Activ. extraescolares

Venres 1 de outubro iniciamos extraescolares

Un novo pasiño cara á normalidade, en outubro coma outros cursos, iniciamos as actividades extraescolares. De momento seguiremos cunha oferta pequena e coas medidas de seguridade e adaptacións do curso anterior. No caso de que a evolucion da pandemia sexa favorable procuraremnos unha ampliación da oferta no segundo ou terceiro trimestre. (facer clic nas imaxes)

 

Actividades extraescolares da ANPA

A ANPA "Castrillón" ven de publicar a súa circular informativa sobre o inicio das actividades extraescolares para o presente curso 2021-22. Será, como no curso pasado, unha proposta adaptada as restriccións pola COVID. Podedes acceder á información facendo clic na imaxe.

COMEZO ACTIVIDADES

 

COMEZO DE ACTIVIDADES XANEIRO 2021

O vindeiro día 11 de Xaneiro está previsto o comezo das actividades. Pregamos ás familias a súa colaboración á hora de aplicar as normas e medidas de prevención ante a situación actual. A Continuación recordamos algunhas desas normas e os grupos de actividades cos accesos que correspondan:

As familias NON poderán acceder ó recinto. Tampouco na actividade de Patinaxe.

Se son usuarios de comedor e pasan directamente á actividade deben notificalo vía wass ou correo electrónico a ANPA

Haberá un monitor en cada un dos accesos previstos para as actividades que tomará a temperatura aos participantes antes da entrada ao recinto.

 

ENTRADAS:

 

INFANTIL (Porta de acceso: porta principal)

Xogos rítmicos (Luns e mércores)

Colorín colorado (Martes e xoves)

 

1º, 2º e 3º PRIMARIA (Porta de acceso: portal corredera  Avenida Concordia)

Patinaxe (Luns e venres) Os dous días no colexio.

Xenios (Martes e xoves)

Baloncesto (Martes e xoves)

 

4º, 5º e 6º PRIMARIA (Porta de acceso:porta Casanova de Eirís (gradas))

Escape Room (luns e mércores)

Patinaxe (Luns e venres) Os dous días no colexio.

Baloncesto (Martes e xoves)

 

A realización das actividades está suxeita aos posibles cambios nos protocolos vixentes pola evolución da pandemia.                                                        

 

COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR

COTAS TRIMESTRAIS ACIVIDADES EXRAESCOLARES

ESCOLAS DEPORTIVAS (PATINAXE, BALONCESTO, XOGOS RÍTMICOS): 

PERÍODO XANEIRO-MARZO: 15 EUROS POR PARTICIPANTE E ESCOLA DEPORTIVA

PERÍODO ABRIL-MAIO: 10 EUROS POR PARTICIPANTE E ESCOLA DEPORTIVA

OBRADOIROS (COLORÍN COLORADO, XENIOS, ESCAPE ROOM):

PERÍODO XANEIRO-MARZO: 15 EUROS POR PARTICIPANTE E OBRADOIRO

PERÍODO ABRIL-MAIO: 10 EUROS POR PARTICIPANTE E OBRADOIRO

 

 

Campamentos municipáis, no verán 2020

Dende hoxe mércores 27 de maio e ata o 29 de maio pódese facer a preinscripción para solicitar as diferentes modalidades de campamentos que oferta o Concello de A Coruña para este verán 2020. Entre a variada oferta existe a opción de campamento no noso colexio a partir do 22 de xuño, sempre que se cumpran os criterios establecidos. Tedes acceso a toda a información facendo clic na imaxe.

FORMULARIO PARA PRE-INSCRIPCIÓN DO CAMPAMENTO NO NOSO COLE.

Retos e xogos para tod@s

Dende a Federación de ANPAS de A Coruña presentan a súa proposta de ocio para este tempo de #Quedanacasa. Podedes participar todos-as nos retos e xogos.

Powered by Drupal - Design by artinet