Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




27 Marzo: Promoción da lectura - Día dos Autores Europeos

ImaxeDía dos Autores Europeos

Na web do Portal Educativo da Xunta de Galicia fanse eco dunha nova iniciativa  da Comisión Europea, o Día dos Autores Europeos, para promover a lectura entre a mocidade e dar a coñecer a riqueza cultural e lingüística europea.

O acto será o 27 de marzo de 2023.

En que consiste esta iniciativa? A Comisión Europea fai un chamamento á participación dos centros de ensino secundario de todos os estados membros da UE nun momento de lectura en voz alta dun libro (de autoría europea) de libre elección, compartindo ese momento coa maior cantidade de persoas posible. Nós optamos por facelo nas aulas e/ ou na biblioteca, participando o maior número de materias e departamentos posible. 

Todos os centros educativos estamos convidados á participación activa e a compartir a experiencia no formato que decidamos, enviando un correo electrónico con fotos ou vídeos e unha breve descrición a EAC-DAY-OF-THE- EUROPEAN-Authors@ec.europa.eu. Por iso, sacaremos algunha foto ou vídeo dos momentos de lectura, para compartilo a nivel oficial.

Velaquí algunhas obras e autores/as europeos que lemos nas aulas:

 

8M

Desde este centro apoiamos a loita contra a violencia machista. Por un mundo igualitario!

8M 2023 - Biblioteca

8M 2023 

O tema do #DIM2023: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero 

Hoxe en día a presenza da tecnoloxía e do mundo dixital na vida cotiá é cada vez maior: pedir citas na Administración ou no sistema sanitario, xestionar moitas das operacións bancarias...  Porén un 37% das mulleres do mundo non teñen acceso ás tecnoloxías.

Datos para a reflexión

  • Calcúlase que para o 2050, o 75% dos traballos estarán relacionados coas áreas STEM*. Porén, as mulleres hoxe ocupan apenas o 22% dos postos en intelixencia artificial, por mencionar tan só un sector, e o seu acceso ao mundo dixital é más limitado, particularmente en países en vías de desenvolvemento. (*Polas siglas en inglés de Ciencia-Tecnoloxía-Enxeñería e Matemática) Fonte: https://www.un.org/es/observances/womens-day

Seleccións das bibliotecarias (FR-LG-LC):

Na Internet: 

 

Día de Rosalía 2023: Día da Poesía

Día da Poesía 2023: #cumpriuseaxustiza

Un ano máis celebramos o Día da Poesía e o Día de Rosalía no 23 de febreiro. Seguindo coa convocatoria da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) este ano poñemos o foco na xustiza ou na falta da mesma. O manifesto para esta ocasión foi redactado por Carme Adán e podedes lelo aquí.

Fixemos un recital no centro o xoves 23 febreiro a 3ª hora, no espazo entre a biblioteca e o ximnasio.

Logo, un pequeno grupo de 7 alumnas e alumnos, acompañados polas profesoras e bibliotecarias Mariluz (LG) e Renée (FR) asistiron e participaron no recital poético organizado polo Concello de Carnota no seu salón de plenos.

   

Entroido 2023

Aquí tedes os vídeos das actuacións e despois a galería de fotos.

 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Entroido 2023

Fotos da visita a Cee

O 21 de decembro de 2022 o alumnado do noso IES foi de excursión a Cee. Vimos a película A todo tren 2 no cine. Despois os estudantes matriculados en Relixión visitaron o belén da Igrexa Santa María da Xunqueira onde estaba Román Rodríguez González, conselleiro de Educación. Mentres, o alumnado de Valores Éticos ou Proxecto Competencial visitou o museo Fundación Fernando Blanco de Lema.

-

Álbum: CURSO 2022/23 -> Excursión a Cee

Fotos da visita a Santiago de Compostela

O 28 de outubro de 2022 todo o alumnado foi de excursión a Santiago. Visitamos a catedral entrando pola porta Santa, o Gaiás, o Museo de Historia Natural, o Museo do Pobo Galego, vimos unha película en francés no IES Rosalía de Castro, comemos no centro comercial As Cancelas... Aquí poderás ver as fotos dese día.

Álbum: CURSO 2022/23 -> Excusión a Santiago

Dende o centro apoiamos a todas as nenas e nenos con cancro

Hoxe, 15 de febreiro de 2023, Día Internacional do Cancro Infantil, xuntámonos no recreo para mostrar a nosa solidariedade coas rapazas e rapaces con cancro. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut