Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Excursión de 4º de ESO

Xestión das devolucións

Esta é a carta recibida de Viajes Embajador o 3 de xuño explicando as xestións realizadas para recuperar as cantidades desembolsadas para a viaxe non realizada a Ámsterdam.

Indican que conseguiron recuperar 4.222€ e sinalan os tres servizos que insisten en non pagaren e ofreceren bonos. Ao final fan unha referencia a rifas e obsequios que non se aplica a nós porque non fixemos uso delas.

Os criterios para a devolución serán os seguintes:

1) Devolver en primeiro lugar os cartos achegados directamente polas familias nos días previos á declaración do estado de alarma.
Este diñeiro provén dos aforros das familias e é lóxico que sexa reintegrado na súa totalidade.

2) Co resto da cantidade devolta, repartir de maneira proporcional ao que cada alumno/a recadou durante o curso.

3) Ir facendo a mesma repartición proporcional coas devolucións que vaian chegando.

Durante os próximos días faremos as contas e comunicarémolas individualmente. Para as devolucións será preciso que nos facilitedes un número de conta bancaria, que vos solicitaremos nós.

Epidemia COVID-19

Desde a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional recibiuse a seguinte circular informativa:

 

Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade fannos chegar información relativa ao coronavirus (CORID-19) que resulta de interese para os centros educativos
A continuación transcríbese a información enviada por dita dirección xeral:
 
CORONAVIRUS PARA EDUCACIÓN
 
En relación coa epidemia de coronavirus no norte de Italia (neste momento nas rexións do Piamonte, Lombardía, Veneto e Emilia-Romagna) e, despois de ter coñecemento de viaxes do alumnado de determinados colexios e institutos, tanto públicos coma privados; ou de intercambios de alumnado con este país, pregámosche difundas esta información a todos os centros públicos é privados de Galicia, para que lla acheguen ao alumnado e profesorado que participou ou vai participar neste tipo de viaxe ou intercambio.
As viaxes e intercambios coas rexións afectadas deberían evitarse agás que sexa estritamente necesario facelo.
Toda persoa que viaxe a Italia, ou acabe de chegar de alí, deberá seguir as recomendacións que vos xuntamos de Sanidade Exterior e do Centro de Coordinación de alertas e Emerxencias do Ministerio de Sanidade para que difundades tamén, aínda que no momento actual só se refire aos que veñen de China ou viaxan alí, son igualmente válidas para Italia.
Ademais, xuntamos as ligazóns para información sobre o coronavirus, tanto da páxina de Saúde Pública coma do Ministerio de Sanidade
 
En atención ao anterior, o Ministerio de Sanidade recomenda non viaxar a zonas afectadas, que poden variar co transcurso do tempo, polo que convén informarse dos territorios na páxina web do ministerio.
En relación coas persoas, alumnado e profesorado que retornen de zonas afectadas, a súa actividade será a normal, pero deben mostrar atención a aparición de calquera sintomatoloxía e nese caso poñerse en contacto co 061 ou co 112.
 
Prégase que os centros que teñan previsto viaxar a zonas de risco ou que teñan recibido alumnado e profesorado das zonas de alerta epidemiolóxica sigan atentamente as instrucións das autoridades sanitarias. A información está dispoñible nas páxinas do Sergas e do Ministerio de Sanidade e actualízase con frecuencia.
Para consultas puntuais ou intervención sanitaria 061 ten establecido un número de teléfono de atención.

Viaxe de 2020

Lugar: Ámsterdam

Datas: 26 a 30 de marzo

 

Aclaracións sobre o permiso para viaxar ao exterior

A información procede do sitio web do Ministerio do Interior.

 No caso dos menores que viaxes acompañados de adultos que non exerzan a patria potestade, os axentes de fronteiras teñen potestade para realizar unha inspección minuciosa dos documentos e xustificantes de viaxe a fin de salvagardar a seguranza dos menores e o seu interese superior.

Ademais do DNI (ou pasaporte), os menores precisan dunha declaración asinada de permiso de viaxe fóra do territorio nacional.

Expedición do permiso

Poden expedir este permiso A Garda Civil, A Policía Nacional, os notarios, a Policía Local por delegación do Alcalde.

Declaración

 Só e preciso que se presente un dos proxenitores, que ten que manifestar que conta co consentimento do outro proxenitor.

 Validez

 A autorización de viaxe ten unha validez de 30 días desde o día en que foi expedida.

Cursos anteriores

Cursos anteriores

Estas son algunhas das viaxes de fin de etapa realizadas nos últimos anos:

Distribuir contido


by Dr. Radut