"A Pensadora"

O alumnado da materia de "Volume" de 1º de Bacharelato de Artes vén de instalar no 2º andar do centro unha escultura inspirada no Pensador de Auguste Rodin. Trátase dunha figura feminina, feita na súa maior parte con materiais de reciclaxe e cuberta con varias capas encoladas de papeis de libros de texto. Foi construída por pezas no taller de Volume e logo foi ensamblada in situ. A escala lineal aproximada é de 2:1.

aaaa.jpg