Actividades

SAMAÍN VIRTUAL 2020

Tal e como está o panorama dos últimos tempos,  pedimos axuda  as nosas queridas Meigas do Castrillón para que co seu conxuro nos ceiben desta pandemia: CORONAVIRUS FÓRA!!!

Sin-t-tulo

Grazas Meigas por facer que o noso Samaín sexa especial!!!

E aquí tedes un pequeno vídeo do acendido das cabazas, que cada aula tallou e decorou, porque o noso alumnado non podía quedar sen esta noite máxica, aínda que sexa dunha maneira virtual…

IMG-6974

 Preme na imaxe

E aquí unha super exposición virtual de cabazas. Grazas familias pola vosa participación!!

Bo Samaín a tod@s!!

CONTACONTOS DE SAMAÍN EN FAMILIA

Imos pasalo de meeeeedooooo!!!

Grazas familias pola vosa colaboración!!!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES SAMAÍN 2020

Aquí vos deixamos un resumo das diferentes iniciativas que levaremos a cabo para celebrar a festividade de Samaín.

Grazas a todos pola vosa colaboración!!!

A NOSA HOMENAXE ÁS LETRAS GALEGAS

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa por facernos chegar toda esta manchea de palabras para poder elaborar esta presentación a modo de libro. Agora temos este “Tesouro” que serve para contribuír a enriquecer o noso vocabulario, recuperar palabras esquecidas dos nosos maiores para que non desaparezan e, por suposto, un recurso que poder utilizar nas aulas e actividades futuras que fagamos.

Temos que coidar unha lingua que nos diferenza, que nos representa e que nos fai sentir orgullosos.

Como sorpresa e agradecemento pola vosa participación, deixámosvos dous xogos sobre Ricardo Carvalho Calero para que xoguedes en familia.

 

Moi agradecidos por tanta colaboración!

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS!

 

OUTRAS ACTIVIDADES

OUTRAS ACTIVIDADES (LETRAS GALEGAS 2020)

Outras actividades levadas a cabo nesta semana, porque non hai nada que nos pare!!

  • Dramatización do conto “As pitas baixo a choiva” (alumnado 5 anos).

0

  • As nosas historias na nosa lingua (alumnado 1ºA)

1

  • Cuestionario para pequenos Ricardo Carvalho Calero

2

  • Os xogos tradicionais.

001-HOME

  • Libro 3ºA "Palabras de nove letras".

3

  • Libro 3ºB "Palabras de nove letras".

4

  • Conto por teléfono (alumnado 3ºA).

5

  • Debuxos do conto “As pitas baixo a choiva” (alumnado 3ºB).

6

  • Mensaxe das “Meigas do Castrillón” polas Letras Galegas.

7

E recordade que aquí tedes información e diferentes actividades interactivas para seguir aprendendo moito sobre o noso homenaxeado das Letras Galegas.

001-Imageninteractiva

ARGALLANDO COUSIÑAS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos propoñervos con motivo da Celebración do Día das Letras Galegas esta proposta:

PROPOSTA-PARA-O-D-A-DAS-LETRAS-GALEGAS

Convidámosvos a todos (alumnado, profesorado e familias) a participar nesta celebración. Animádevos!!!

Tamén deixamos esta canción “Fálame” de Paco Nogueiras como motivación a esta proposta.

Premede no arquivo adxunto para escoitala. Esperamos que vos guste!!!

LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO

Este ano, a Real Academia Galega dedícalle a Ricardo Carvalho Calero o Día das Letras Galegas.

Como nos últimos anos, o Seminario Galán preparou un extenso traballo dedicado á vida e obra do autor homenaxeado neste día, con actividades para realizar en papel e no ordenador adaptadas a Educación infantil e todos os cursos de Educación primaria.

Aquí tedes todos os recursos nestas dúas imaxes interactivas para ir aprendendo moito sobre Ricardo Carvalho Calero. 

Sin-t-tulo

Ademais, no portal da Lingua Galega tedes moitos recursos:

Sin-t-tulo

Recomendarvos tamén esta páxina “Primavera das Letras” con diferentes recursos sobre Ricardo Carvalho Calero:

Sin-t-tulo

Desde a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra comparten connosco un amplo proxecto pensado para alumnado desde os 3 ata os 12 anos relacionado co persoeiro das Letras Galegas 2020:

portadawebpitas

E no blog de Aulas Galegas temos varios recursos sobre Ricardo Carvalho Calero:

Sin-t-tulo

8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Con motivo da conmemoración o 8 de Marzo do Día Internacional da Muller propúxose como actividade para todo o alumnado que tratasen na aula o tema “Que é unha muller…” co fin de conseguir unha sociedade máis xusta na que tanto nenas como nenos teñan os mesmos dereitos e oportunidades en tódolos ámbitos da vida.

Despois deixaron pegadas algunhas desas reflexións nunha silueta de muller.

CAMIÑANDO XUNTOS HACIA A IGUALDADE!!!

Powered by Drupal - Design by artinet