Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Novas

Xa temos gañador!

Hoxe o alumnado de 3º de ESO fixo o sorteo da cea para todas as persoas que quixeron colaborar con eles para iren de excursión. Un dos rapaces do grupo foi o encargado de sacar a cegas a papeleta dunha urna. Parabéns para o afortunado!

Información Covid-19

Comunícaselle a toda a comunidade educativa a existencia de algún caso activo de covid no noso centro. É importante non acudir ao centro se presentamos síntomas e avisar canto antes se damos positivo.

___________________________________________________________________

O Ministerio de Sanidade vén de publicar os novos protocolos de xestión epidemiolóxica en centros educativos, dos que destacamos a seguinte información:

- As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento.

- Nin o alumnado, nin o persoal do centro, en ningún caso require de proba algunha para reincorporarse ao centro.

- A definición e contacto estreito non variou: persoa que pasa máis de 15 minutos a menos de 2m dun caso positivo ata as 48h antes da consideración de inicio da enfermidade (inicio de síntomas ou toma de mostra para proba diagnóstica) sen uso axeitado de medidas de protección (máscara).

- O persoal docente e non docente, así como o alumnado de 12 ou máis anos, que teña a consideración de contacto estreito seguirá as indicacións de corentena que se propoñen para a poboación xeral de acordo á Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control, publicada o día 30 de decembro de 2021. Así, as persoas con pauta vacinal completa, salvo as excepcións previstas no documento citado, non terán que facer corentena.

Se o seu fillo/a dá positivo nun autotest deben cubrir esta declaración responsable para informar ás autoridades sanitarias.

Inicio do curso 2020/21

  • As clases comezan o 16 de setembro e de xeito gradual seguindo o horario normal do centro, entre as 8:40 e as 14:10. O 16 volverán ás aulas os/as alumnos/as de 1º e 2º de ESO; o día 17 de setembro farano os/as de 3º de ESO, e finalmente o día 18 incorporarase o alumnado de 4º de ESO.
  • Haberá transporte escolar, nas paradas habituais.
  • As clases rematarán o 22 de xuño de 2021.

Materiais curriculares para o curso 2020/21

Libros de texto e outros materiais para 1º de ESO ·· 2º de ESO ·· 3º de ESO·· 4º de ESO.

Matrícula para o curso 2020/21

Prazos

• Prazo ordinario: (para o alumnado que aprobe todo en xuño) do 1 ao 10 DE XULLO con cita previa

• Prazo extraordinario: (para o alumnado que non se matriculase en xuño) do 1 ao 10 DE SETEMBRO con cita previa

Documentación

1º de ESO

  • Solicitude de matrícula
  • DNI do/a alumna e dos/as pais ou titores legais
  • Tarxeta sanitaria
  • Libro de familia
  • Permiso para usar ordenadores ABALAR
  • Permiso de imaxe de menores
  • Permiso para compartir fotos de actividades académicas

O día que veñan formalizar a matrícula faráselles unha foto, polo que non cómpre facela.

2º de ESO

  • Solicitude de matrícula
  • Permiso para usar ordenadores ABALAR
  • Permiso de imaxe de menores
  • Permiso para compartir fotos de actividades académicas

3º e 4º de ESO

  • Solicitude de matrícula
  • 1,12 € (seguro escolar) Este curso por mor da pandemia COVID-19 será o alumnado quen entregue esta cantidade en setembro
  • Permiso de imaxe de menores
  • Permiso para compartir fotos de actividades académicas

TODOS/AS

  • En caso de separación ou divorcio dos pais: fotocopia da sentenza onde conste quen exerce a patria potestade e custodia do/a menor

Para descargar o impreso de matrícula e os de permisos prema aquí.

 

Alerta de nivel laranxa por refachos de vento durante o día 14 de marzo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores aos 100 km/h, que comezará nas primeiras horas do mércores día 14.03.2018 e prolongarase ata a tarde/noite de dito día. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña, provincia de Pontevedra, sur de Ourense, noroeste de Ourense, montaña de Ourense, A Mariña lucense, centro de Lugo e montaña de Lugo.

 Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

 - A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas, con seguimento das condicións climáticas.

Para o IES Lamas de Castelo non se toma ningunha decisión adicional.

Nota informativa

Escola de nais e pais: Adolescentes e novas tecnoloxías

O LUNS 12 DE MARZO ás 18:15 horas terá lugar no IES Lamas de Castelo unha charla sobre adolescentes e novas tecnoloxías.

Esta charla forma parte da escola de nais e pais que organiza o Departamento de Orientación do IES Lamas de Castelo e será impartida por Sergio García Vázquez (do Plan director para a mellora da convivencia e a seguridade nos centros educativos).

Folga xeral do 8 de marzo

Para o 8 de marzo está convocada unha folga de carácter xeral con ocasión da celebración do día da muller traballadora. Informamos do seguinte:

Por parte do alumnado non se comunicou a vontade de participar nesta folga.

Si hai profesorado que participará nunha das dúas modalidades: folga de todo o día e paro de 12:00 a 14:00. A atención ao alumnado está garantida.

En relación ao transporte escolar, recibimos comunicación de que se han manter como esenciais os servizos de entrada aos centros desde as 7.30 ata as 10.30 horas e os de saída desde as 13.30 ás 19.00 horas.

 

Fenómeno meteorolóxico adverso - 10 de xaneiro

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA, durante o día 10 de xaneiro de 2018, a partires das 9:00 h ata as 19:00, por fortes rachas de vento, que afectarán ás zonas de predición meteorolóxica Coruña Noroeste e Mariña Lucense. Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión de actividades no exterior e extraescolares o día 10 de xaneiro de 2018 nos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica da Coruña Noroeste e Mariña Lucense.

O IES Lamas de Castelo está situado na zona de predición meteorolóxica da Coruña Oeste, que comprende os concellos de Camariñas, Cee, Dumbría, Mazaricos, Vimianzo, Carnota, Corcubión, Fisterra, Muxía e Zas, polo que NON se ve afectado por esta suspensión de actividades.

Porén, recomendamos que se estea sobre aviso por se se producen cambios nas próximas horas.

 

Actividades de fin de trimestre

As actividades lectivas rematan o xoves 21 cunha viaxe a Vigo (Casa do Mar, para ver o Pergamiño Vindel) e a Compostela (Cidade da Cultura). O alumnado recibirá as cualificacións do primeiro trimestre antes da partida. As clases retómanse o luns 8 de xaneiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut