Iniciar sesión: Acceso

LETRAS GALEGAS, RICARDO CARVALHO CALERO

LETRAS GALEGAS E RICARDO CARVALHO CALERO

Hoxe inda que na distancia, únenos a festa das nosas letras, a afirmación de bos tempos para as nosa cultura. Homenaxe aos que traballaron e reivindicaron a nosa identidade como pobo galego, con cultura e lingua de seu.

Nesta páxina colgamos varios recursos con enlaces aos materias da Secretaría Xeral de Política Lingüística a fin de que todo o alumnado e familias puidesen coñecer mellor a este gran galego, Ricardo Carvalho Calero.

Este ano, inda que esta festividade está posposta, xs nosxs nenxs de 5º e 6º  traballaron durante a semana, na aula virtual, coa biografía e obra de Ricardo Carvalho Calero. Así que creamos escaleta e  grabaron os  audios dende as súas casas para crear un programa de radio.

Queredes coñecer a Ricardo Carvalho? Escoitade Radio Guímaro.

Letras Galegas e Ricardo Carvalho Calero

 

O alumnado tamén participou nun concurso virtual convocado pola biblioteca municipal do concello da Pobra do Brollón. "Cóntame algo de Ricardo Carvalho Calero. 

Cos seus traballos compuxemos este vídeo.

Grazas familias e nenxs por estar sempre á altura, grazas tamén a Manuel de Eco FM pola montaxe do programa.