Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Novas

Presentación do curso ás familias

O luns 22 de setembro celebraranse as reunións de presentación do curso ás familias, nas que se darán a coñecer as novidades deste curso e se presentará o profesorado. Haberá unha reunión común ás 18:10 na biblioteca para dar a benvida e introducir de maneira xeral as características do instituto e a etapa educativa e, a seguir, cada titor/a explicará polo miúdo o funcionamento do centro e as peculiaridades de cada curso e grupo.

Inicio do curso 2014/15

Entrega de notas do curso 2013/14

As notas serán entregadas o luns 8 ás 11:00 (non hai transporte escolar). Nese momento abrirase o prazo de reclamacións, que serán resoltas o mércores 10.

Recórdase que o luns 8, como moi tarde, hai que ter devoltos os libros que se prestasen durante o curso.

Inicio das actividades lectivas

A presentación será o luns 15 ás 12:00. Haberá transporte escolar. As clases comezarán no horario habitual o martes 16.

 

Materiais curriculares para o curso 2014/15

Libros de texto e materiais curriculares para 1º de ESO · 2º de ESO · 3º de ESO · 3º de ESO (PDC) · 4º de ESO

(Se estes documentos non se dan aberto no navegador, descárgaos primeiro no ordenador e ábreos cun lector de PDF).

Para este curso, como novidade, hase requirir ter unha memoria tipo USB na que poder gardar ou entregar traballos. A normativa que regula as axudas este ano introduce algunhas novidades que convén coñecer. Ademais destas axudas, o IES Lamas de Castelo prestará algúns libros de texto para determinadas materias; a información sobre estes libros darase a comezos de curso en cada materia.

Fin de curso

O final do curso 2013/14 organízase da seguinte maneira:

  • As actividades lectivas rematan o venres 20. Ese venres e o xoves anterior realizaranse actividades especiais pero no horario habitual.
    • Para algunhas materias prestáronse os libros de texto a principios de curso. Este día tenos que devolver o alumnado que xa saiba que aprobou esas materias en xuño.
  • As cualificacións seranlle entregadas a cada grupo o luns 23 ás 11:00 na aula de titoría; as cualificacións non recollidas serán enviadas por correo ese mesmo día. Non hai transporte escolar. O alumnado que aprobe as materias para as que se prestasen libros de texto deberaos devolver ese día.
  • O prazo de reclamacións comeza nese momento e esténdese até ás 10:00 do mércores 25. As resolucións ás reclamacións resólvense ese mesmo día.
  • Durante o mes de xuño, despois do remate das clases, o horario de secretaría será de 9h a 14h. En xullo será de 10h a 13h.

Probas de acceso a ciclos de grao medio

Hai información sobre as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio convocadas para 2014 nesta páxina.

Segunda avaliación

A segunda avaliación do curso 2013/14 realizouse o mércores 2 de abril e as cualificacións entregaranse o venres 4 ao remate das xornadas culturais que ocupan os días 2, 3 e 4 de abril.

As vacacións de primavera comezan o sábado 12 e as actividades docentes retómanse o martes 22.

Charla coloquio «A prevención dos trastornos da conduta alimentaria: Que comen os nosos fillos/as?»

O mércores 19 de marzo ás 18:00 horas terá lugar no IES Lamas de Castelo unha charla-coloquio sobre A PREVENCIÓN DOS TRASTORNOS DA CONDUTA ALIMENTARIA: QUE COMEN OS NOSOS FILLOS/AS?


Esta charla forma parte da escola de pais que organiza o Departamento de Orientación do IES Lamas de Castelo e que será impartida por un membro da Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia (ABAGAL).

Días non lectivos do centro para o curso 2013/14

O Consello Escolar do IES Lamas de Castelo, reunido o 28 de outubro, propuxo como días non lectivos do centro para o curso 2013/14 os dous seguintes:

  • Luns, 9 de decembro de 2013
  • Venres, 2 de maio de 2014

Escola de pais

O luns 28 de outubro ás 18:00 horas terá lugar no IES Lamas de Castelo unha charla-coloquio sobre OS RISCOS DE SEGURIDADE ASOCIADOS ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS.
 
Esta charla forma parte da escola de pais que organiza o Departamento de Orientación do IES Lamas de Castelo e será impartida por persoal da Garda Civil de Noia.

Próximos días non lectivos e festivos

O xoves 31 de outubro é o Día do Ensino e non é lectivo e o venres 1 de novembro é festivo, polo que esta semana só terá tres días lectivos.

Distribuir contido


by Dr. Radut