Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Recomendacións polo Día do Libro

Estas son as recomendacións dos profesores integrantes do club de lectura para o 23 de abril, Día do Libro. Agardamos que gostedes

 

Fosforescenciasde Lupe Gómez. Ed. Alvarellos, 2019

Trátase dun libro difícil de clasificar, escrito nunha prosa poética que ao inicio sorprende moito pero logo engancha dunha maneira rotunda. Como a propia autora di é unha colección de cartas que xorde “cando xa ninguén escribe cartas a man”e ela presenta a súa correspondencia con amizades e diversas personalidades do mundo da escrita e da cultura de Galicia. Ao inicio da lectura, dá a sensación de seren cartas ficticias, en parte polo barrio onde viven os destinatarios das mesmas, pero en breve xa un se decata de que son reais e auténticas.Camelia en un Sancosmeiro (16887920530).jpg

Recomendo este libro porque, por un lado, axuda a coñecer máis á autora, pero tamén a outras persoanalidades da cultura cos que mantén a correspondencia, entre elas, Xosé Neira Vilas, Emma Pedreira, Manuel Rivas, Yolanda Castaño, Emilio Araúxo ou Francisco Pillado. Por outra banda, é unha lectura que durante o confinamento axuda moito e inspira, fomenta as ganas de escribir cartas, retomar o correos coas persoas das que estamos afastados fisicamente.                             Mariluz, LG

 A peste, de Mario Camus. Ed. en galego de Hugin e Munin, 2018. 

Esta novela vén perfecta para estes tempos, pois invita á reflexión sobre como o ser humano é capaz de facer fronte e ata superar o mal, ao tempo que afonda na importancia das actitudes individuais e colectivas na loita contra o sufrimento. 

A novela sitúanos en Orán, na década dos corenta do século XX, onde as ratas mortas enchen paseniño as rúas a medida que van estendendo a enfermidade. Tras moitas reticencias, as autoridades deben recoñecer o espallamento da praga e pechar as portas da cidade...

"A miña recomendación... pois non é precisamente de literatura xuvenil, pero si que vén a conto!!"   Macías, matemáticas.

 


book | by Dr. Radut