
25 N
O alumnado do centro en contra da violencia contra a muller.

Magosto 2023
A choiva permitiunos disfrutar un ano máis dos xogos tradicionais!

Película e coloquio con Alba Prol sobre "A mestra da escola"

O mércores 4 de outubro recibimos no centro a Alba Prol, directora e guionista da película documental A mestra de escola. O encontro serviu para coñecer mellor como se ideou esta historia e como se fixo realidade, ademais de para aprender como mudou a profesión das mestras rurais ao longo do século XX.
A actividade organizouna o Departamento de Lingua Galega e Literatura e o EDLG para o alumnado de 3º e 4º e o profesorado que quixo sumarse.
A mestra da escola é un documental de xornalismo de investigación histórica e testemuñal sobre as mestras rurais e a historia da educación en Galicia. Dirixido por Alba Prol e producido por Meteórica Cine, está destinado a un público amplo e heteroxéneo, especialmente para a comunidade educativa e para o ámbito familiar. Contou coa colaboración do Museo Pedagóxico de Galicia e producido ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
A AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) e a Xunta incorporaron esta película ao Catálogo Educa Audiovisual para achegar o cine aos centros educativos e facer posible o encontro e o coloquio entre o alumnado e os creadores e creadoras das películas.
Información da reunión para as familias
Aquí tedes un pdf coa información tratada na reunión coas familias.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Información da reunión coas familias 2023-24.pdf | 1.95 MB |
INFORMACIÓN E-DIXGAL PARA AS FAMILIAS
Na seguinte ligazón poden consultar toda a información relativa ao programa EDIXGAL, co cal estamos a traballar neste centro.
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
O prazo de matrícula está aberto dende o día 23 de xuño ata o venres 7 de xullo. Poden realizar a matrícula na secretaría do centro cumprimentando a seguinte documentación:
Materiais curriculares para o curso 2023/2024
O próximo curso 2023/2024 todo o alumnado participará no proxecto E-Dixgal, polo que non haberá libros de texto.
Nas seguintes ligazóns poden consultar os materiais curriculares que precisa o alumnado en función do nivel que curse o próximo ano.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »





