INSTRUCIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN (2-4-20)
Instrucións do Departamento de Orientación para o período de confinamento
Como xa se indicou nunha nota anterior nesta mesma páxina o servizo de orientación do centro continúa plenamente operativo coas limitacións lóxicas das actuacións presenciais. Segundo se vaian producindo novidades en canto a instrucións de orde superior se adecuaría o que resultase necesario.
Con esta nota, xúntase un documento anexo no que se explican con máis detalle as actuacións e a relación do departamento de orientación cos diferentes sectores da comunidade educativa durante este período non presencial: alumnado, profesorado, familias e axentes externos.
En calquera caso, o profesorado de apoio está dispoñible para adecuar a súa atención e axuda en función de cada caso, cada necesidade, tendo en conta as demandas da persoa titora, coa coordinación, se é preciso, do xefe do departamento de orientación.
En relación ás familias, sen posibilidade de citas presenciais, é posible facelo a través do correo electrónico do centro ou do teléfono (se está operativo); mesmo a través do profesorado titor, se é o caso. Desde aí será derivada a demanda ó orientador, que se poñería en contacto con esa persoa ou persoas para atender a petición na medida en que sexa pertinente e posible.
Independentemente da atención directa de casos e consultas, durante este tempo, procurarase deixar nesta páxina ou no blog persoal, algunha recomendación, reflexións ou enlace a asuntos de interese relacionados co ámbito da educación e o desenvolvemento.
Polo tanto, a atención, o seguimento e a actividade continúan no marco das instrucións xerais e dos medios de que dispoñamos.
Ánimo e un saúdo á toda a comunidade educativa do noso centro!
A Coruña, 2 de abril de 2020
Luis Seijas Penas
Xefe do Departamento de Orientación
Adxunto | Tamaño |
---|---|
INSTRUCIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PARA O PERÍODO DE CONFINAMENTO-1.pdf | 290.12 KB |