Infórmase da apertura do prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros e de material escolar para o vindeiro curso 2020-2021.
Deberán presentar as solicitudes xunto coa documentación necesaria ata o 19 de xuño preferiblemente vía telemática a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ e de forma excepcional no centro educativo en horario de 10:00h a 11:00h. NON SE PERMITIRÁ O ACCESO SEN MASCARILLA. As solicitudes entregadas no centro estarán EN CUARENTENA durante un período de 15 días, polo que deberán ter en conta este aspecto para a contabilización dos prazos.
As listaxes provisionais de admitidos xeraranse o XOVES 2 de XULLO e as definitivas o martes 7 de XULLO. O prazo de reclamacións será do 3 ao 6 de XULLO, ambos inclusive.
Neste enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200519/AnuncioG0534-120520-0003_gl.html poden consultar os requisitos da convocatoria.
Un saúdo