Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Outubro: mes das bibliotecas

 

Día das Escritoras 2020

Gráfica Día de las Escritoras

A Biblioteca Nacional de España celebra a quinta edición do Día das Escritoras, unha iniciativa que a BNE organiza en colaboración coa Federación Española de Mulleres Directivas, Ejecutivas, Profesionales e Empresarias (FEDEPE) y coa Asociación Clásicas e Modernas co obxectivo de reivindicar a labor e o legado das escritoras ao longo da historia. 

Este ano celebramos por vez primeira no noso centro o Día das Escritoras, que será o vindeiro luns 19 de outubro. Unímonos así á iniciativa da BNE e secundada polas Bibliotecas Escolares galegas, preparando para a ocasión unha serie de textos de escritoras diversas que serán lidos e traballados dende varias materias e departamentos didácticos.

Nesta quinta edición, o tema elixido é O esforzo cotián das mulleres, e nalgunha das actividades preparadas dende o Equipo de Biblioteca, ceñímonos máis estreitamente a esta temática, aínda que noutras, por necesidades de axustarnos aos temarios das materias, demos preferencia ao coñecemento a través da lectura das escritoras propostas. Velaquí a lista das nosas homenaxeadas: 

 Na aula:

 O desequilibrio entre escritores/-as (artigos): ITI 

 

Na rede :

Video Día de las Escritoras (Muy Historia)

Bibliotecas Escolares de Galicia: Día da Escritoras 2020

BNE: Día de las Escritoras 2020

 Artigo:

Grandes escritoras de la historia

Escribir una obra bajo un pseudónimo masculino hace que sea 8 veces más publicable

Noutras bibliotecas:

Biblioteca Nacional de Francia (BNF): Femmes de lettres 

 Eugène-Samuel Grasset, Dix estampes décoratives : Anxiété. G. de Malherbe, 1897

 

 

 

Do Día das Escritoras ao Día das Bibliotecas (24 outubro)

– O peso da representación feminina nos libros

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

Fonte: Asesoría de Bibliotecas Escolares, 24 de outubro, Día das Bibliotecas, de todas as bibliotecas.

Este ano, dende o Equipo de Biblioteca do noso centro, imos continuar a celebración da figura da muller no mundo do libro, estendendo o Día das Escritoras ata a semana do 24 de outubro, Día das Bibliotecas, fusionando coñecemento da biblioteca escolar, formación de usuarios e toma de conciencia do papel das escritoras nela.

Para iso, e dende as materias de ITI e V. Éticos, estamos a facer o reconto pormenorizado de todos os fondos da nosa biblioteca, (ver ficha) desglosando entre autores (homes) e autoras (mulleres), coa fin de obter unhas estatísticas dos materiais donosos andeis que se poderán contrastar coas do Ministerio de Cultura e Deporte (Estadística de la Edición Española de Libros con ISBN), para afondar na nosa análise e reflexión sobre a representación feminina na nosa biblioteca. (E, por extensión, no mundo do libro e da cultura, en xeral).

Balkenwaage.jpgAnimamos dende esta perspectiva á revisión das porcentaxes de escritores e escritoras dos listados de lecturas das materias de LC, LG e LF coas xefas de departamento, e...          podemos asegurar que o abismo presentouse claro, en maior ou menor medida. De ahí a tomar cartas no asunto, todo vai unido... polo que continuaremos ao longo de todo o curso visualizando ás escritoras, e levando a cabo (a situación así o esixe) unha política de discriminación positiva, a fin de reequilibrar un pouco a balanza.

 

 

 

AdxuntoTamaño
Do Día das Escritoras ao das Bibliotecas-out20.pdf109.26 KB


page | by Dr. Radut