Skip to Content

Oferta educativa

O NOSO CENTRO

 

 

 

PROGRAMAS E PLANS

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional oferta una serie de programas de innovación nos que os centros participan de xeito voluntario, e sempre que cumpran uns requisitos de formación e compromiso por parte do profesorado, razón pola que non tódolos centros temos a mesma oferta educativa.

 

 No CEIP Plurilingüe   San Bartolomé apostamos polo fomento das linguas, tanto propias como estranxeiras, o traballo colaborativo, a conciliación familiar e os hábitos saudables. Por este motivo levamos a cabo proxectos e programas que nos permitan potenciar todos estes aspectos.

Ofrecemos  ás familias os servizos  de PLAN MADRUGA (gratuíto) e COMEDOR ESCOLAR  

     

     SECCIÓNS BILINGÜES       

 

En qué consiste?

 Este programa supón o ensino dunha materia non lingüística que se cursa dun xeito bilingüe nunha lingua cooficial (galego/castelán) e nunha lingua estranxeira (inglés) utilizada como mínimo durante o  50 % do horario lectivo de cada materia.

Quen participa?

No noso centro van dirixidas a todo o alumnado de Primaria e son impartidas por profesorado especialista en lingua inglesa ou coa correspondente certificación oficial de nivel B2. A materias nas que se imparte a sección bilingüe é Educación artística-plástica.

O feito de impartir unha materia bilingüe dende 1º curso ata o final da etapa de primaria supón que pasemos a formar parte da Rede de Centros Plurilingües de Galicia (dende o curso 2018-2019), o cal nos reporta algunhas ventaxas para o noso alumnado, como a prioridade para contar con auxiliares de conversa ou participación nos Programas de Inmersión Lingüística convocados pola Consellería (English week)

 AUXILIARES DE CONVERSA   

 

En qué consiste?

Programa complementario de apoio e colaboración de profesorado nativo prioritariamente nos Centros Plurilingües, Seccións Bilingües e Escolas Oficiais de Idiomas para posibilitar a práctica da conversa oral, proporcionar un modelo de corrección lingüística e achegar o alumnado e profesorado á cultura do seu país

Quen participa?

Un/unha auxiliar de conversa nativo/a, a mestra que imparte as seccións bilingües, a mestra especialista que imparte a materia de inglés no centro, o alumnado participante nas seccións bilingües e o resto do profesorado do centro en sesións de conversa en inglés coa persoa nativa

 

PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA 


En qué consiste?

Actividades de formación que se desenvolverán durante o curso escolar, nun centro residencial situado en Galicia, en réxime de internado , para a mellora da comunicación oral co apoio de profesorado nativo en lingua inglesa, de xeito que lles permita desenvolverse nunha contorna real e complementar esta formación con actividades de carácter cultural.

Quen participa?

Dirixido ao alumnado de 6º de primaria, acompañados d@ mestr@ especialista de inglés.   

    FRANCÉS

 

En qué consiste?

É una  “materia de libre” configuración para 4º e 6º curso,  elexidas polos centros  atendendo a criterios pedagóxicos debidamente xustificados e autorizadas pola inspección educativa.

No noso centro apostamos polo fomento das linguas, tanto as propias como estranxeiras. O francés será una materia obrigatoria na ESO, polo que plantexamos un achegamento a esta lingua ,dun xeito lúdico e informal. nos últimos cursos de primaria.

Quen participa?

As materias de libre configuración van dirixidas a 4º e 6º e dende a biblioteca fomentamos a lectura nesta lingua en 5º curso

       

PROXECTO ABALAR 

 

En qué consiste?

Abalar é o proxecto  para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia.  O proxecto ABALAR dota ós centros de equipos informáticos consistentes en: un portátil de aula para o profesor, un encerado dixital interactivo (canón proxector e pantalla) e un ordenador portátil para cada alumno-a participante.

Quen participa?

Vai dirixido a 5º e 6º curso de primaria e ESO, naqueles centros que o soliciten e cumpran os requisitos pertinentes.

No CEIP Plurilingüe San Bartolome son aulas ABALAR 5º e 6º de primaria e participan os mestres titores e os especialistas que imparten algunha materia nestes cursos.       

 

PLAN PROXECTA 

 

 O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave. Consta de varias modalidades:

ALIMÉNTATE BEN

 FROITA NA ESCOLA

En qué consiste?

Esta programa pretende a mellora dos hábitos alimenticios do alumnado. Consta de varias modalidades, sendo una delas FROITA NA ESCOLA.

 Esta modalidade ten por obxecto o fomento do consumo de froita entre o alumnado de 3 a 16 anos de centros escolares. Nesta modalidade ofrécese froita fresca fresca gratuíta que se achegará aos centros nos períodos determinados e repartirase na hora do recreo

Quen participa?

Todo o alumnado do centro de educación infantil e primaria 

 

DEPORTE NA ESCOLA     

 

  Dentro o Plan Proxecta, coa colaboración da  Secretaría Xeral para o Deporte-Fundación deporte galego     

Ten como finalidade a incorporación de hábitos de vida activa e saudable, a través da práctica regular de actividade física, exercicio físico e deporte nos centros educativos.

En qué consiste?

O programa inclúe un conxunto de accións para promover a actividade deportiva e lúdica, coñecer diferentes clubes , educar en valores deportivos, convivencia entre centros e coñecer xogos populares adquiridos na idade escolar .

Quen participa?

Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso, o mestre especialista de Ed. Física e o profesorado titor.

 

 PLAN MADRUGA    

                       

En qué consiste?

Acollida do alumnado no centro  antes do comenzo da xornada lectiva (08:00 a 09:00).

GRATUÍTO

 Quen participa?

Promove a ANPA e colabora o Concello aportando o persoal encargado da atención aos nenos/as. Pode asistir todo o alumnado do centro, tanto de E. Infantil como E. Primaria.

 

 

VOZ NATURA 

 

 

 En que consiste?

É un programa de educación medioambiental posto en marcha pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre no curso 1997/1998. O seu obxectivo é implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da naturaleza da nosa terra.

Quen participa?

Todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria. Para levar a cabo este proxecto contamos coa axuda e asesoramento de diversas entidades, como a ANPA e a Comunidade de Montes de Tremoedo.

 

PLAN LÍA

O Plan LÍA  de bibliotecas escolares para a Lectura, a Información e a Aprendizaxe integra todas as actuacións da Consellería,a prol das bibliotecas escolares para a mellora das competencias de lectura, escritura e habilidades investigadoras e de uso da información do alumnado galego. 

Dentro deste plan hai varias actuacións, das que o noso centro está a partcipar en dúas delas: PLAMBE e RADIO NA BIBLIO

PLAMBE

   En que consiste?

    O centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, para fomentar o gusto pola lectura no alumnado e a utilización da biblioteca como centro de recursos e aprendizaxe.

   Quen participa Todo profesorado, o alumnado de E. Infantil e E. Primaria,as súas familias e toda a comunidade educativa

 

 RADIO NA BIBLIO

En qué consiste?

Este programa pretende estimular o desenvolvemento do modelo de biblioteca cara a "centros creativos de aprendizaxes" e promover a creación de emisoras/laboratorios de radio nas bibliotecas escolares, co fin de favorecer e apoiar proxectos de educación . Búscase, así mesmo, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado.  

 

Quen participa?

Todo o alumnado do centro de educación infantil e primaria, profesorado, familias, comunidade educativa en xeral, convidados do ámbito educativo (cultural, científico,…)

 

 CONTRATOS PROGRAMA

En qué consiste?

Pretende potenciar o desenvolvemento das competencias clave, así como a mellora da convivencia nos centros,  así como a promoción da atención educativa para a compensación de desigualdades na educación para contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia.

 

Quen participa?

Inclúense neste plan: REFORZA-TE (PROA), dirixido ao alumnado de 33, 4º, 5º e 6º que precisen un reforzo educativo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut