Actividades nas aulas
Máscaras Estimulación da Linguaxe
Xa temos as nosas máscaras para usar na clase de PELO!!
ALMORZOS SAUDABLES
Os máis cativos do cole desfrutaron dun almorzo mediterráneo no comedor da escolar.
O Desafío na clase de ciencias de 5º e 6º de EP
Fai uns días puxemos en práctica unha das propostas do desafío: poñer un champiñón atravesando un papel e apoiado nun vaso con auga.
OBSERVANDO MINERAIS
Durante estes días o grupo de 3º e 4º de EP estiveron observando, manipulando e clasificando os distintos minerais que tiña xa o colexio e outros que trouxeron @s propi@s nen@s na clase de ciencias sociais.
DÍA INTERNACIONAL DA NENA
O colexio de Ardán únese para celebrar o 11 de outubro o Día Internacional da Nena a través de distintas lecturas e contos que invitan a reflexión e ao debate.
A FLORA DA NOSA CONTORNA
Coa chegada do outono e aproveitando os momentos que non chove as nenas e nenos de 5º e 6º de EP, recibiron unha clase práctica de Ciencias da Natureza no bosque que temos detrás do colexio.
Poder repasar e aprender novos contidos da asignatura neste entorno é todo un privilexio!
VISITA AO IES ILLA DE ONS DOS ALUMN@S 6ºEP
O alumnado de 6º de EP foi visitar o mércores 22 de maio as instalación do IES Illa de Ons para coñecer o seu futuro Centro. Alí compartiron actividades con nen@s de outros colexios, @s cales van ser no próximo curso @s seus compañeir@s.
SPRING 2019
As nenas e nenos de 1º e 2º de EP, estiveron fixeron un cartel fermosísimo sobre a primavera (Spring) na clase de plástica. Usaron distintas técnicas e materiais ( pintura de uñas, témpera, lapis,...).
Beep boops nas aulas de Ardán
Nestas semanas andan uns pequenos robots, en forma de abellas, nas aulas de Infantil e 1º-2º EP. As actividades que se realizan con eles son para traballar a orientación espacial, os conceptos de lateralidade (esquerda, dereita) e de adiante-atrás. Permitindo aumentar ou disminuir a súa dificultade.
Todo un logro para os máis cativos!
Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
