Skip to Content

Novas

RETOMAMOS AS ANDAINAS

A partires da vindeira semana, sempre que o tempo o permita, retomaremos as saídas pola contorna, dentro do programa VIDA ACTIVA E DEPORTIVA, coa finalidade de:

Aumentar o nivel de actividade física do alumnado .Favorecer  hábitos de vida saudables e mellorar a capacidade física, para facer fronte a “outra pandemia” da sociedade actual:  a obesidade e o sedentarismo.

Coñecer a contorna de xeito lúdico.

Cada grupo sairá un día a semana nas seguintes quendas:

LUNS: 3º-4º

MÉRCORES: 1º-2º

VENRES: 5º-6º

Os rapaces deberán traer roupa e calzados axeitado, gorra e crema solar, especialmente os días solleiros e unha botella de auga

.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2024

Lembramos algúns dos momentos desfrutados na xornada de portas abertas, nas que as familias e o alumnado compartiron actividades, experiencias, xogos, ...

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro mércores 28 de febreiro terá lugar unha xornada de portas abertas durante o horario lectivo, ao que poderán asistir todos os membros da comunidade educativa para observar e participar, se así o desexan, nalgúns dos talleres, obradoiros e actividades que xa se veñen levando a cabo no centro dende hai algúns anos.

Aqueles aos que non lles sexa posible acudir en horario de mañá, serán recibidos o martes 27 ás 4:30.

Para calquera dúbida poñédevos en contacto co centro.

Agardámosvos!

ENTROIDO 2024

O vindeiro día 9 DE FEBREIRO imos levar a cabo a celebración do Entroido na escola. 

Este curso romperemos coa tónica habitual dos últimos anos nos que a temática dos disfraces versaba sobre o PDI do centro. Nesta ocasión imos realizar un Concurso Libre de Disfraces para o que establecemos 4 categorías e un premio especial.

DISFRACE INDIVIDUAL

DISFRACE PARELLAS

DISFRACE GRUPAL (3 ou máis participantes)

DISFRACE FAMILIAR (mínimo un alumno/a e un familiar)

- *PREMIO ESPECIAL: DISFRACE ECOLÓXICO (realizado con materiais reciclados).

       Para participar é necesario desfilar ante o público asistente e valorarase moi positivamente a realización dun baile, coreografía ou calquera outro tipo de actuación que favoreza a caracterización do disfrace ou que anime o concurso.

As inscricións realizaranse na conserxería ata o día 6 de FEBREIRO indicando o nome do participante e/ou grupo, modalidade e canción coa que van concursar.

Só se poderán anotar nunha única modalidade.

O premio especial ECOLÓXICO será para aquel disfrace ou disfraces que se elaboren con materiais xa usados ou tomados do medio natural.

O xurado estará composto por unha mestra, un mestre, un pai, unha nai e a conserxe da escola.

Tamén se lles solicita ás familias que nesta xornada os nenos e nenas traian doces típicos do entroido (filloas, orellas, flores etc. ) para compartir durante a festa posterior ao concurso de disfraces.

 O horario previsto para o comezo do desfile é ás 11:00 horas podendo sufrir modificación en función do número de participantes no concurso. 

ADMISIÓN A CENTROS ADSCRITOS PARA O CURSO 2024-2025

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

III CONCURSO UGLY SWEATER

Un ano máis celebramos o concurso de xerséis de nadal. Toda a comunidade educativa está convidada a participar.  Haberá premios para os máis divertidos e orixinais.

Esperámosvos o vindeiro día 21 de decembro!

MATERIAL PARA O CURSO 2023-2024

Poden consultar ou descargar as listaxes de material para cada curso no documento PDF adxunto.

Novas inicio de curso 2023-2024

Infórmase de que o día 11 de setembro comezarán as clases en horario extraordinario de 09:00h a 13:00h.

Ese día haberá servicio de transporte escolar adaptado a este horario para o alumnado usuario.

Por outra banda, recórdase que o venres 8 de setembro ás 12:30h terá lugar a reunión para as familias de E. Infantil coas titoras. As reunións para o resto de grupos realizaranse no mes de outubro despois das avaliacións iniciais e darase aviso por este medio.

HORARIO PERÍODO DE ADAPTACIÓN

11, 12 E 13 de setembro de 09:00 a 11:00h

14 e 15 de setembro de 09:00 a 12:30h

As familias que soliciten a atención a tempo completo deberán cumprimentar unha circular que deberán solicitar no centro.

Bo inicio de curso a todos.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024

No documento adxunto poden consultar e descargar as listaxes de libros de texto para o vindeiro curso

Distribuir contido


by Dr. Radut