Dedica a túa canción

Imos tentar facer os recreos algo máis amenos con música en galego unida ás vosas dedicatorias!!!!

Ao longo de dúas semanas poderás enviar unha ou varias cancións (en galego) xunto con cadansúa dedicatoria (tamén en galego) para alguén importante para ti ao enderezo: dinamizacion@iesgarciabarros.org, que aparece no cartel!

Estas cancións vanse poder escoitar ao longo de varios recreos pola megafonía do centro. ANÍMATE!!!!!

OLLO! Non se van emitir ningunha mensaxe ofensiva ou discriminatoria e tampouco aquelas que non se adapten ás características lingüísticas do proxecto.

DEDICA A TÚA CANCIÓN.png