Presentación do curso escolar 2020/21 ás familias

Por mor da situación que estamos a vivir provocada pola Covid-19, este curso a reunión coas familias tamén se adía.

Terá lugar o mércores 14 de outubro, fóra do horario lectivo.

A aula destinada para tal fin será a aula de tecnoloxía (1º andar). Según a previsión solicitada, as horas e as quendas serán as seguintes para garantir a axeitada desinfección:

  • 16.00h - 17.00h: familias de 1º e 2º ESO
  • 17.15h - 18.15h: familias de 3º e 4º ESO

Rógase máxima puntualidade e non esquezades a máscara.

Explicaranse as novas normas de funcionamento e responderemos a calquera dúbida que teñades.

Carteis e sinalización no centro

O IES Lamas de Castelo potenciou o uso de infografías, carteis e sinalización para fomentar o cumprimento das medidas de prevención, hixiene e distanciamento social.

Listaxe definitiva do reparto de Fondo libros

Listaxe definitiva

Publicación da listaxe definitiva do reparto de Fondo libros do curso 2020/21.

A partir de manán martes 15 de setembro comezará o reparto dos libros. Deberán ser recollidos pola persoa que fixo a solicitude ou outra debidamente autorizada.

Será necesario pedir cita previa no seguinte número telefónico: 881867200.

CAMBIOS NO INICIO DE CURSO

O actual Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou hoxe (11/09/2020) o adiamento nunha semana do inicio de curso en secundaria. Mantense o inicio de curso escalonado coa mesma distribución por cursos:

  • 23 de setembro: 1º e 2º ESO
  • 24 de setembro: 3º ESO
  • 25 de setembro: 4º ESO

O horario será de 8.40h a 14.10h e haberá transporte escolar nas paradas habituais.

Amplíase o prazo de entrega da declaración responsable ata o 18 de setembro.

INICIO DE CURSO 2020/2021

Benvidos e benvidas ao novo curso escolar,

Os nosos esforzos centráronse na apertura do novo curso para garantir, dentro das nosas posibilidades, a maior seguridade de toda a comunidade educativa.

A continuación, presentamos o Plan de adaptación á situación Covid-19 para o actual curso no que se determinan as concrecións das medidas no noso centro en base ao protocolo da Consellería versión do 22/07/2020 e actualizado coas Instrucións do 31/08/2020.

Dentro deste Plan inclúese o Programa de acollida que recolle os aspectos máis relevantes dos que o alumnado debe ser coñecedor e que enlazamos directamente para a súa consultaTodos estes aspectos serán traballados con énfase co alumnado durante as primeiras semanas do curso.

Aproveitamos este primeiro contacto para comunicarvos unha serie de cuestións:

  1. O inicio de curso mantense para o 16 de setembro e de xeito gradual. Ese día volverán ás aulas os/as alumnos/as de 1º e 2º de ESO ; o día 17 de setembro farano os/as de de ESO, e finalmente o día 18 incorporarase o alumnado de 4º de ESO. O horario será o habitual de 8.40h a 14.10h e haberá transporte escolar.

  2. Todas as familias debedes asinar e entregar na conserxería do centro ou enviar escaneada ao correo electrónico ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal a declaración responsable entre os días 14 e 15 de setembro.Isto implica o voso compromiso a realizarlle aos vosos fillos/as a autoenquisa de sintomatoloxía compatible coa Covid-19, a diario, en casa, antes da chegada ao centro. Ante calquera dos síntomas o/a alumno/a non debe acudir ao centro e debedes de comunicalo ao teléfono do centro. Todo este proceso está recollido no Plan de Continxencia integrado no Plan de Adaptación.

  3. Todas as familias teñen que ter descargada a aplicación AbalarMóbil para o inicio de curso. Guía para as familias. Guía mensaxería.

  4. O alumnado de 3º e 4º de ESO deben traer o importe exacto de 1,12€ para aboar o seguro escolar. Entregarano na secretaría do centro.

  5. Este curso a cafetería permanecerá pechada polo que o alumnado ten que traer da casa bebida ou comida para consumir durante o recreo.

  6. Hai unha folga do profesorado convocada para o dia 16 en toda Galicia, pero estará garantida a correcta atención ao alumnado de 1º e 2º.

  7. Nas reunións de titorías coas familias, priorizarase a comunicación por teléfono.

  8. Imos intentar facer as reunións de inicio de curso coas familias de xeito presencial para explicar detalladamente todas estas novidades. Todas aquelas familias que estean interesadas deben comunicalo ao teléfono xeral do centro para poder organizar ditas reunións. Só se permitirá a presenza dun proxenitor por alumno/a.

  9. Para calquera dúbida ou consulta: 881867200

AVISO

Estimadas familias e alumnos/as,

Os exames de setembro serán de xeito presencial e seguindo o previsto no calendario que xa está publicado nesta páxina web. Eses días non hai transporte escolar.

Lembrade que é obrigatorio o uso de máscara e que tedes que traer o voso propio material, xa que non se pode compartir. Estade atentos/as á cartelería, posto que haberá unha porta de entrada e outra de saída. Hai que desinfectar as mans co xel hidroalcólico e manterase a distancia de seguridade.

Moito ánimo e moita sorte!

Horario de verán

Unha vez rematados todos os prazos para o curso 2020/21 que se levaron a cabo con cita previa, o IES Lamas de Castelo pecha para atención ao público.

Para calquera consulta ou dúbida, estaremos á vosa disposición a través do correo electrónico ies.lamas.castelo@edu.xunta.es

Listaxe provisional de alumnado admitido no fondo solidario de libros de texto para o curso 2020/21

Esta listaxe corresponde ás axudas reguladas na Orde do 12 de maio de 2020 (DOG do 19 de maio de 2020). O procedemento depende do Servizo de Xestión de Programas Educativos da Subdirección Xeral de Centros.

O IES non decide o número de libros a emprestar nin elabora estas listaxes, só tramita estas solicitudes e entrega os libros.

As listaxes definitivas publicaranse o 14 de setembro de 2020.

Calendario dos exames de setembro 2020

 

HORA

Martes 1

AULA

HORA

Mércores 2

AULA

HORA

Xoves 3

AULA

9.00

a

10.30

XEOGRAFÍA E HISTORIA

XeHi

Iago

9:00

a

10:30

LINGUA CASTELÁ

 

L. CASTELÁ

Marián

9:00

a

10:30

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

MATEMÁTICAS

Uxío

10.30

a

12.00

FÍSICA E QUÍMICA

L.CASTELÁ

Susana

10.30

a

11.30

INGLÉS

IDIOMAS

Roberto, Xosé

10.30

a

11.30

EPVeA

EPVA

Mariña

VALORES ÉTICOS

12.00

a

13.30

MATEMÁTICAS

MATEMÁTICAS

Macías, Elisa

11.30

a

13.00

LINGUA GALEGA

GALEGO

Mariluz

11.30 a

13.00

MÚSICA

IDIOMAS

Elda

E.F

 

 

 

13.00

a

14.00

FRANCÉS

IDIOMAS

Renée

 

 Os exames das materias pendentes realizaranse na mesma hora que as materias correspondentes aos cursos superiores

Para imprimir o calendario, prema aquí.

Data final de devolución de libros: con cita previa a partir do luns, 7 de setembro. Hai que devolver todos os libros.

Entrega de notas: luns, 7 de setembro ás 11.30h.

Remate do período de reclamacións: martes, 9 de setembro ás 10.00h.

Finalización do prazo de matrícula: xoves, 10 de setembro.

Comezo das clases: mércores, 16 ás 8.40 co servizo de transporte nas paradas habituais.

 

Despedida 4ºESO

As difíciles circunstancias que estamos a vivir por efecto da expansión da Covid-19 someteron a importantes alteracións o último trimestre do curso 2019/20.

Estas circunstancias tamén conduciron a unha final de curso atípica sen poder retomar as actividades educativas presenciais e a celebración de final de curso.

Este ano a despedida do noso alumnado de 4º ESO ten que ser virtual.

Moita sorte na nova etapa: Paula, Andrea, Xoán, David, Nardo, Xoel, Antía, Brais, Lois, Claudia, Lúa, Agustín e Mariña. Esperamos que a compañeira Maia que compartiu varios anos no noso centro e trasladouse a principios de curso, tamén lle vaia moi ben.

Botarásevos de menos!

Distribuir contido