Secretaria

Circular de final de curso

Como cada curso, e chegados case ao remate do mesmo, publicamos esta circular na que deixamos cumprida información de diferentes temas como boletíns, axudas de libros, documentación, etc.

VER CIRCULAR

Avaliación diagnóstica de 3ºEP

Os días 28 e 29 de maio, martes e mércores, o alumnado de 3º curso de educación primaria deste Centro, participará na avaliación diagnóstica, do mesmo xeito que no resto de colexios de Galicia. 

A proba ten finalidade diagnóstica, comprobando o grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática. Se aclara que non ten efectos académicos para o alumnado, é dicir, non terá ningunha influencia nas súas calificacións de final de curso, non se trata de nigunha reválida. Terán que  contestar, durante os dous días, aos  items  contemplados en catro cadernos,(cada caderno cúbrese entre 50 e 60 minutos). Tamén as familias recibirán un cuestionario referido ao seu contexto social e cultural.

Para que esta avaliación sexa completa, precisa dun estudo rigoroso do contexto, dos procesos de ensino-aprendizaxe e do alumnado. Esta información obterase a partir de cuestionarios dirixidos, ademais de ao alumnado, ás familias, ao profesorado titor e á Dirección do Centro.

Confiamos que esta información aclaratoria resulte de interés para todas as familias. Se precisades algunha información adicional podedes facer a vosa consulta a través do enderezo: ceip.fernandez.latorre@edu.xunta.es

 

 

 

Axudas libros de texto e material escolar 19-20 (primaria)

No DOG do luns 20 de maio publícase a convocatoria do fondo solidario de libros de texto, así como convocatoria de axudas para mercar os libros de 1º e 2ºEP e  tamén para material escolar na etapa de primaria para o vindeiro curso. O prazo está aberto ata o venres 21 de xuño. A presentación da solicitude única (libros e materiais) farase preferentemente a través de medios electrónicos nos seguintes enlaces; FONDOLIBROS e CHAVE 365. Tamén pode presentarse na secretaría do colexio no horario habitual.

CIRCULAR DO COLEXIO

SOLICITUDE PARA DESCARGAR

 

Admisión de alumnado 2019-20: Listaxes Definitivas

Hoxe 13 de maio publicamos a relación definitiva de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso. Ante esta listaxe pódese recurrir a través dun recurso de alzada ante o Xefe Territorial de Educación de A Coruña.

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula obrigatoriamente entre o 20 de xuño e o 01 de xullo,na secretaría do Colexio, aportando a documentación requerida. De non facelo así, perderánse os dereitos sobre a praza obtida. As solicitudes do alumnado non admitido as trasladaremos á Comisión de Escolarización de A Coruña, e serán eles os encargados de asignarlles unha praza noutro centro educativo.

Documentación a presentar:

Becas comedor 2019-20

Dende o Concello de A Coruña trasládannos toda a información sobre esta convocatoria de becas para o vindeiro curso escolar. O prazo de solicitude é do 22 de abril ao 6 de maio, ámbolos dous días incluídos. Os impresos e solicitudes poderán obterse e tramitarse nos rexistros municipais, nos centros cívicos e na sede electrónica do Concello. Para ver toda a información detallada desta convocatoria facede clic na imaxe.

Listaxes provisionais do proceso de admisión 2019/20

O luns 8 de abril o consello escolar do centro foi informado do proceso de admisión de alumnado para o curso 19/20. Polo tanto a dirección do colexio fai públicas as seguintes listaxes provisionais de admitidos e non admitidos nos diferentes niveis. Informamos de que o prazo para presentar recurso a estas listaxes (con alegación xustificada de motivos), será ata o xoves 25 de abril, en horario de secretaría.

Terminado o periodo de reclamacións publicaremos a listaxe definitiva de admitidos. (sempre antes do 15 de maio). Nese momento, todas as solicitudes do alumnado que NON resultase admitido, enviarémolas á comisión de escolarización de A Coruña que procederá a asignar un colexio a todos-as eles antes do 20 de xuño, data na que se inicia o periodo de matrícula nos centros educativos de infantil e primaria.

Solicitudes presentadas

A continuación indicamos as solicitudes presentadas no proceso de admisión de alumnado 19/20.

CURSO VACANTES SOLICITUDES
4ºEI 50 72
5ºEI 0 2
6ºEI 1 3
1ºEP 0 3
2ºEP 0 2
3ºEP 2 2
4ºEP 0 1
5ºEP 0 1
6ºEP 0 0

Os solicitantes que non autorizaran o cruce de datos coa Axencia Tributaria teñen ata o 5 de abril para achegar documentación xustificativa. 

A publicación das listaxes provisionais de admitidos será, previsiblemente o martes 23 ou mércores 24 de abril. As listaxes definitivas antes do 15 de maio.

Admisión de alumnado 2019-20

A partir do venres 1 de marzo e ata o mércores 20 de marzo poderán presentarse as solicitudes de praza para o vindeiro curso na secretaría do centro. Así mesmo o trámite pode realizarse telemáticamente pola aplicación admisionalumnado. A continuación poñemos toda a información necesaria para este proceso a disposición dos interesados-as:

ADMISIÓN 2019-2020

Resultado das votacións

Este luns 26 de novembro tivo lugar a votación para elexir representantes de nais/pais e profesorado ao consello escolar do Colexio. Por parte das familias resultaron elexidas :

Por parte do profesorado:

  • Eva Fariñas
  • Ana Roca

Moitas gracias pola vosa participación.

Powered by Drupal - Design by artinet