Actividades

8 de marzo: Día da muller traballadora

Durante os últimos días de clase, estivemos a traballar nas aulas unha serie de mulleres traballadoras do rueiro da nosa cidade. Todas elas contribuiron a mellorar a nosa sociedade e a favorecer a igualdade entre homes e mulleres. O resultado é unha exposición de carteis que podedes ver no recibidor do colexio. Aqui vos deixamos unha mostra, a presentación está acompañada da canción Matriarcas de Guadi Galego. Parabéns a todas as mulleres traballadoras da nosa comunidade escolar.

Encontros con autores: Yolanda Castaño

O mércores 2 de marzo Yolanda Castaño visitou o noso centro, os nenos de 2º de primaria realizaron a entrevista que podedes visualizar a continuación.

Desfile de Entroido

Cun novo formato de desfile celebramos a festa do Entroido 2016. Agradecemos a todos-as a colaboración para conseguir, unha vez máis, disfrutar plenamente da festa.

Conmemoración do Día da Paz

Este ano adicado a Manuel María quixemos encher Os Soños na Gaiola de eso...soños e desexos de paz. Tamén participamos na Carreira Solidaria pola infancia de Guinea Bissau, impulsada pola ONG Save the Children. Aquí tedes un resumo do acontecido.

Festival de Nadal 2015

Xa tedes á vosa disposición un vídeo resumo coas actuacións do Festival. Desexámosvos unhas FELICES FESTAS e un Gran Ano 2016.

(Por problemas cos dereitos de autor, publicamos catro actuacións por separado, dispoñibles debaixo do vídeo principal)

 

In Memoriam

Lembrando a visita de Xosé Neira Vilas ao Colexio, rendímoslle unha sinxela homenaxe a este grande da literatura galega. Grazas.

Cartel do Magosto 2015

Diana, alumna de 5ºB fixo este debuxo para conmemorar a nosa festa do Magosto 2015, que celebraremos o venres 13. Agradecer dende aquí a todos os participantes, a súa colaboración. Por certo, non olvidedes traer algunhas castañas e leña.

Facendo clic na imaxe podedes xogar e aprender máis sobre esta festa tradicional.

E por fin, a festa do SAMAÍN

Un curso máis temos que calificar a Festa de Samaín de extraordinaria. Polas cabazas increiblemente decoradas, polos disfraces, polo número de participantes e pola implicación e colaboración de todas e todos. Grazas!!

Aquí tedes duas presentacións, a primeira adicada ás cabazas decoradas e a segunda que amosa aos participantes ben caracterizados. Norabóa!!

Powered by Drupal - Design by artinet