Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




CARNOTA CONECTA

Un grupo de alumnas e alumnos de 4º de ESO adentrouse no mundo do emprendemento grazas á inestimable axuda de Javier Boquete, e á colaboración de Pueblos Remotos. O resultado foi a presentación do seu proxecto, Carnota Conecta, a representantes do Concello de Carnota, emprendedores locais, nómadas dixitais, profesorado e familias. 

 
O alumnado de 4º de ESO presentando o proxecto, con Carlos Jonay SS (Pueblos Remotos) e Javier Boquete Agasaio ao centro de parte dos emprendedores locais e nómadas

Xornadas culturais 2024

Do 13 ao 16 de maio celebráronse as xornadas culturais do IES Lamas de Castelo, onde se levaron a cabo numerosas actividades dende os distintos departamentos.

Foi unha semana intensa pero moi produtiva! 

 

 

   

BOLSAS DE ESTUDO MEC 24/25 - CONVOCATORIA XERAL

 O prazo de presentación de solicitudes para as BOLSAS DE ESTUDOS MEC é do 19 de marzo de 2024 ás 9 horas ata o 10 de maio de 2024 ás 15 horas.

Formación para as familias

Dende o IES queremos ofrecer formacións para as familias. Buscamos dar resposta ás inquedanzas ou dúbidas sobre aspectos que poidan ser de utilidade cos vosos fillos e fillas. Só vos levará uns minutos cubrila e será de gran utilidade para planificar futuras actividades. Podedes acceder a ela nesta ligazón á enquisa anónima para as familias

Acreditación da competencia dixital do alumnado

O alumnado de 4º de ESO que titule obterá automaticamente o nivel de iniciación de Competencia Dixital. O alumnado de 4º de ESO tamén pode acreditar o nivel intermedio de Competencia Dixital realizando unha proba voluntaria e gratuita. Para realizar a proba é preciso que cubran o formulario de solicitude (Anexo IV da Resolución) e o entreguen na secretaría do centro antes do 15 de marzo ás 14:10.

A alumna/o debe responder nun tempo máximo de 90 minutos a un total de 60 preguntas referidas a cada unha das cinco áreas de dominio. Para superar a proba específica de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas.

Poden consultar a información completa relativa á acreditación da competencia dixital do alumnado de 4º de ESO aquí.

Matrícula curso 2024/2025

O alumnado que reservou praza neste centro dende algún dos centros adscritos (CEIP Plurilingüe de Carnota ou CEIP do Pindo) ten praza asignada e non precisa realizar o proceso de admisión. O próximo trámite que teñen que facer as familias deste alumnado é formalizar a matrícula no mes de xuño, unha vez rematado o curso. 

Para máis información consultar https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051

Día de Rosalía

Hoxe, 23 de febreiro de 2024, alumnado e profesorado do centro reuníronse para conmemorar o día de Rosalía de Castro facendo lectura de poemas relacionados coa nosa terra, pero tamén con outros temas como o amor, igualdade, etc.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut