ABAU |
|
|||
|
|||
|
|||
Tras a entrega das cualificacións da avaliación final ordinaria, o alumnado que obteña o título de bacharel deberá proceder a levar a cabo as seguintes actuacións para matricularse na proba da ABAU ordinaria: 1. RECOLLIDA DE DOCUMENTACIÓN Hai que acudir á secretaria do centro a recoller a documentación:
2. PAGO DAS TAXAS Hai que proceder ao pago das taxas nunha entidade bancaria:
2.A. PAGO DA TAXA ABAU Ademais de facelo nunha entidade bancaria, tamén se pode facer telematicamente a través da aplicación NERTA. 2.B. PAGO TELEMÁTICO DA TAXA DO TÍTULO DE BACHAREL Ademais de facelo nunha entidade bancaria, tamén se pode facer telematicamente na Oficina Virtual Tributaria da Xunta, do seguinte xeito: ACCESO AO DOC. EXPLICATIVO EN PDF (máis lexible)
3. ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN Unha vez cumprimentada a documentación (impreso de matrícula Abau) e pagadas as taxas (como mínimo a do título; a da Abau pode facerse despois entrando en NERTA), débense levar todos os papeis á secretaría do centro, onde se procederá á matriculación Unha vez que dende o centro se leve a cabo a matriculación, chegará ao correo electrónico do alumno ou alumna unha conta e un PIN provisional, para acceder a NERTA, e iniciándose, a partir dese intre, a súa relación coa universidade. |
|||
A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) anuncia o protocolo para aplicar no proceso de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), correspondente ao ano 2022. Pódese consultar o protocolo na seguinte ligazón: |
|||
IMPORTANTE: PARA PRESENTARSE Á ABAU É OBRIGATORIO TER ABOADAS AS TAXAS DE EXPEDICIÓN DE TÍTULO DE BACHARELATO LIGAZÓNS: Instrucións para a matrícula para alumnado de Galicia Lugares de entrega e recollida de documentación (LERDS) Convocatoria de matrícula abau 2022 Horario. Convocatoria ordinaria
MÁIS INFORMACIÓN:
|
|||
Acábase de publicar a convocatoria ordinaria de matrícula para a ABAU 2022
CONVOCATORIA ORDINARIA MATRÍCULA ABAU 2022 ANEXO I. LUGARES DE ENTREGA E RECOLLIDA DE DOCUMENTACIÓN
IES DO MILLADOIRO FACULTADE DE QUÍMICAS. CAMPUS SUR. SANTIAGO DE COMPOSTELA CÓDIGO CIUG: 1156 CÓDIGO XUNTA: 15032807
|
|||
Os resaltes en amarelo corresponden a aspectos específicos da Convocatoria ABAU Extraordinaria MES DE ABRIL 22-25 DE ABRIL. Publicación na web dos impresos da CiUG dos impresos necesarios para a matrícula da proba ABAU 26 DE ABRIL. Envío aos centros con XADE das instrucións sobre NERTA. 29 DE ABRIL. Envío aos centros sen XADE das instrucións sobre NERTA. MES DE MAIO 6-25 DE MAIO. Matrícula anticipada on line para a realización da proba de ABAU do estudantado que ten superado o Bacharelato ou FP en anos anteriores. 1 9-23 DE MAIO. Prematrícula na proba ABAU nos centros de secundaria, onde se entregará a cada solicitante un resgardo de matrícula e as instrucións sobre a aplicación NERTA. O código de activación da conta á aplicación NERTA seralles remitido por E-mail. 20-23 DE MAIO. Gravación nos centros sen XADE das cualificacións de 2º bacharelato. 24 DE MAIO. Reclamación nos centros de secundaria ás listaxes provisionais de matriculados/as nas ABAU (ata as 14:00 horas). 24-25 DE MAIO. Matrícula Ordinaria na proba ABAU por parte dos centros nos LERD, para alumnado que superou 2º Bacharelato na convocatoria de xuño 2022 e envío preferentemente escaneado por correo electrónico (ou por mensaxería urxente) aos LERD polos centros de Secundaria da listaxe de matriculados/as xerada en NERTA. 17-25 DE MAIO. Comunicación á CiUG por parte dos centros da relación de estudantes con Necesidades Específicas de Apoio Educativo que superou bacharelato e está matriculado na ABAU. 25 -27 DE MAIO. Resolucións específicas sobre a forma de realizar e lugar de realización das ABAU para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. MES DE XUÑO DATA NON CONFIRMADA. Matrícula extraordinaria para alumnado que aprobe 2º bacharelato na convocatoria xuño despois da resolución das reclamacións pola Comisión de Supervisión da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (A matrícula deberá realizarse o día seguinte da comunicación da resolución). 6 DE XUÑO Constitución das Comisións Delegadas, ás 18:00 horas, nas sedes da proba ABAU. 7 -8 -9 DE XUÑO REALIZACIÓN DA PROBA DE ABAU ORDINARIA. 10-13 DE XUÑO. Publicación na Web da CiUG dos criterios específicos de avaliación.. 14-16 DE XUÑO. Publicación na Web dos impresos para a matrícula na ABAU da convocatoria extraordinaria de xullo. 16 DE XUÑO. Xeración e Publicación on-line das actas de cualificacións provisionais da proba de ABAU e das listaxes nominais de aprobados/as por Comisión Delegada (a partir das 20:00 horas). 16-17 DE XUÑO. Envío polas persoas responsables do Soporte NERTA ás persoas interesadas, por correo electrónico, das cualificacións provisionais da proba de ABAU. 17-21 DE XUÑO. Solicitudes de “Revisión” ás cualificacións da proba de ABAU (ata as 14:00 horas do día 21). 23 DE XUÑO. Xeración en NERTAdas tarxetas de cualificacións definitivas para o alumnado da proba de ABAU ordinaria con modificación de nota no proceso de “Revisión”. 23-24 DE XUÑO Envío por correo electrónico das tarxetas de cualificacións definitivas para o alumnado da proba de ABAU ordinaria. 27 DE XUÑO Os centros de ensino secundario poderán consultar e imprimir unha copia da acta de cualificacións da ABAU correspondente ao seu centro directamente a través da aplicación informática NERTA. 27-28 DE XUÑO. Prazo para solicitar ver os exames (ata as 14h. do día 28). A solicitude farase nos LERDs. 29 DE XUÑO. Límite para a gravación nos centros sen XADE (programa de Xestión Administrativa da Educación da Xunta de Galicia) das cualificacións de 2º bacharelato na convocatoria extraordinaria. 28-29 DE XUÑO. Prematrícula para a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade na convocatoria extraordinaria nos centros de Secundaria, onde se entregará a cada solicitantes un resgardo de matrícula e as instrucións sobre a aplicación NERTA. O código de acceso á aplicación NERTA seralles remitido por E-mail. 29 DE XUÑO. Reclamación nos centros de Secundaria ás listaxes provisionais de matriculados na proba ABAU (ata as 14:00) 29-30 DE XUÑO. Matrícula na proba de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade na convocatoria extraordinaria por parte dos centros nos LERD, do alumnado que superou 2º Bacharelato na convocatoria extraordinaria 29 DE XUÑO-1 DE XULLO. Envío por correo electrónico da documentación relacionada na convocatoria de matrícula na proba de ABAU da convocatoria extraordinaria. MES DE XULLO 1 DE XULLO. Vista dos exames por parte das persoas que o solicitaron despois da “revisión”. Terá lugar ás 10:00 horas no Edificio Fontán da Cidade da Cultura (sede da CiUG). 1-5 DE XULLO. Xeración en NERTA na CiUG, LERD e centros de secundaria das listaxes provisionais de matriculados/as por centro para a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade na convocatoria extraordinaria (ás 14:00 horas). 1 DE XULLO. Consulta en NERTA das listaxes provisionais de matriculados/as por centro para a proba de ABAU na convocatoria extraordinaria (a partir das 14.00 horas). DATA NON CONFIRMADA. Matrícula extraordinaria para a realización da proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade na convocatoria extraordinaria do alumnado que aprobe 2º bacharelato na convocatoria extraordinaria despois da resolución das reclamacións polas Xefaturas Territoriais da Consellería. (A matrícula deberá realizarse o día seguinte da comunicación da resolución). 11 DE XULLO. Constitución Comisións Delegadas, ás 18:00 nas sedes das Comisións. 12 – 13 - 14 REALIZACIÓN DA PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU) DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA. 15-18 DE XULLO Publicación na Web da CiUG dos criterios específicos de avaliación.. 20 DE XULLO. Xeración e publicación on line das actas de cualificacións provisionais da ABAU e das listaxes nominais de aprobados/as por Comisión Delegada (a partir das 20:00 horas). 20 DE XULLO Envío dende a CiUG ás Reitorías e aos LERD da resolución sobre cualificacións provisionais da proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade para a súa publicación. 20 DE XULLO. Envío polas persoas responsables do Soporte NERTA ás persoas interesadas, por correo electrónico, das cualificacións provisionais da proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade. 20-21 DE XULLO. Xeración en NERTA e envío das tarxetas de cualificacións provisorias da proba de ABAU da convocatoria extraordinaria. 21–26 DE XULLO. Solicitudes de “Revisión” ás cualificacións da proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade da convocatoria extraordinaria, ata as 14:00 horas do día 26. 27 DE XULLO. Xeración e publicación on line do anexo das solicitudes de “revisión” (a partir das 20:00 horas). 27 DE XULLO. Envío polos responsables do Soporte NERTA aos interesados, por correo electrónico, das cualificacións. 27 DE XULLO Xeración en NERTA e envío das tarxetas de cualificacións definitivas da proba de ABAU da convocatoria extraordinaria. 28 DE XULLO Prazo para solicitar ver o exame do alumnado da convocatoria extraordinaria que solicitou “Revisión” (ata as 14:00 horas). A solicitude farase nos LERDS. 29 DE XULLO. Vista dos exames por parte das persoas que o solicitaron despois da “revisión”. Terá lugar ás 10:00 horas nos espazos do Edificio Fontán da Cidade da Cultura (sede da CiUG).
|
|||
O alumnado de Bacharelato que presente necesidades específicas de apoio educativo (as necesidades deben estar informadas clínica ou psicopedagóxicamente) poderá solicitar a realización das ABAU de maneira adaptada. Estas medidas poderán consistir na adaptación dos tempos, a elaboración de modelos especiais de exame e a posta a disposición do estudante dos medios materiais e humanos, das asistencias e apoios e das axudas técnicas que precise para a realización das avaliacións e probas que establezan as Universidades, así como a garantía de accesibilidade á información e a comunicación dos procedementos e ao recinto ou espazo físico onde estes se desenvolvan. A determinación das ditas medidas farase sobre a base das adaptacións curriculares que se lle aplicaron ao estudante na etapa educativa no instituto. As solicitudes (anexo I) deberán facerse unicamente a través do centro no que o estudante realizase os estudos de Bacharelato. Deberá estar asinada polo director, a secretaria e a orientadora do centro. Xunto coa solicitude hai que presentar unha autorización (anexo II) para solicitar as adaptacións e un certificado de secretaría sobre as adaptacións levadas a cabo durante o curso (anexo III). De ser o caso, tamén debe achegarse certificado que acredite o grao de discapacidade.
IMPORTANTE: o prazo finaliza o 4 de febreiro PARA MÁIS INFORMACIÓN PÓDESE CONSULTAR NO CENTRO
MÁIS INFORMACIÓN PROCEDEMENTO NA ABAU PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CORRECCIÓN DOS EXAMES DO ALUMNADO CON DISLEXIA
|
|||
