O alumnado que actualmente está cursando 6º de Educación Primaria no CEIP Plurilingüe de Foz nº1, e que pretenda continuar os estudos de educación secundaria obrigatoria no centro adscrito que é o IES de Foz no vindeiro curso académico, deberá presentar na secretaría do colexio o modelo (Anexo I e Anexo I bis)entre os días 11 de xaneiro e 8 de febreiro de 2021.
Precioso vídeo editado pola ANPA do centro cos colaboradores do proxecto de igualdade que están a desenvolver e cos nenos que se caracterizaron de coidadoras e coidadores en diferentes campos.