Normas para o alumnado, Axudas para estudos, Libros de texto, Novas alumnado, Horario de clases

Fondo libros e material escolar curso 2017-2018

   Informamos ás familias que solicitaron participar no fondo de libros de texto que a listaxe provisional será publicada nesta web o 14 de xullo. O prazo de alegacións á listaxe provisional abrangue exclusivamente os días 17 e 18 de xullo. PRAZO FINALIZADO

   Recordamos que o alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria de setembro ten que  devolver os libros prestados o día do exame.

   A listaxe definitiva do fondo solidario coa relación de axudas admitidas e excluídas será publicada nesta web e no centro o 15 de setembro. A entrega de libros ao alumnado terá lugar o 18 e 19 de setembro de 2017. A entrega de vales de axudas para o material irá dende o 15 ao 29 de setembro, e deberán ser recollidos persoalmente polos interesados na secretaría do centro.

AMES RADIO: OS SERVIZOS SOCIOCOMUNITARIOS COMO UNHA ALTERNATIVA Á EXPULSIÓN

O pasado 21 de decembro, O IES do Milladoiro asinou un acordo co Concello de Ames, con carácter experimental, para que alumnado con condutas disruptivas realizase traballos para a comunidade en dependencias municipais (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmilladoiro/node/735). Ames Radio emitiu un programa no que os entrevistados (unha familia e o director do Instituto) fan unha valoración da experiencia.

UN 96,3% DO ALUMNADO DO IES DO MILLADOIRO SUPERA A ABAU

O 96,3% do alumnado presentado á Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) na convocatoria de xuño logra superar a proba. Parabéns a todos/as!

SAN XOÁN 2017 NO MILLADOIRO

Durante esta noite máxica celebrarase un sorteo de regalos organizado por Ventín viaxa a Cantabria e alumnado de 3º ESO do IES do Milladoiro:

INFORMACIÓN SOBRE A FOLGA DE TRANSPORTE

Hedegasa, empresa que presta o servizo de transporte escolar, informa de que hoxe, martes 20 de xuño, o autobús non puido saír facer a ruta por causas relacionadas coa folga. Indican que o servizo tampouco está asegurado para mañá, mércores 21 de xuño.

FOLGA DE TRANSPORTE PARA OS DÍAS 20 E 21 DE XUÑO

No DOG do 19 de xuño publícase a Orde do 16 de xuño de 2017, pola que se establecen os servizos mínimos durante a folga convocada no sector do transporte e que afectará os martes e mércores de cada semana ata a solución do conflito.

Respecto do que lles afecta aos centros educativos, no apartado b), que alude a Servizos regulares de uso especial para transporte de escolares, dise literamente:

Manteranse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde ás 7:30 ata as 10:30 horas e os da saída desde as 13:30 ás 19:00 horas nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a 4 km.

PRESENTACIÓN DA PELÍCULA DOCUMENTAL DO PROXECTO "CINE EN CURSO"

As profesoras que están desenvolvendo o proxecto de "Cine en curso" (Sofía Ardariz, Ana Carballo, Beatriz Castro e Pilar Rodríguez) envían convocatoria para a presentación pública do documental De Milladoiro a Seidón, realizado polo alumnado de 1º ESO D dentro do Plan Proxecta. O visionado será ás 18:30 do vindeiro luns, 19 de xuño, na Casa da Cultura do Milladoiro. A estrea será mañá venres, 16 de xuño, na Cidade da Cultura.

REMATA A II OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA CON 4º ESO A COMO GRUPO GAÑADOR

Na II Olimpíada da Convivencia o grupo premiado pola súa constancia foi 4º ESO A. Os premiados poderán desfrutar o martes, 20 de xuño, dunha xornada lúdica e deportiva no ximnasio Squash.

A Olimpíada de Convivencia pretende que  o alumnado tome conciencia dos espazos públicos como propios, se implique na súa conservación e mantemento, e leve a cabo boas prácticas ambientais. Agradecemos a toda a comunidade educativa a súa colaboración e destacamos a boa colaboración, esixencia e implicación dos alumnos/as voluntarios/as, das ANPA e do persoal non docente . NORABOA!

 

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO

31/5/17-PRESENTACIÓN SOLICITUDES AXUDAS LIBROS E MATERIAL PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULE EN 1º ESO NO CURSO 2017/18

O alumnado que se matricule en 1º ESO no curso 2017/18 terá que presentar a solicitude para recibir libros do fondo e axudas de material no IES do Milladoiro. O prazo para presentar dita solicitude remata o 23 de xuño[Máis información]

XOVES 25 E VENRES 26, DÍAS NON LECTIVOS

O xoves 25 de maio, festivo local, e o venres 26 de maio, día non lectivo aprobado pola Xefatura Territorial, non teremos clase.

A dirección.

DETECTADO UN CASO DE VARICELA EN 1º ESO

Comunicamos á comunidade educatica a detección dun caso de varicela en 1º ESO.

A dirección.

CALENDARIO DE REUNIÓNS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA-PROFESIONAL COAS FAMILIAS DO ALUMNADO

RECLAMACIÓN CONTRA AS CUALIFICACIÓNS FINAIS

RESULTADO DA OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA-2º TRIMESTRE

Preme na imaxe para coñecer os resultados da Olimpíada da Convivencia do 2º trimestre. Os gañadores desfrutarán do seu premio o luns 8 de maio na cafetaría do centro.

ACTIVIDADES AULA DE INFORMÁTICA CASA DA CULTURA DO MILLADOIRO

O próximo luns 27 de marzo ábrese o prazo de inscrición para participar nas actividades que se van realizar na aula de informática da Casa da Cultura do Milladoiro. [Máis información]

SUSPENDIDO O TRANSPORTE ESCOLAR (días 22 -saída- e 23 -entrada-) e as clases PROA (día 22)

A Consellería vén de decretar a SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta LARANXA, entre as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo.

ENLACE Á INFORMACIÓN DA CONSELLERÍA 1

ENLACE Á INFORMACIÓN DA CONSELLERÍA 2

Tamén se suspenden as actividades no exterior, pero, en principio, non as clases.

A tarde deste mércores (22 de marzo) tampouco haberá as habituais clases de reforzo do programa Proa.

CLUB DE DEBATE 2017

O pasado venres 10 de marzo o noso centro participou, en Bertamiráns, na fase comarcal do Club de Debate, con 3 equipos, compostos por alumnado de 3º da ESO e de 1º de Bach. Non logramos clasificarnos para a fase final, pero fomos o centro que máis equipos presentou, e competimos moi ben nunha actividade na que se investiron horas de preparación (baixo a coordinación do profesorado do EDLG) e que supuxo unha excelente práctica do que é preparar un tema traballando en equipo e o que implica presentarse ante un auditorio para defendelo. Superamos ben esa fase de nervios e quedamos co bo sabor do traballo ben feito. Parabéns ás nosas alumnas e aos nosos alumnos participantes. [Máis información]

Nova en La Voz de Galicia

CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERÁN 2017

Publicada a Resolución do 23 de febreiro de 2017, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para participar no Programa "Campus científicos de verán" para alumnado de Ensino Secundario e Bacharelato durante o ano 2017.

O prazo para cubrir o formulario de solicitude (na web) e presentar a documentación esixida estará aberto até as 15:00 h do día 24 de marzo de 2017.

INSTRUCIÓNS PARA A PARTICIPACIÓN

CALENDARIO

EXTRACTO DA RESOLUCIÓN

FESTIVAL DE ENTROIDO 2017

CALENDARIO ANAQUIÑOS MATEMÁTICOS (MARZO-ABRIL)

OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA: PODIO DE XANEIRO

Preme na imaxe para consultar os resultados de xaneiro:

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR [CONVOCATORIA 2017]

No DOG do 5 de xaneiro publícase a Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional [aquí].
 
Pódese consultar a información no portal web de FP [aquí] e as datas claves do proceso [calendario].
 
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS 2017. RESUMO
 
Modelo solicitude Ciclo Superior

SESIÓNS DE "ANAQUIÑOS MATEMÁTICOS" PARA O 2º TRIMESTRE

O luns 16 de xaneiro, de 16:30 a 17:30 horas, comezan as sesións de "Anaquiños Matemáticos" que se desenvolverán durante este 2º trimestre. [Máis información]

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA AULA DE INFORMÁTICA DO MILLADOIRO

Preme no enlace para consultar o programa das actividades que se van realizar na aula de informática do Milladoiro no primeiro trimestre do próximo ano. Lembrámosvos que as inscricións son a partir do 9 de xaneiro.

O ALUMNADO DE 1º ESO D, GAÑADOR TRIMESTRAL DA "II OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA"

O grupo de 1º ESO D acadou a puntuación máis alta da Olimpíada da Convivencia no 1º trimestre. Coñece os resultados trimestrais premendo na imaxe:

VACACIÓNS DE NADAL: DO 22 DE DECEMBRO AO 8 DE XANEIRO (AMBOS INCLUSIVE)

Recordamos que o período de vacacións de Nadal comezará o xoves 22 de decembro e que as clases se retomarán o luns día 9 de xaneiro. Os boletíns de cualificacións entregaranse o último día de clase (na mañá do mércores 21).

OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA: PODIO DE NOVEMBRO

Preme na imaxe para coñecer os resultados da Olimpíada da convivencia do mes de NOVEMBRO.

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2016

O luns 28 de novembro celebráronse as eleccións para o Consello Escolar do IES do Milladoiro. Preme no enlace para coñecer os resultados.

22/11/16-CONVOCADA FOLGA DE ALUMNADO PARA ESTE XOVES 24

A Xunta de Delegados do centro acordou secundar a folga de estudantes convocada para este xoves 24/11/16. Para que a falta de asistencia sexa computada como folga cómpre que o alumnado entregue puntualmente o documento individual de participación facilitado polo centro.

Distribuir contido