño folio.
  • 10 fundas plásticas, tamaño folio.
  • 4 libretas tamaño folio (2 de raias e 2 cuadriculadas).
  • Diccionario de galego e de castelán.
  • Libreta – axenda.
  • Un paquete de 500 folios Din A 4 80 gramos.

  NOTA – Todo o material que conserven do curso anterior poderá usarse no curso actual, polo que non é preciso comprar.

 

Campamentos en Atapuerca

O sábado 3 de xullo regresou o primeiro gupo de novos arqueólogos do Castrillón logo da súa estancia no campamento de Atapuerca, actividade subvencionada pola Fundación Repsol e organizada pola Fundación Atapuerca. O 12 de xullo irán outros 25 alumnos de 5º e 6º que seguro o pasarán estupendamente tal e como nos contou Lucía Mata -6ºB-,  no email que a continuación reproducimos.

"Ola!, son Lucía Mata. O campamento que creo que se chama arqueólogos por un día , para que o vou negar estivo xenial.
Pasámolo de medo, os talleres eran interesantes e divertidos, fixemos actividades nocturnas e tivemos moi boas experiencias.
Eu penso que todos repetiríamos.
O único que quero criticar, porque tanto hai que dicir o bo coma o malo, foi a intimidade nas habitacións porque ao mellor estabas vestindote
pola mañá ou poñéndote o pixama pola noite e  podias estar espido que eles entraban igual.

Creo que podo engadir unha última cousa éramos Very Important People (VIP) e eso estivo xenial porque vimos moitisisimas máis cousas que a maioría de visitantes. 
Poden estar ben animados os outros rapaces xa que o pasamos xenial.
Recordos de LUCIA MATA POSE.
"

Tamén deixamos o DIARIO DO CAMPAMENTO feito por Irene, e fotografías que podedes ver picando na imaxe.

Viaxe a Madrid de 6º.

Na seguinte resentación realizada con Slide, Carmen titora de 6ºA amosa o moito que disfrutaron nesta viaxe inolvidable.


Gran Show 2010

Aquí tedes o vídeo realizado polo pai de Daniel Seijo do espectáculo do 26 de abril. Estupenda montaxe video musical. Grazas pola colaboración.

 

Powered by Drupal - Design by artinet