Día contra a violencia de xénero 2017

No MGB conmemoramos o Día Contra a Violencia de Xénero con varias actividades. Unhas foron organizadas conxuntamente entre as bibliotecas dos tres IES (unha concentración silenciosa e unha charla) e no instituto disfrutamos dun espectáculo dirixido por María Varela cos alumnos de 4º de ESO e 2º de BAC.

As actividades conxuntas das bibliotecas dos 3 IES da Estrada consistiron unha concentración silenciosa na Avenida da Cultura e unha charla impartida por Inés Vidal á que acudiron alumnos dos 3 centros, organizada coa colaboración do CIM do Concello.

Ademais no instituto disfrutamos dun espectáculo dirixido por María Varela cos alumnos de 4º de ESO e 2º de BAC: un rap creado e interpretado por alumnos, un coro de 50 voces que interpretou “Que nadie” de Manu Carrasco e Malú,  unha coreografía que visibilizaba a violencia e unha lectura musicada do manifesto escrito pola alumna Sandra Ferreiro

Durante os días previos e posteriores os alumnos traballaron sobre a temática da violencia nas titorías, co grupo de alumnos voluntario As gafas violeta coordinados por Irene Portas, que recollen información sobre micromachismos; ademáis, o Bingo do machismo permitiu unha aprendizaxe máis lúdica e, na cafetería, deleitáronnos cos Cafés (con)versos, con fragmentos de poemas sobre a temática recollidos por María Mansilla e Soraya Suárez en colaboración con Dinamización Lingüística e Biblioteca.

Continuamos con algunas accións neste mes…