Actividades

O Magosto en imaxes

Unha xornada estupenda de outono na que disfrutamos dun magosto coa participación de alumnado, profesorado e familias, e introducindo a novidade da iniciativa  educativa e colaborativa de voluntariado para o alumnado do colexio. Noraboa!!

Pegatina do Samaín

Aquí tedes o deseño gañador para a pegatina que entregamos a todos-as os que participen achegando unha cabaza decorada. Lembrade que a tarde do mércores 31 teremos unha terrorífica obra de teatro a cargo do grupo "Meigas do Castrillón" (formado por nais e alumnas de 5º e 6ºEP) e a continuación procederemos co encendido de cabazas e o tradicional desfile.

LETRAS GALEGAS 2018

Para homenaxear de xeito especial a Mª Victoria Moreno, no cole ilustramos fragmentos de distintos libros dela. Traballamos  textos de "Eu conto, ti cantas", "Mar adiante" e "O cataventos" e con todos eles fixemos unha pequena exposición na entrada do Centro.

Aquí tedes o resultado.

 

Contos compartidos.

Na conmemoración das Letras Galegas fixemos un pequeno acto para recoñecer esta actividade entre familias, alumnado e colexio. Como colofón realizamos unha muiñeira global da que pronto teredes imaxes. Grazas!!

LETRAS GALEGAS 2018.

"A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplente unha historia de amor"

CANTANDO A Mª VICTORIA MORENO.

 

LETRAS GALEGAS 2018

"A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplente unha historia de amor"

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet