Actividades

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

POSTAIS GAÑADORAS

 
 

 

 

TEXTO GAÑADOR

Reis Magos e Papá Noel,
coidado con ese cartel,
que di que en Galicia
comemos con moita ledicia:
uvas e champán.
Polo Nadal, que vas facer Pillabán?
Os agasallos xa chegarán.

 Carla, 6º A

CELEBRAMOS O 125 ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE ROSALÍA

 

 Has de cantar,
meniña gaiteira;
has de cantar,
que me morro de pena.

Canta, meniña,
na veira da fonte;
canta, daréiche
boliños do pote.

Canta, meniña,
con brando compás,
daréiche unha proia
da pedra do lar.

Papiñas con leite
tamén che daréi;
sopiña con viño
torrexas con mel.

Patacas asadas
con sal e vinagre,
que saben a noces.
¡Que ricas que saben!

No taboleiro da entrada, do Colexio, temos unha pequena exposición  sobre a vida e obra de Rosalía, tamén a podedes ver  clicando aquí 

Cancións para Antía

   O grupo "Fol do Vento"  presentounos o seu traballo Cancións para    Antía    no Salón de Actos do Centro para todo o alumnado de infantil.

Como podedes ver nos vídeos disfrutamos moito neste concerto tan divertido, onde ademáis os participantes amosaron coñecer as letras de todas as cancións

- http://www.youtube.com/watch?v=5p50D2m5BJ4

- http://www.youtube.com/watch?v=YNemRQ1SI0o

CADA COUSA CO SEU NOME

Con motivo da celebración do “Día das Letras Galegas” realizamos variadas actividades coas que o alumnado puido percibir que o galego ten unha utilidade xeralizada na nosa vida cotiá e que non só sirve para ocupar unhas horas das actividades lectivas. Entre estas actividades cabe salientar a entrega de carteis, en peixerías e froiterías do barrio, co nome dos peixes e froitas.

Agradecemos a estes establecementos a colaboración prestada.

 

 

 

Festival das Letras Galegas

O martes 18 de maio celebramos o festival para conmemorar o Día das Letras Galegas. Fixemos  un adicado aos máis pequenos e outro para o resto do alumnado. Como sabedes este ano contamos coa colaboración da cantante do grupo Luar na Lubre e dende aquí dámoslle as gracias pola súa desinteresada participación. A continuación podedes ver imaxes do festival AQUÍ ou nos seguintes videos.

Máis vídeos nos seguintes enlaces:

http://www.youtube.com/watch?v=uVnkRLj1dyY

http://www.youtube.com/watch?v=gs6PYzm2ZuU

http://www.youtube.com/watch?v=wTNOEQWuc0M

Letras Galegas 2010 - Uxío Novoneira

Como todolos anos o 17 de maio celebramos en Galicia o día adicado a     nosa língua. Cada ano a Real Academia da Língua Galega elixe un autor recoñecido pola súa traxectoria en prol do galego.

Dende o EDNL do Colexio elaboramos unha serie de documentos divulgativos sobre a figura de Uxío Novoneira. Trátase dun díptico , un marcapáxinas e unha actividade interactiva on line sobre o escritor do Courel.

Para completar a celebración, o martes 18 de maio celebraremos un festival musical e literario onde contaremos cunha invitada moi especial, a cantante do grupo "Luar na Lubre" que actuará acompañada de alumnas de 6º de primaria, sen dúbida todo un luxo.

Xa o venres 21 entregaremos a todos a revista do Centro Aquelarre.

CONCURSO DE CARTEIS

 

ENTROIDO 2010  

Gañadores do concurso de carteis:

1º Ciclo: Clara Gagino

2º Ciclo: Mar Sanjurjo

3º Ciclo: Lucía Mata 

Xoga co Entroido

Xa está aquí o entroido e o ENDL do Centro presenta esta actividade feita en Lim para aprender dun xeito máis divertido

Powered by Drupal - Design by artinet