Alumnos de MGB na Masterclass Europea de Física de Partículas
Enviado por admin o 1 Abril, 2019 - 08:06
Os alumnos de 2º Bacharelato-A do noso centro: Aarón Cela Riveiro, Breogán Fontenla Rosende, José Lamiño Rosende, Alberto López Constenla e Borja Ferreiro Torres participarán o venres 5 de abril na MASTERCLASS EUROPEA de FÍSICA (“Física de Partículas coas mans”), organizada pola Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. É unha xornada na que profesores do Dpto. de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, en colaboración co CERN, tentarán achegar o mundo das partículas elementais a estudantes de último curso de Bacharelato
Os detalles da xornada poden consultarse na seguinte páxina web:
http://igfae.usc.es/masterclass/