Actividades

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares, 24 de outubro, podedes ver neste vídeo as Caixas Literarias sorpresa que elaborou cada aula. 

Unha preciosidade e que ilusión lle fixo a todo o alumnado!!!

Agora durante o mes de novembro  terán que adiviñar que conto esconde cada caixiña. 

Que aula de cada ciclo será a que máis contos acerte?

E un curso máis as mochilas viaxeiras comezan a súa andaina. Pica na imaxe e mira as fotos.

Sin-t-tulo

 Feliz Día das Bibliotecas Escolares!!!   

ACHÉGASE O SAMAÍN

Aquí deixámosvos unha compilación de recursos moi interesantes (unidades didácticas, música, xogos, vídeo-contos por parte das familias, cartel anunciador de diferentes actividades...).

Agardamos que vos gusten!!!

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Concurso de “Caixas Literarias Sorpresa” para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro).

Preme na caixa regalo para descubrir como se xoga!!!

 

 

PREMIADOS AXENDA ESCOLAR 2021-2022

Queremos dar as grazas a todo o  alumnado que participou no “Concurso de Deseño da Portada e Contraportada da Axenda Escolar”.

Axenda-21-22

Foi moi difícil facer a selección, pola calidade dos seus debuxos, a implicación e orixinalidade das súas propostas.

Finalmente os gañadores foron Vera e Tamirat.

IMG-0709   IMG-0712

Parabéns!!!

Powered by Drupal - Design by artinet