Skip to Content

Quilómetros de saúde. Combatendo o sedentarismo.

 

QUILÓMETROS DE SAÚDE

“Combatendo a pandemia da obesidade e o sedentarismo”

QUE IMOS FACER?

A actividade consiste en realizar semanalmente  e durante a xornada lectiva, andainas pola variante  espiritual do Camiño de Santiago.

 

CALES SON OS OBXECTIVOS DA PROPOSTA?

 

Aumentar o nivel de actividade física do alumnado,  que se viu mermado polas restricións derivadas da pandemia.

Favorecer  hábitos de vida saudables e mellorar a capacidade física, para facer fronte a “outra pandemia” da sociedade actual:  a obesidade e o sedentarismo.

Motivar ao alumnado a superarse  semana  a semana, mellorando a súa autoestima e autoconcepto.

Promover actividades físicas e lúdicas  no exterior, cumprindo cos protocolos sanitarios establecidos.

Valorar o patrimonio cultural e natural  da contorna  ao tempo que se traballa o Camiño de Santiago, que forma parte do PDI da escola para este curso.

 

QUE DÍA/-S IMOS CAMIÑAR?

5 Anos e 1º de Primaria: XOVES.

2º, 3º e 4º de Primaria: LUNS  e MÉRCORES.

5º e 6º de Primaria: MARTES  e VENRES.

 

MATERIAL NECESARIO:

Chándal e/ou roupa para realizar actividade física.

Débese prestar especial atención a que o calzado e zapatillas deportivas  sexan adecuadas.

Botella de auga.

Camiseta  de recambio.

Gorra e crema solar, especialmente nos días moi solleiros.

Benvidos ao CEIP Plurilingüe San Bartolomé

  

Preme na imaxe- No vídeo poderás coñecer a nosa oferta educativa.

Solicitudes admisión alumnado curso2021-2022

Infórmase de que foron admitidas todas as solicitudes presentadas durante o período de admisión.

Comunicarase o prazo de apertura de formalización de matrícula e a documentación que deberá ser presentada cando se dispoña da información. Grazas.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS, MARTES 23 DE FEBREIRO

Visítanos na xornada de portas abertas e coñece a nosa oferta educativa, programas de innovación e instalacións do centro.

O prazo de presentación de solicitudes de alumnado de NOVA ADMISIÓN será do 1 ao 20 de marzo

Por cuestións de organización e seguindo as medidas de seguridade do protocolo COVID do centro, pregamos confirmen asistencia telefónicamente.

Boletíns de notas

Debido á situación de adaptación á COVID-19 o boletín de notas poderá consultarse unicamente a través de AbalarMóbil, agás excepcións xustificadas segundo criterio da dirección.

Estarán dispoñibles o venres días 26 de marzo a partir das 12:00h.

Axudas adquisición de máscaras alumnado

Infórmase da convocatoria para a solicitude de máscaras para o alumnado de E. Primaria, regulado pola Orde do 6 de novembro de 2020.

NON terá que presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

Terá que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algún dos seguintes requisitos:

- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros.

- Alumnado matriculado en educación especial.

- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

O prazo de solicitude remata o 27 de novembro. Os impresos deberán presentarse en conserxería de 12:30 a 13:00h mantendo as medidas hixienico- sanitarias pertinentes.

Premer no arquivo adxunto para imprimir o formulario.

 

O NOSO COLE RESULTOU GAÑADOR DO II CONCURSO DE PODCASTS RADIO NA BIBLIO

O noso cole gañou o premio no II Concurso de Podcasts- Radio na Biblio cun podcast creado con motivo da visita do escritor Antonio García Teijeiro. Fíxose un traballo previo importante  a ese día  desde as diferentes áreas para coñecer, por unha banda, a este autor, a súa obra... e, pola outra, a elaboración dun programa de radio dentro do noso proxecto relacionado cos medios de comunicación. 

Nesta ocasión, os encargados de entrevistar na nosa radio a Antonio García Teijeiro foron Saúl, Breixo e Lucía. Dámoslles a noraboa a todos.

Podes volver a escoitar o podcast no seguinte enlace da nosa canle de Ivoox.

https://www.ivoox.com/antonio-garcia-teijeiro-radio-chans-audios-mp3_rf_57581618_1.html

HORARIOS CURSO ESCOLAR 2020-2021

Nos seguintes documentos adxuntos poderán visualizar e descargar os horarios dos grupos para o presente curso 2020-2021

ALMORZOS SAUDABLES

DESCARGA O DOCUMENTO ADXUNTO

GUÍA PROTOCOLO COVID-19

Premer no adxunto para visualizar a guía/resumo do protocolo COVID-19 da Xunta de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut