3º Ciclo

Historia e valores do Depor

Xoves 18 de xaneiro, o día sinalado para achegarnos ata Abegondo, concretamente nas instalacións da Cidade Deportiva do Depor. O alumnado de 6ºEP, foi nesta ocasión o elixido. Foron dúas horas moi especiais nas que poidemos disfrutar do entrenamento do Depor. Pero tamén tivemos a oportunidade de coñecer a historia do clube, moitas anécdotas e os valores que o deportivismo quere transmiitir. Por último recibimos a visita de o cancerbeiro deportivista, o galego Rubén, e a xogadora do Depor feminino, Sara. Responderon a moitas das nosas preguntas e para terminar entregaronnos agasallos e quedamos invitados a asistir ao vindeiro partido de liga en Riazor, contra o Levante. Forza DEPOR!!!

Museo da Fundación Mª José Jove

O mércores 17 de febreiro, visitamos un museo con obras de arte como esculturas, cadros, e logo fixemos un xogo de pistas moi divertido, no que tiñamos que buscar cadros e poñer o nome do autor e o titulo do cadro,e facer unha sopa de letras coas pistas e ibamos buscando as solucións nos cadros e poñiamos a resposta no encruclillado. O pasamos moi ben e aprendimos moito de arte.

Roi Teijido Martínez 5ºB

Teatro do alumnado do IES Monelos

O martes 18 de decembro, os alumnos do instituto de Monelos interpretaron unha obra de teatro titulada "Se suspende la función" e protagonizada por 6 alumnos de 4º de ESO. Estaba escrita en castelán e, como era moi longa, os actores lían o texto da obra dun libro. O argumento trataba sobre un director teatral que decide vender un teatro porque os actores estaban enfermos. Ademáis, non ten máis remedio que despedir a todo o persoal. Sen embargo, a limpiadora decide que eles memos farán a obra... e así o fan. Pero o director xa fixera a venta e os novos donos do teatro deciden convertelo nun bingo...

Enara 5ºB

 

No Pleno Infantil con 5º,un curso máis.

O venres 20 de novembro asistimos ao pleno. Pasámolo moi ben; compartimos autobús co Anxo da Garda. Despois chegamos á Casa do Concello en María Pita, lemos o texto e fixemos as nosas aportacións. Estaba a Voz de Galicia e a televisión galega. Fixemos unhas fotos co alcalde .Díxonos que eramos uns dos mellores. Vouvos describir o Concello, ERA MOI BONITO!!!! Ademais había unha alfombra enorme por todas as escaleiras. No Salón de Plenos, había no teito unhas vidrieiras espectaculares. A verdade, foi unha experiencia preciosa. Valeria Riotorto 5ºB

Powered by Drupal - Design by artinet