Skip to Content

ENTROIDO 2024

O vindeiro día 9 DE FEBREIRO imos levar a cabo a celebración do Entroido na escola. 

Este curso romperemos coa tónica habitual dos últimos anos nos que a temática dos disfraces versaba sobre o PDI do centro. Nesta ocasión imos realizar un Concurso Libre de Disfraces para o que establecemos 4 categorías e un premio especial.

DISFRACE INDIVIDUAL

DISFRACE PARELLAS

DISFRACE GRUPAL (3 ou máis participantes)

DISFRACE FAMILIAR (mínimo un alumno/a e un familiar)

- *PREMIO ESPECIAL: DISFRACE ECOLÓXICO (realizado con materiais reciclados).

       Para participar é necesario desfilar ante o público asistente e valorarase moi positivamente a realización dun baile, coreografía ou calquera outro tipo de actuación que favoreza a caracterización do disfrace ou que anime o concurso.

As inscricións realizaranse na conserxería ata o día 6 de FEBREIRO indicando o nome do participante e/ou grupo, modalidade e canción coa que van concursar.

Só se poderán anotar nunha única modalidade.

O premio especial ECOLÓXICO será para aquel disfrace ou disfraces que se elaboren con materiais xa usados ou tomados do medio natural.

O xurado estará composto por unha mestra, un mestre, un pai, unha nai e a conserxe da escola.

Tamén se lles solicita ás familias que nesta xornada os nenos e nenas traian doces típicos do entroido (filloas, orellas, flores etc. ) para compartir durante a festa posterior ao concurso de disfraces.

 O horario previsto para o comezo do desfile é ás 11:00 horas podendo sufrir modificación en función do número de participantes no concurso. 



book | by Dr. Radut