DÍA DAS BIBLIOTECAS NA ILLA DE BORLI

(PINCHA NA IMAXE  PARA VER O VÍDEO)

BENVID@S A BIBLIOTECA ILLA DE BORLI!!

 Hoxe é o seu Día e quixemos celebralo ao grande, coa chegada de Borli a  todas as aulas do noso cole, para facer unha sesión de lectura na biblio con cada un deles.

En tempos de pandemia toca adaptar as actividades, inxeniando novas propostas. Así festexamos no CEIP de Ardán o "Día das Bibliotecas".

 

 

Borli acercouse primeiramente  ao grupo de 3º e 4º EP ( grupo verde escuro de convivencia)  @s cales  leváronse unha gran alegría ao volver a velo.  A nosa mascota viña cargada cun libro para el@s. Foi na bilioteca onde fíxolles a entrega, para quedar co seu titor e facer con el a proposta da lectura  de Borli.

 

 

Seguidamente foron @s máis cativ@s do cole ( grupo verde pistacho de convivencia). Borli foi o encargado de levalos a súa biblioteca e de entregarlles un conto para ler alí. 

De volta do recreo, tocoulle sesión de lectura na biblio aos máis maiores do centro (grupo vermello de convivencia). Entregoulles, tamén Borli a lectura, e foron el@s os encargad@s de ler a@ resto dos seus compañeir@s.

 

 

Finalmente Borli achegouse a clase de 1º e 2º de EP        ( grupo amarelo de convivencia). Con moita ilusión @s nen@s seguíronlle ata a biblioteca Illa de Borli, onde desfrutaron coa su mestra María dun sesión de contacontos.

 

 Máis información de interese en:

                                     BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!

 

 

 

 

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031