IV edición da Festa das Palabras

O martes 6 de xuño, no Teatro Principal da Estrada, terá lugar a IV edición da Festa das Palabras. Durante o acto, entregaranse os premios do IV Concurso de microrrelatos e micropoemas dos centros de ensino do concello da Estrada.  Os/as alumnos/as do noso centro que foron premiados/as nesta edición foron Ainhoa Pereiras Mosquera (1º ESO), Julia García Madriñán (1º ESO), Uxía Salgueiro Pereiras (4º ESO), Andrea González Pereira (4º ESO) e Nicolás Luna Puente (1º Bach).

festa_palabras2017.jpg