Actividades
Xosé Mª Díaz Castro
Dende o Equipo de Dinamización da Língua Galega do Colexio queremos ofrecervos o vídeo realizado para conmemorar o Día das Letras Galegas 2014, que este adícase ao poeta Xosé Mª Díaz Castro. Trátase dunha recreación do personaxe contando a súa vida. No vídeo colaboraron varios alumnos e alumnas do Centro, aos que agradecemos públicamente o seu interese. |
Nós tamén creamos
Aquí tedes o resultado final, a curtametraxe elaborada ao longo deste curso por un grupo de mestras-es, e o alumnado de 1ºB e 2ºB do Colexio. Trátase de dar vida cinematográfica ao conto da editora OQO, "Non quero ser un polbo". Esperamos que o disfrutedes!!
Día de Rosalía de Castro
O luns 24 de febreiro está adicado a nosa escritora máis coñecida, Rosalía de Castro. No Colexio, e animados polo Equipo de Dinamización da Língua Galega, quixemos facerlle unha pequena homenaxe que podedes ver nos vídeos seguintes.
VÍDEO DE 4ºA VÍDEO DE 4º B VÍDEO DE 5ºA VÍDEO DE 5ºB VÍDEO DE 6ºA VÍDEO DE 6º B
Festival das Letras Galegas
Como colofón, no día previo á festividade das Letras Galegas, celebramos dous festivais para todo o alumnado. O primeiro para os máis pequenos e o segundo para os "maiores". Como novidade acudiron invitados-as as familias participantes na actividade de "Contos compartidos", unindose tamén a esta festa de exaltación da nosa língua. Parabéns para todos os artistas que subiron a o escenario. No seguinte vídeo podedes disfrutar con todas as actuacións.
Letras Galegas 2013
“O noso mellor tesouro é ter historias que contar e xente que queira saber delas”. Roberto Vidal Bolaño
Achégase a conmemoración do Día das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é Roberto Vidal Bolaño. Estamos a falar dun autor sempre relacionado coa producción teatral, e casi contemporáneo.
O alumnado de 4ºB preparou un vídeo onde, en pouco tempo, podemos coñecer a figura e obras deste escritor.
Actividades sobre o Día da Paz
Achégase o 30 de xaneiro no que conmemoramos o día mundial pola Paz. Este ano realizaremos coa colaboración de todos un mercadillo solidario de xoguetes usados. Coa recadación axudaremos á ONG Miradas al Mundo a construir unha nova escola para os nenos da aldea de Dembanje en Guinea Bissau. Tamén conmemoraremos este día cunha actividade no patio todos xuntos. Deixamos tamén dúas actividades interactivas para que practiquedes os vosos coñecementos relacionados con esta conmemnoración. Picade nas imaxes.
Recitando a Celso Emilio Ferreiro
O alumnado de 4ºEP realizou unha lectura pública do coñecido poema Deitado frente ao mar, participando nesta actividade proposta para toda Galicia o 12/12/12.
NO DÉCIMO ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO
Carlos Casares
1941- 2002
..Pois Lorenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita.
É unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de colores. Xa puxo dous marelos, un rosa e tres verde mar. Ademais non di cacaracá, senón cocorocó. E isto ten moi preocupadas as autoridades.
Festival das Letras Galegas
O venres 25 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas 2012, e como colofón ás diferentes actividades realizadas nos días anteriores, celebramos un festival no que participou o alumnado con cancións, bailes e poesía. Grazas a todos polo voso traballo. FOTOS DO FESTIVAL
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- seguinte ›
- última »