Normas para o alumnado, Axudas para estudos, Libros de texto, Novas alumnado, Horario de clases

V OLIMPÍADA DE CONVIVENCIA

                                                                                                                                                                                                                                                          

Palabra galega do ano 2019

Desde    o  2014 a  Real  Academia  Galega  e a   Fundación  Barrié  levan  a  cabo  unha  iniciativa  que  nos  permite   elixir  a  que  será  logo a  palabra galega do  ano. A  través  da  web  Portal  das  palabras pódese  votar  a  palabra do  ano 2019.

 Ata  o  15  de  decembro  puidéronse  facer  suxestións; entre  as  palabras  elixidas  atópanse  quecemento  global, ecocidio, sentidiño  ou  feminicidio. O período  de  votación  remata  ás 23.59 do  día  25  de  decembro.

Carta de agradecemento pola acollida ofrecida ao alumnado da EEI Milladoiro

Entre o 25 e o  29  de  outubro  celebramos  no  instituto  o  Samaín  coa  posta  en práctica  de  23 xogos populares.  Recibimos  ao longo  dos  tres  días,  e  en  varias  quendas,  ao  alumnado  da  EEI Milladoiro, ao que  a nosa rapazada lle  explicou   a  mecánica  dos xogos  en lingua  galega, posto  que  a  actividade partiu  dunha  iniciativa do Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) do Instituto, en colaboración co EDLG da escola infantil e mais co departamento de Educación física do IES. En  agradadecemento pola  acollida  chéganos  unha  carta que  facemos  pública  a  través  do  seguinte  enlace.

Vota no Concurso Radiofónico de Teatro lido

Desde hoxe luns, 2 de decembro, xa se poden escoitar as pezas do alumnado do IES que participou no Concurso Radifofónico de Teatro lido na edición Desata a lingua, 2019. A partir de mañá, martes 3, e ata o domingo 8, pódese votar pola peza que máis vos guste enviando un correo a radioteatro@concellodeames.gal. As persoas que queiran votar deberán identificarse e só se computa un voto por persoa que se sumarán para outorgar un dos tres premios: o premio do público. Ademais deste, haberá dous premios escollidos polo xurado designado polo Concello de Ames: premio ao mellor guión orixinal e á mellor interpretación.

O alumnado do IES do Milladoiro que participou neste concurso é o que aparece no vídeo. Abaixo deixamos os enlaces ás súas pezas para que vos sexa doado escoitalas:

EpDLab. Curso 2019 -2020

Un curso máis, a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) desenvolve no noso centro o proxecto EpD_Lab (Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento), que chega á súa quinta  edición. O proxecto  está organizado en oito obradoiros que se realizan cada mes en dúas sesións de 50 minutos e que, neste curso, está dirixido ao grupo de 2º PMAR. O alumnado constrúe as súas propias narrativas dixitais, usando diferentes aplicacións en cada sesión, coa finalidade de fomentar a súa conciencia crítica e a sensibilización social. Para  ter acceso  á  información relacionada  co  noso  centro pica  aquí.

Correspondentes 3.0. Convocatoria de reunión para as familias do alumnado voluntario

Correspondentes  3.0 é  un  proxecto  de  innovación educativa dependente  do  Instituto  da  Xuventude  que  integra  nos  centros  de  secundaria  a información  xuvenil  a  través  do  voluntariado  dos propios  alumnos  e  alumnas.

Este  curso   contamos  con  nove  rapazas  e  rapaces  de 3º  e 4º  de  ESO  que  se  encargarán  de  difundir  entre  os  seus  iguais  a información  que  se  achegue  desde  o  Instituto  de  Xuventude.

Co  obxectivo  de  que  as  familias do  alumnado  voluntario  teñan  máis  información  e  coñezan  a  mecánica  do programa, celebrarase  unha  reunión  co coordinador, Vicente  Fornés, o  día 26 de  novembro, ás 18.30 horas  na  aula 231 do  instituto.

Comezo de "Anaquiños matemáticos"

Un curso máis, a Área de Didáctica da Matemática da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co programa Conecta-Aleida, vai realizar no noso centro a actividade Anaquiños matemáticos co alumnado de 1º ESO seleccionado polo departamento de Matemáticas do IES do Milladoiro. Terá lugar en sesións quincenais dunha hora de duración,  os mércores de 16:30 a 17:30   a partir  do  20  de novembro  e  ata  o 27 de maio.   As sesións terán lugar no IES do Milladoiro e  no  seguinte  enlace pode  consultarse  a programación  das mesmas.      

Os obxectivos xerais desta actividade son:

1- Traballar contidos matemáticos en contextos interdisciplinares.

2- Potenciar unha actitude positiva do alumnado cara ás matemáticas.

3- Caracterizar a aprendizaxe do alumnado coa realización de propostas motivadoras.

Reparto de froita

 

O IES do Milladoiro participa un  curso  máis no "Plan de consumo de froita" promovido e subvencionado polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) e a Unión Europea. Grazas a el, repartiremos froita fresca de xeito gratuíto en diversos períodos ao longo do curso, o primeiro deles do 4 ao 15 de novembro. O obxectivo preferente deste plan no noso centro é o alumnado de 1º e 2º  ESO, que poderá recoller a froita no primeiro recreo. No segundo, o resto do alumnado poderá recoller a froita sobrante.

 

Esta acción responde á preocupación pola saúde do alumnado que fixo ao IES do Milladoiro merecedor do distintivo  "SELO DE VIDA SAUDABLE".

 

 

Xogamos en galego co alumnado de infantil

Hoxe, martes 29 de outubro, tivemos a última xornada de convivio co alumnado de infantil a través dos xogos populares. O alumnado das dúas quendas que viñeron hoxe, ademais de aprender a xogar da man do noso alumnado, recibiu -igual ca os anteriores- as intrucións e a comunicación en lingua galega. O profesorado da Escola infantil, ao final da actividade, agasallou á nosa rapazada con galletas.

 


 

Xogos populares para o alumnado da EEI

Hoxe, luns 28,  continuamos coa actividade "Xogamos no Samaín", organizada polo EDLG, en colaboración co Dpto. de  E.Física. Visitáronnos dous grupos de alumnos e alumnas da EEI Milladoiro: entre as 8.50 e as 10.30 recibimos  un grupo de 50 alumnos e alumnas de 5 anos, que compartiron  xogos co alumnado de 4º ESO A e o alumnado de Portugués de 3º de ESO e de 1º de Bacharelato; entre as 10.50 e as 12.30  o  alumnado  de  3º ESO A e 4º ESO B  recibiu  a un grupo formado por 50 alumnos e alumnas de 4 anos. Toda a  rapazada  puxo  en práctica   os  distintos  xogos  populares  mentres  conversaban  en  galego.

          

                                        

Xogos populares para o alumnado da EEI

Este venres, 25 de outubro, comezou a actividade dos Xogos populares polo Samaín, que este ano se vai realizar durante tres días para así poder atender a todo o alumnado de infantil de catro e cinco anos.

Vanse realizar un total de cinco sesións para que todo o alumnado da EEI desa idade poida vir ata o instituto aprender a xogar da man do alumnado de 3º e 4º da ESO. Este, organizado por parellas, acolle a cadansúa parella de infantil para lle ir ensinando cada un dos xogos, ata un total de 23. O alumnado do instituto ten ademais o reto de explicarlles a actividade en galego e de manterse falando en galego coa rapazada xa que é unha iniciativa do Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) do Instituto, en colaboración co EDLG da escola infantil e mais co departamento de Educación física do IES.

Este venres viñeron  50 rapaces e rapazas nunha quenda entre as 11h e as 12,30h. Para o luns haberá dúas sesións doutros 50 membros do infantil en cada unha das quendas e o martes outras dúas, unha de 50 e outra de 25.    

                                                  

                                      

Desata a lingua 2019

O alumnado do IES do Milladoiro que se anotou para participar no Concurso de teatro radiofónico, tivo hoxe, xunto co alumnado do IES de Bertamiráns, a primeira das dúas xornadas formativas que ofrece o concello.

A sesión desenvolveuse desde as 11 ata as 13,15 da mañá na Casa de cultura do Milladoiro. Desde o noso IES acudiron oito grupos e un total de 23 rapaces e rapazas que foron atendidos por dous membros do Grupo “Ibuprofeno Teatro” (Santiago Cortegoso e Marián Bañobre).


Na primeira parte da mañá todos xuntos recibiron unha formación xenérica sobre o xénero do teatro lido. Alí insistíuselle ao alumnado en que seleccionasen ben o tema a tratar e tamén o xénero (comedia ou drama). Puxéronlles uns audios con pezas que participaron no concurso de teatro radiofónico da Radio Galega para que lles servisen de exemplo.

 

A continuación repartíronse en dúas salas para traballar a guionización cunha explicación máis detallada, dar asesoramento aos diferentes grupos nos seus respectivos guións e atender dúbidas sobre a actividade.

 A seguinte sesión de formación vai ser o vindeiro 6 de novembro xa no IES para practicar a locución dos textos que xa teñen que estar rematados. Vaise gravar na semana do 18 de novembro nos locais de Ames Radio.

ESCOLAS SEN RACISMO. AXENDA ESCOLAR FEMINISTA 2019-2020

O  venres  25  presentouse  por  parte da  Asamblea  de  Cooperación  pola  Paz (ACPP) o  programa Escolas sen  racismo ante  o  alumnado  de  1º  de  ESO.   No  mesmo acto tamén se presentou  a  Axenda  escolar  feminista  elaborada  para  o  curso 2019-2020 e á  qie  se  pode  acceder  a  través  deste  enlace.  O  centro recibiu  unha placa en  recoñecemento  ó  labor  desenvolvido.

LANGUAGE PLANNING

O  alumnado de  4º  de  ESO  e  de  1º  de  Bacharelato  asistiu á  montaxe  teatral  Language  Planning, baseada  na obra  Made in  Galiza de  Séchu  Sende. A  respresentación correu  a  cargo  de  Os  Quintilláns  Teatro  e  a  actividade  foi  organizada polo  EDLG  e  o  Departamento  de  Lingua  galega  en  colaboración  co  Concello. 

O  alumnado  foi  agasallado  cun  exemplar  de  Made  in  Galiza (publicado por  Galaxia) e  ao  final  da  representación  puido  manter  un  coloquio co  autor  e  tamén  cos  actores.

                                

REUNIÓN DE TITORES COAS FAMILIAS

 

OBRADOIRO DE TEATRO CO GRUPO CHÉVERE

A  POSTA  EN  ESCENA  DA  NOSA  AUTOESTIMA

Folga Mundial polo Clima

O  alumnado  do  IES  Milladoiro sumouse  hoxe  masivamente  á  Folga  Mundial  polo  Clima. O alumnado  de  4º  de  ESO  elaborou  unha  pancarta coa  que  acudirán  á  manifestación  un  grupo  de  alumnos/as  do  centro.

 

Semana Europea da Mobilidade (SEM)

Hoxe, 19 de  setembro, o  alumnado de  2º  de  ESO  asistiu  a  unha  charla  organizada en colaboración co Concello de Ames.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: LISTAXES DEFINITIVAS

CALENDARIO DE INICIO DE CURSO 2019-2020

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS

O  vindeiro  xoves 5  terá  lugar un  encontro  coas  familias  do  alumnado  de  1º  de  ESO ás  19  horas  na  sala  de  Usos  múltiples.

O  encontro  coas  familias  co  resto do    alumnado novo  no  centro terá  lugar  o luns  9,  tamén  ás  19  horas.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020

Adxúntase  enlace directo  á listaxe  de libros  de  texto para o  curso 2019-2020.

Recollida de boletíns de notas e devolución de libros de texto

 

Os  boletíns  de notas  serán  entregados  polos  titores/as o  xoves 5; ese  mesmo día  recolleranse os  libros  de texto pendentes  de  entrega. Aquí  atoparás  a  información  con  detalle: DOCUMENTO

EXAMES DE SETEMBRO 2019

Para  ver  o  calendario  de  exames  de  setembro pincha  aquí.

Listaxe provisional do alumnado admitido e excluído no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS e nas AXUDAS PARA MATERIAL. Curso 2019-2020

As  listaxes  están  expostas no  centro  e  poden  descargarse  nos  arquivos  adxuntos.

PRAZO  DE  ALEGACIÓNS:  exclusivamente  venres 12 e  luns 15.

A  publicación das  listaxes  definitivas  será o 13  de  setembro.

 

Libros de  texto: listaxe provisional  de  admitidos.

Libros  de  texto: listaxe provisional  de  excluídos.

Axudas  material: listaxe  provisional  de  admitidos, excluídos  e pendentes.

 

Recordamos que o alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria de setembro ten que entregar os libros prestados o día de recollida do boletín de notas,  xoves 5 de setembro, ao seu titor ou titora.

listaxe definitiva do fondo solidario coa relación de axudas admitidas e excluídas será publicada nesta web e no centro o 13 de setembro. A entrega de libros ao alumnado terá lugar o 18 e o 19 de setembro de 2019. A entrega de vales de axudas para o material irá dende o 16 ao 28 de setembro e deberán ser recollidos persoalmente polos interesados na secretaría do centro.

FONDO LIBROS / VALES AXUDAS

Informamos ás familias que solicitaron participar no fondo de libros de texto que a listaxe provisional será publicada nesta web o 11 de xullo. O prazo de alegacións á listaxe provisional abrangue exclusivamente os días 12 e 15 de xullo.

Recordamos que o alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria de setembro ten que entregar os libros prestados o día de recollida do boletín de notas,  xoves 5 de setembro, ao seu titor ou titora.

listaxe definitiva do fondo solidario coa relación de axudas admitidas e excluídas será publicada nesta web e no centro o 13 de setembro. A entrega de libros ao alumnado terá lugar o 18 e o 19 de setembro de 2019. A entrega de vales de axudas para o material irá dende o 16 ao 28 de setembro e deberán ser recollidos persoalmente polos interesados na secretaría do centro.

Regueifando no IES do Milladoiro

Deixámosvos aquí  o  enlace  ao  vídeo realizado por  catro grandes artistas  de 1º ESO C:

Marta Méndez, Yago Cepeda, Pablo Antelo e David Porto regueifando para o Enreguéifate 2019.

IV OLIMPÍADA DE CONVIVENCIA

A  IV  Olimpíada  de  Convivencia  chegou  á súa  fin.

HORARIOS DE VERÁN

Presentación do EPD_Lab en 1º ESO

O alumnado de 2º ESO D, que este curso participou no EPD_Lab, presentoulle este proxecto ao alumnado de 1º ESO,

Distribuir contido