Club de lectura
Recomendacións polo Día do Libro
Estas son as recomendacións dos profesores integrantes do club de lectura para o 23 de abril, Día do Libro. Agardamos que gostedes
Fosforescencias, de Lupe Gómez. Ed. Alvarellos, 2019 Trátase dun libro difícil de clasificar, escrito nunha prosa poética que ao inicio sorprende moito pero logo engancha dunha maneira rotunda. Como a propia autora di é unha colección de cartas que xorde “cando xa ninguén escribe cartas a man”e ela presenta a súa correspondencia con amizades e diversas personalidades do mundo da escrita e da cultura de Galicia. Ao inicio da lectura, dá a sensación de seren cartas ficticias, en parte polo barrio onde viven os destinatarios das mesmas, pero en breve xa un se decata de que son reais e auténticas. Recomendo este libro porque, por un lado, axuda a coñecer máis á autora, pero tamén a outras persoanalidades da cultura cos que mantén a correspondencia, entre elas, Xosé Neira Vilas, Emma Pedreira, Manuel Rivas, Yolanda Castaño, Emilio Araúxo ou Francisco Pillado. Por outra banda, é unha lectura que durante o confinamento axuda moito e inspira, fomenta as ganas de escribir cartas, retomar o correos coas persoas das que estamos afastados fisicamente. Mariluz, LG |
|
A peste, de Mario Camus. Ed. en galego de Hugin e Munin, 2018. Esta novela vén perfecta para estes tempos, pois invita á reflexión sobre como o ser humano é capaz de facer fronte e ata superar o mal, ao tempo que afonda na importancia das actitudes individuais e colectivas na loita contra o sufrimento. A novela sitúanos en Orán, na década dos corenta do século XX, onde as ratas mortas enchen paseniño as rúas a medida que van estendendo a enfermidade. Tras moitas reticencias, as autoridades deben recoñecer o espallamento da praga e pechar as portas da cidade... "A miña recomendación... pois non é precisamente de literatura xuvenil, pero si que vén a conto!!" Macías, matemáticas. |
Lecturas para tempos de confinamento
A actividade presencial do club de lectura viuse interrumpida polo confinamento, debido á pandemia da COVID-19. Sen embargo, a rede ofrécenos múltiples recursos para saciar a nosas ganas de ler, aí van unhas recomendacións de portais/páxinas que facemos desde o club:
1. Gálix ofrécenos "Recursos abertos con moita LIX": contos, libros para descargar, tradición oral, radio, pódcasts...
2. Galicia Le, é unha a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que nos dá acceso libre aos seus catálogos só con rexistrarnos.
3. A biblioteca do Concello de Oleiros ofrece sempre múltiples recursos.
4. Audiolibros da Biblioteca Cervantes.
5. E finalmente, a Biblioteca Ánxel Casal, de Compostela, ofrécenos múltiples recomendacións, estas en concretos para o Dïa do libro.
Desfrutade da lectura!
Preguntas para Gemma Lienas e chapas do club
Mañá, 12 de marzo, vén ao noso instituto Gemma Lienas, a autora do primeiro libro que limos no club. É por iso que decidimos pór en común as preguntas que cada quen redactou para facerlle á poñente. Ademais, acordamos facer un cartaz para colgar na biblioteca, que poña "Benvida Gemma Lienas", e ademais unhas chapas para os integrantes do club, cos lemas "Eu lin a Gemma Lienas" e "Eu son do club de lectura". Ademais, acordamos traer para a vindeira xuntanza propostas de nomes para o club de lectura.
Reunión do club: próxima novela
O 6 de marzo, no recreo, volvímonos reunir os membros do club de lectura do instituto para repartir os libros da nova novela que imos ler, O imposible de desatar, de Iván García Campos. Na semana próxima volverémonos reunir para preparar unha serie de actividades relacionadas coa presenza de Gemma Lienas no centro, a autora do último libro que limos no club.
Participación do club de lectura no recital poético polo Día de Rosalía
O 28 de febreiro, con motivo do Día de Rosalía, varios membros do club de lectura do instituto fixeron parte do recital poético que organizaron as tamén compañeiras do club e responsables da Biblioteca Escolar, Renée e Mariluz. Ao final, foi tan grande a participación que tivemos que coller parte do recreo para rematar o programa. Os nosos parabéns aos organizadores e participantes!
RECITAL POÉTICO
28 de febreiro de 2020, 3ª hora: de 10:20 a 11:10 (recreo)
GRUPOS |
RECITAN |
|
Todo o alumnado no vestíbulo |
Presentación xeral: Mariluz, Renée Lectura dun fragmento do manifesto de Daniel Asorey para a AELG.
|
|
Profesorado no centro a 3ª hora:
Elda Eva Iago Luisa Macías Marian Maribel Mariluz Mariña Renée Roberto Susana Uxío Xosé |
1º bloque: De Rosalía, Follas Novas Ita Beiro (Axencia de Lectura Municipal - Biblioteca): “Vanidade”- Follas Novas Noemí Abajo (Concello de Carnota - Cultura) Eva Sampedro: ““Miña casiña, meu lar”” de Follas Novas Agustín: “Hoxe ou mañán, quen pode dicir cando?”- Follas Novas Eva: “Xan”- Follas Novas Benito: “Sin niño”- Follas Novas Nardo: “Cando un é moi dichoso”- Follas Novas Lúa: “Que pasa ao redor de min?” e “Cando era tempo de inverno”- Follas Novas |
|
2º bloque: De Rosalía, Lieders e Cantares Gallegos Paula, Andrea, Antía, Mariña e Claudia: “Lieders” Xoán, Brais e Xoel: “Adiós ríos, adiós fontes”, de Cantares Gallegos María e Manuel: “Cantan os galos pró día”, de Cantares Gallegos Mariluz e Renée: “Miña Santiña, miña Santasa”, de Cantares Gallegos |
|
|
3º bloque:outros poetas galegos (alumnado 3º) Uxío: “Paxaros” de Xosé Neira Vilas, en Cantos á natureza. Carlos: “A ovella número sete non quere que a conten”, de Marilar Aleixandre, Ovella descarreirada. Noa e Ángela Gª: “Facendo rabos ás culleres” de Marilar Aleixandre. Saray: un poema deMar de Lira, de Francisco Fernández Naval |
|
|
Alumnado de 3º e 4º |
4º bloque: poesía en castelán Oliva: “Me gusta cuando callas”, de Pablo Neruda. Paula: “La paloma”. Rafael Alberti. Mariña: Rima XXX, de Gustavo Adolfo Bécquer. Anxo, Agustín e Nardo: “Poderoso caballero es don dinero” de Francisco de Quevedo Lúa:Proverbios y cantares (XXIX), de Antonio Machado / “Siempre rimando” |
|
Profesores e alumnado de francés/ latín |
5º bloque: Poesía variada Susana: “La energía” , de Andrés Neuman Macías: "As nosas derrotas non demostran nada", de Bertol Brecht Luisa: poema “sorpresa”: "En una cajita de fósforos", de María Elena Walsh Alumnado de francés, na orde establecida pola profesora: “Fugue”de Louis Aragon; “J’écris”, de Geneviève Rousseau; “Mon cartable”, de Pierre Gamarra e “Les mois”, de Maxime Huaulmé. Alumnado de latín de 4º: Omnia sol temperat |
|
Reunímonos para debater sobre "Así es la vida, Carlota"
Pódese dicir que esta é a primeira reunión oficial do club de lectura do IES Lamas de Castelo, xa que é na que debatemos e analizamos a primeira obra que limos: Así es la vida, Carlota de Gemma Lienas. Houbo opinións para todos os gustos, desde aqueles que lles pareceu moi "repetitiva" ata outros que quedaron con ganas de ler outro libro da serie. Ademais, a coordinadora da Biblioteca Escolar e profesora de Francés deunos unha sorpresa! Despois de moitas xestións, Gemma Lienas vai vir o 12 de marzo a dar unha charla ao noso centro!
Decidimos tamén quen van ser os encargados de levar a páxina web do club de lectura, que provisionalmente estará integrada dentro da web do centro. Falamos tamén de que, no futuro, estaría ben montar un blog nunha web propia.
Creación do club de lectura do IES Lamas de Castelo
O 20 de xaneiro de 2020, durante o recreo, reunímonos os profesores de Lingua Galega e Literatura, de Francés e de Matemáticas, e un total de 13 a alumnos/as de 3º e 4º de ESO, coa intención de pór en andamento o club de Lectura do IES Lamas de Castelo. Nesta xuntanza, ademais de facer unha lista dos participantes, escollimos entre todos as tres obras que imos ler durante o que resta de curso:
- Así es la vida, Carlota, de Gemma Lienas.
- O imposible de desatar, de Iván García Campos.
- Prohibido suicidarse en primavera, de Alejandro Casona.
Comezamos esta andaina con moitas ganas de aprender conxuntamente!
