Biblioteca

Biblioteca da EOI de Vilagarcía

Pode consultar os seguintes apartados sobre a bilbioteca do noso centro:

 

Modificación do servizo de emprestito da biblioteca o 21 de decembro.

Debido as actividades programadas de Nadal na escola, o servicio de empréstito da biblioteca queda suspendido o día 21 de decembro.

Disculpade as molestias, e retomaremos o funcionamento normal do servizo á volta das vacacións de nadal.

Podes devolver os libros da biblioteca a calquer hora do día

Podes devolver os teus empréstimos da Biblioteca da EOI en calquer momento e de maneira fácil. Só tes que utilizar a caixa de devolucións habilitada na biblioteca, ao lado da mesa do profesor de garda, para ese fin.

Desta maneira, se tiveres algún problema para chegar dentro do horario de atendimento, poderás devolver os libros, cds ou dvds da biblioteca sen axuda. Só tes que introducilos na caixa de devolucións con coidado e coa lombada do libro en primeiro lugar.

Servizo de Empréstimo da Biblioteca

A partir do luns 26 de setembro e até o martes 31 de maio funciona o servizo de empréstito de libros da Biblioteca da EOI. 

Lembra que para poderes utilizalo precisas do cartón de estudante. Se aínda non o tes, pasa pola Secretaría a facelo.

IMPORTANTE: Debido a un problema no programa de xestión da biblioteca, tod@s @s leitores/as anteriores ao curso 2015-2016 cuxo número de leitor/a sexa posterior ao 831, perderán o número que tiñan e recibirán un novo.

Distribuir contido